Axuda

  Internet Explorer 6




Descarga o navegador


Microsoft.com



Opera 5.12




Descarga o navegador en galego (Galego21 - Proxecto Xis)


Opera.com
 

Culturagalega.org está optimizado para ser visto no navegador Internet Explorer versión 4.0, aínda que tamén é posible visualizar correctamente o portal noutros navegadores, como Opera 5.12, Netscape Communicator ou a súa variante en galego, Xis. De calquera xeito unha versión anterior deste programa non debería impedir unha correcta visualización. Se así fose, non dubides en dicírnolo escribíndonos a redaccion@culturagalega.org.

Problemas que poden dar navegadores vellos Java e marcos
No caso de empregar versións do Internet Explorer anterior á 4.0, ou de empregar outro tipo de navegadores, pode acontecer que precises descargar da rede diferentes programas para acceder ós contidos mutimedia do portal e que determinadas táboas e textos queden descadrados con respecto ó seu tamaño orixinal.
Nese mesmo sentido, os navegadores antigos non aceptan a execución de determinadas aplicacións asociadas coma o Java ou non permiten a visualización de páxinas realizadas con marcos, o que pode provocar que non se vexan determinados menús ou partes dunha páxina.

Configuración interna do navegador (tipos de letras e tamaños, optimización da lectura)
O portal está deseñado para ser visto cun tamaño de texto "mediano" , que é o xa predeterminado no navegador. No caso de que teñas modificado o tamaño de visualización do texto no teu navegador, poden aparecer desencadrados diferentes contidos.
No mesmo sentido, o portal está realizado maioritariamente empregando as tipografías Verdana, Arial e Georgia. Están dispoñibles na maior parte dos navegadores. Se o teu navegador non dispón destas fontes, visualizarás de xeito distinto os textos.

Resolución de pantalla:
culturagalega.org está deseñado para ser visto nunha resolución mínima de 800x600 pixels. Se a túa pantalla ten unha resolución superior, poida que vexas excesivamente pequenos os contidos. No caso de ter configurado o teu computador cunha resolución máis baixa, verás a web demasiado grande, o que pode dificultar a súa navegación.

Cal se ten, como modificar, cal é a óptima. (para Mac e para PC)

Windows: Para coñecer a resolución de pantalla na que está configurado o teu monitor o punteiro do rato sobre o seu escritorio e pulsar no botón dereito do rato. No menú que aparecerá entón debe seleccionar "Propiedades" e alí seleccionar a pestana "Configuración", situada no estremo superior dereito do novo menú. Unha vez alí, en "Área de la pantalla" seleccionarás a definición desexada.

Macintosh: Para coñecer a resolución de pantalla que tes, debes premer na mazá situada na zona superior esquerda do teu monitor e alí ir a Paneis de Control. En Paneis de Control debes seleccionar "Monitores". Alí poderías modificar a resolución da túa pantalla.


Como cargar fondos de escritorio:

Para gardar fondos de escritorio do noso portal debes premer sobre os números que indican a resolución da túa pantalla e que están situados onda unha imaxe do fondo. A continuación debes agardar a que se abra a fiestra na que aparecerá o fondo de escritorio a tamaño real. Despois debes situar o punteiro do rato sobre o fondo e pulsar o botón dereito. No menú que se despregará entón debes seleccionar a opción "Establecer como papel tapiz". Se queres, fai a proba con algún dos nosos fondos de escritorio do soportal Banda Deseñada.

 

 



Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org