- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María Antonia Dans
Unha pintora na busca do naturalismo.

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Empresarial / Prof. Liberais
M.ª Antonia Dans naceu na localidade coruñesa de Oza dos Ríos, aínda que sendo moi nena foi levada a Curtis, a onde se trasladou toda a familia por negocios paternos. Estes anos de xuventude que pasa no medio rural do interior de Galicia están marcados polas sensacións, as cores e as experiencias xuvenís vividas entre as carballeiras e os pastos, que inflúen sobre a personalidade da pintora e especialmente na súa traxectoria artística. De feito nunca deixará de estar vinculada a esta terra, ata o punto de voltar con regularidade, tal como fixo ao longo de toda a súa vida. Aínda que orgullosa destas orixes, isto non impediu que María Antonia fose unha muller adiantada ao seu tempo, capaz de asumir o reto dunha modernidade e unha independencia que a penas se lle permitía a unha muller no panorama da posguerra española.
Non será ata os dezasete anos cando empece a interesarse polas cuestións artísticas. Na Coruña é onde recibe as primeiras leccións da man dunha notable debuxante case esquecida, Lolita Díaz Baliño, quen a encamiña na profesión que dará sentido á súa vida. Agora comeza tamén os seus primeiros tenteos profesionais nesta cidade, expoñendo acuarelas e alugando o seu propio estudio ata que, tras a súa voda en 1952, se traslada a Madrid, onde vai residir xa de xeito definitivo, o que alterna con exposicións e tempadas en Galicia. Este traslado, que supuxo un novo período de contactos e amizades co mundo artístico madrileño, non a vai afastar dunha temática profundamente enraizada en Galicia, nas imaxes da súa campiña e o casarío, das labouras do campo e das pequenas tendas da aldea: dunha paisaxe e duns paisanos que se insiren na natureza e que é tratado como unha máis das formas naturais. Non é casual que un dos pintores que máis lle interesen ao chegar a Madrid sexa Benjamín Palencia, paisaxista da Escola de Madrid, onde viña practicando dende a época de preguerra o sentimento profundo da xeografía castelá, cunha mirada esencial e sen concesións, que vai influír nas novas xeracións de artistas españois. M.ª Antonia loita en Madrid por conseguir un nome. Mergullada neste contexto artístico protagonizado nos anos cincuenta pola abstracción que significou a bandeira da modernidade para as novas xeracións, ela opta por un tipo de pintura figurativa e paisaxística. Un estilo que ten como referencia a súa singular mirada inxenua impregnada dun colorismo de ecos fauvistas, que é recoñecida dende época temperá polos mellores críticos madrileños. Dende entón, a súa lista de exposicións, bolsas e premios será extensa.
Da obra de María Antonia Dans, que acada a súa plenitude na década dos setenta, chama a atención precisamente a intensidade do seu cromatismo, o puro soporte debuxístico dos seus cadros cunha elementalidade formal un tanto naif e primitiva. As súas representacións son apracibles, sen loitas nin dramatismos, expresivas dun mundo repintado con alegres cores no que as cousas expresan unha vida pracenteira e feliz por medio da súa aparencia inxenua e colorista. Nestes temas, o mesmo que nos seus cadros de flores, as liñas orquestran e encadean os planos de cor e, máis que debuxar os obxectos, parecen organizar a tea. Nas formas sucintas dos lenzos e nas súas perspectivas aplanadas predomina a forza dos matices de luces e cores, cos que consegue un poder de suxestión; reflexo, sobre todo, da expresión vivencial desta pintora galega.
Autor/a da biobibliografía: María Luisa Sobrino Manzanares (2005)
Extras sobre María Antonia








Ligazóns...
- Ficha biográfica de María Antonia Dans na Fundación CaixaGalicia
- Nota necrolóxica de María Antonia Dans publicada en El País (17-2-1988)
- María Antonia Dans na wikipedia
- O especial mulleres e artes visuais en Galicia deste mesmo Álbum recolle documentos de interese relacionados con esta artista
Bibliografía...
- BUSTAMANTE, J.: María Antonia Dans Ministerio de Educación y Ciencia, Colección de Artistas Españoles Contemporáneos. (1974)
- ARIAS DE COSSÍO, A. M. María Antonia Dans Xunta de Galicia (1985)
- CARUNCHO, L.: María Antonia Dans Fundación Barrié de la Maza (1999)
- VV.AA.: “Dans, María Antonia” Gran Enciclopedia Galega,Tomo XIII, p. 112 (2000)