- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Carmen Arias ''Mimina''
Unha traxectoria polos camiños da arte

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Empresarial / Prof. Liberais
Docente
Doméstico
A figura miúda e vivaz de Carmen Arias, Mimina, aparece sempre ligada á do seu home, Isaac Díaz Pardo, cunha fidelidade e unha lealdade tales que fixeron que a súa propia traxectoria ficase nunha certa invisibilidade, tanto como artista plástica como no seu papel de cofundadora do grupo de empresas Sargadelos.
Nacida o 15 de abril de 1921 na Coruña, no seo dunha familia acomodada, a súa infancia discorre feliz entre A Coruña e os veráns no Castro de Samoedo, no Pazo de seu pai, o avogado Alicio Arias de Castro. Será un amigo da familia, Germán Díaz Baliño, o que aprecie as habilidades artísticas dunha Carmen Arias ben nova e o que insista para que tome clases cunha das pintoras galegas máis relevantes do momento: a súa irmá Dolores Díaz Baliño.
Nas clases coa “tía Lola”, como adoitaba chamarlle, Carmen Arias tomará contacto con importantes artistas da Galicia do momento, pero ademais vai coñecer, no verán de 1934, o seu futuro marido, Isaac Díaz Pardo, fillo do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño, o irmán máis vello da súa mestra.
Ao remate da guerra, vai ser axudante durante dous anos das clases prácticas de debuxo que imparte Lola Díaz Baliño no Instituto Eusebio da Guarda, e na primavera de 1942 as dúas debuxantes deciden realizar en Madrid o exame de ingreso en Belas Artes. Pero Mimina atopa o primeiro atranco na súa carreira profesional: o seu pai só lle permite realizar estes estudos por libre.
Por este tempo, a súa relación con Isaac fora afianzándose malia a oposición paterna, e así, en xuño de 1945, casan no Castro de Samoedo, e trasládanse inmediatamente a Madrid, onde Isaac residía daquela. A cabalo entre Madrid e O Castro, e con tres fillos que nacen seguidos, Mimina non chega a rematar os seus estudos de Belas Artes, interrompidos para ocuparse da casa, dos fillos e dun apaixonante proxecto que se inicia en 1949: as Cerámicas do Castro. Aquí retomará a nosa protagonista a súa vocación artística encargándose da decoración das pezas que empeza a producir con grande éxito a nova fábrica. Tamén, como mestra de decoración de todas as traballadoras que se ían incorporando á fábrica. Cando, anos despois, Isaac marcha a Arxentina para crear en Magdalena unha fábrica similar á do Castro, Mimina queda ao cargo e ocúpase de manter a produción de cerámica. Pero en 1958 tamén viaxa a Bos Aires para reunirse con el, e alí volve exercer a docencia para ensinarlles o proceso decorativo ás rapazas de Magdalena.
Esta experiencia arxentina foi moi enriquecedora, pois permitiulle tamén achegarse ao mundo dos exiliados galegos naquelas terras; con moitos deles estableceu un nexo fondo, que dará moi pronto inmensos froitos na súa terra. Converteuse, así, nunha magnífica anfitrioa para todos os que pasaban por Magdalena, ao igual que o faría con todos os que pasarían polo Castro e, máis tarde, por Sargadelos, facendo da hospitalidade un dos signos de identidade das empresas.
En 1970 inicia a súa produción a Fábrica de Sargadelos, en Cervo, xa cun proceso de decoración moito máis mecanizado, e Mimina vai crear un obradoiro de xoiería, do que sairán numerosos deseños de torques, pulseiras, pendentes e todo tipo de alfaias, unha sección que acadará cada vez máis forza e unha gran demanda.
Malia todos os atrancos vitais que tivo que afrontar, foi quen de manter unha permanente vocación artística que puido canalizar con grande éxito no proxecto cerámico do Castro e de Sargadelos. Mais, por riba de todo, Mimina foi unha muller excepcional que entendeu coma ninguén o valor da obra de seu home. Como tantas veces, as mulleres somos memoria, e ao longo de toda unha vida, Carmen Arias, dun xeito intuitivo pero moi consciente, converteuse na memoria de Isaac Díaz Pardo.
O 5 de xaneiro de 2012 falece Isaac, logo dalgúns anos apartado da dirección do grupo de empresas que el creara, e só un ano despois, o 1 de novembro de 2013 vai finar na Coruña a súa fiel compañeira nun longo compromiso vital e empresarial que foi fundamental na historia da Galiza do século XX.
Autor/a da biobibliografía: Charo Portela Yáñez (2014)
Extras sobre Carmen
“Falece Carmen Arias ‘Mimina’, viuva de Diaz Pardo e impulsora de Sargadelos”, Praza pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]
DÍAZ RIPOLL, Carolina: “Obituario de Mimina”, Praza Pública (2-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]
“Adeus a Mimina. Compañeira do compromiso vital de Díaz Pardo”, La opinión (3-11-2013). [data de descarga 16-9-2014]













Ligazóns...
- Obituario de Carmen Arias de Castro na Asociación Castaño y Nogal [última consulta: 16-9-2014]
- Adeus Mimina na blogoteca.com [última consulta: 16-9-2014]
- Cartas que mencionan a Mimina no epistolario de Luís Seoane [última consulta: 16-9-2014]
- Homenaxe a Carmen Arias de Castro e Isaac Díaz Pardo o 5 de marzo de 2011 [última consulta: 16-9-2014]
- Dado que os traballos de xoiería de Mimina non están firmados, é imposible saber cales son da súa autoría. Tómese entón como exemplo a mostra de xoias exposta na web de Sargadelos.
- Caricatura de Mimina na web do artista gráfico Siro
- Pazo Castro de Samoedo en memoriadesada.com
- GRAÑA PÉREZ, Beatriz: “Carmen Arias de Castro. Mimina”, Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003, p. 83-109
Bibliografía...
- GRAÑA PÉREZ, BEATRIZ: Voces da memoria: galegas exiladas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago de Compostela, 2003
- FERNÁNDEZ PALOMO, A.: Isaac Díaz Pardo, unha mirada familiar: conversas con Carmen Arias, Edicións Lea, 2006.