- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Mary Quintero

Ámbitos de ocupación...
María del Carmen Quintero Corredoira (Melide, 9 de novembro de 1931) foi a maior de catro irmáns nunha familia dedicada á fotografía. O seu pai, Aurelio, e a súa nai, Amadora, posuían un estudo onde a precoz fotógrafa medrou aprendendo técnica e arte a un tempo. A súa nai destacara na técnica de dar cor a fotografías en branco e negro, técnica artística moi en boga antes da Primeira Guerra Mundial e da que en Galicia non se coñecen outros precedentes de mulleres que a practicasen. Sendo aínda adolescente, estudou en Madrid retoque fotográfico con Pedro Jaraba e pintura con Carlos Pascual de Lara. Nesa etapa coñeceu o fotógrafo húngaro Juan Gyenes.
Mary Quintero foi o seu nome profesional desde a súa primeira exposición, cando tiña 16 anos, no Círculo das Artes de Lugo, a onde se trasladara o estudo familiar. Casada co empresario José Manuel Álvarez Varela -que sempre apoiou a súa vocación e co que tivo dous fillos e dúas fillas-, trasladouse a Vigo logo de facer varias exposicións de moito éxito. O seu estudo, de gran sona na época, estivo no centro da cidade durante décadas e chegou a contar cun equipo de ata once persoas.
Interesada polos grandes avances técnicos que experimenta a fotografía na segunda metade do s. XX, foi incorporando novidades ao seu traballo, entre elas salienta un proxector de fondos que chamou moito atención pola importancia para ambientar as súas composicións fotográficas. Desde os anos 70, foi frecuente a súa presenza en encontros profesionais en España e no exterior. Alén de ser considerada unha notable cronista da sociedade do seu tempo, fixo incursións no cartelismo ao recibir o encargo de facer as fotografías de candidatos a diferentes convocatorias electorais.
Colegas seus coma Schommer, Maspons, Lucas ou Vargas tiveron en alta consideración a súa figura, que tamén acadou o recoñecemento institucional co nomeamento como Viguesa Distinguida e coa Medalla de Bronce da Xunta de Galicia.
Autor/a da biobibliografía:
Extras de Mary
Convite para inaugurar a exposición fotográfica que Mary Quintero realiza no Centro de Iniciativas y Turismo de Lugo entre os días 4 e 12 de outubro de 1950
QUINTERO, Mary: «La fotografía juvenil y su futuro», Boletín Informativo de la Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias, nº 0 (1986), p. 4-5.
Convite do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra para a exposición Los jóvenes a través de la cámara de Mary Quintero, realizada entre o 18 de xaneiro e o 2 de febreiro de 1986.
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións da Deputación de Lugo entre os días 26 de xaneiro e 7 de febreiro de 1987.
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións do Concello de Monterroso entre os días 26 de setembro e 1 de outubro de 1987.
QUINTERO, Mary: Álbum de carnaval, Grupo Foto, 1987
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións do Concello da Coruña en setembro de 1990
QUINTERO, Mary: «Los dioses blancos bajan de los cielos». Reportaxe fotográfica formada por retratos de crianzas realizada para a revista Galicia Moda (verán 1991).
Programa da obra teatral Olhares de perfil. O mito de Greta Garbo, dirixida por Alejandra Guibert e Roberto Cordovani. A fotografía é de Mary Quintero (A Coruña 1992)
Programa da obra teatral Todos os homens da Compañía Arte Livre do Brasil. A fotografía é de Mary Quintero (1994)
QUINTERO, Mary: «Diversas alternativas fotográficas», Nuestra Imagen. Órgano de Comunicación de la Sociedad Mexicana de Fotógrafos Profesionales A.C., nº 28 (outubro 1994)
Realiza fotografías para a cuberta e algunhas páxinas interiores do libro de Miguel Cobaleda La puerta del paraíso, Publicaciones Teatro Keizán, 1994.
Publicidade de man da exposición fotográfica Así os viu a súa cámara, realizada por Mary Quintero na Casa das Artes do Concello de Vigo entre o 18 de decembro de 1995 e o 28 de xaneiro de 1996.
Catálogo da exposición Así os viu a súa cámara de Mary Quintero. Con textos de Xosé Carlos Álvarez Quintero e fotografías de Roberto Quintero. Editado pola Concellería de Cultura, Educación e Muller do Concello de Vigo.
QUINTERO, Mary: [Querido Jorge]. En SANTOS, Jorge: Personagens, Multitema, 2001, p. 5.
QUINTERO, Mary: «Exposición Mary Quintero. A maxia da luz», Revistum. A revista do Verbum de Vigo, p. 16-17 (outono, 2007).
Extras sobre Mary
Programa do I Seminario de Fotografía, organizado pola Asociación Provincial de Fotógrafos de Asturias (El Berrón, 21 a 23 de marzo de 1979)
Programa do II Seminario Foto Profesional, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Málaga (Torremolinos, 26 e 27 de abril de 1979)
Programa do II Congreso Nacional de Fotografía, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias (Oviedo, 9 a 11 de febreiro de 1981)
Programa do V Seminario de Fotografía Profesional, organizado por Fotocolor LEON (Granada, 2 e 3 de decembro de 1981)
Programa das I Jornadas de la Fotografía Profesional, organizadas pola Confederación Nacional de Fotógrafos Profesionales de España (Madrid, 4 a 6 de marzo de 1982)
VALLS CABANAS, Miguel: Carta de agradecemento dirixida a Mary Quintero pola súa asistencia á I Diada de Treball del Fotògraf Professional, organizada pola Associaciò de Fotografs Professionals de la Comarca de Osona e a empresa Ángel Font SA. (Manlleu, 27 de abril de 1982)
Programa da Convención Profoto (Badaxoz, 6 a 9 de marzo de 1983)
Programa do III Congreso de Fotografía Profesional, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Vizcaya (Bilbo, 24 a 26 de novembro de 1984)
Programa dos Premios Foto 1988. Álbum de carnaval, de Mary Quintero, é premiado como Libro del Año de Técnica (Madrid, 8 de maio de 1989)
Programa do III Seminário de Fotografía Profissional, organizado pola Associação de Fotógrafos Profissionais Vale do Sousa (Paredes, 28 de febreiro a 2 de marzo de 1990)
Carta informativa do Encontro Nacional de Fotógrafos, organizado por o Clube de Fotógrafos Profissionais de Portugal, no que Mary Quintero participa como relatora (Troia, 5 e 6 de maio de 1990)
Convite das VI Xornadas Galegas de Fotografía Profesional e Afeccionada, organizadas pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de Lugo (Lugo 27 a 30 de outubro de 1991)
Programa do X Seminari de Fotografía Professional, realizado en Xirona no mes de novembro de 1992 e no que Mary Quintero imparte dous relatorios
Programa da IV Convención Nacional de Fotografía EXPOFOT ’93. Mary Quintero é unha das «convidadas especiais» (Caracas, 1 a 5 de outubro de 1993)
Programa da representación teatral de La puerta del paraíso, de Miguel Cobaleda, posta en escea polo Teatro Keyzán e na que Mary Quintero realiza as tarefas de fotografía (Vigo, 1993)
Certificado expedido no mes de marzo polo Concello de Vigo no que se recolle a listaxe de Viguesas e Vigueses Distinguidos no ano 1994 e carta en que o alcalde de Vigo lle comunica a Mary Quintero o seu nomeamento como Viguesa Distinguida (Vigo, 11 de marzo de 1994)
«María del Carmen Quintero Corredoira (Mary Quintero). Viguesa distinguida en 1994», Vigueses distinguidos 1985-2011, Fundación Vigueses Distinguidos / Concello de Vigo, 2012, p. 172
KRUCKENBERG, María do Carmo: Presentación exposición retratos de Mary Quintero. Discurso pronunciado na inauguración da exposición retrospectiva de Mary Quintero Así os viu a súa cámara (Vigo, decembro de 1995)
Programa do II Congreso Fotográfico Profesional, organizado por CIMAT Foto (Madrid, 15 a 17 de novembro de 1996)
Programa das IX Xornadas Galegas, organizadas pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de Pontevedra (Vigo 27 e 28 de novembro de 1998)
TORRES DÍAZ, Francisco: «La década de los años 70», e fragmento de «La década de los años 80». En Crónica de un siglo de fotografía en España, Fropen SL., 1999. Ambas as partes recollen referencias de Mary Quintero. Nos setenta, ademais, colabora como biógrafa.
Programa da Jornada de Trabajo, homologada pola Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI) e organizada pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Bizkaia (Bilbo, 9 de novembro de 2003)
Programa do I Salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo: Atlantimag, organizado pola Fundación Semana Verde de Galicia, as asociacións de fotógrafos profesionais de Galicia pertencentes á FEPFI e as de fotógrafos profesionais de Portugal pertencentes á Associação dos Fotógrafos Profissionais de Portugal (AFP) (Silleda, 28 a 31 de outubro de 2004)
SANTORO, José María: [«¿Qué podría decir yo de Mary Quintero»]. Discurso pronunciado no marco do I Salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo: Atlantimag (Silleda, 28 a 31 de outubro de 2004)
Convite da entrega de premios anuais Foto/Óscar 2005 e da homenaxe a Mary Quintero e Paco Pérez Aparisi organizados pola revista foto/VENTAS (Barcelona, 7 de outubro de 2005) Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Bases do III Concurso de Fotografía y Diseño de Moda Blancanieves, organizado polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo e no que Mary Quintero e Cristóbal Vidal forman parte do xurado (Vigo, 2012)
María Quintero entrevista a Mary Quintero no marco da actividade Historias vividas e contadas polas súas protagonistas.











































Ligazóns...
- Galería fotográfica da cabalgata de Reis 2011 en Vigo realizada con fotografías de Mary Quintero
- “Mary Quintero: una pionera de la fotografía”. Entrevista publicada en tendenciasyotrasocurrencias.blogspot.com.es (22/09/2014)
- Galería Fotográfica de traballos de Mary Quintero en Faro de Vigo
- Web oficial de Mary Quintero