- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Pascuala Campos de Michelena

Ámbitos de ocupación...
Acción político - social
Docente
Doméstico
Investigación / Científico
Artístico
Construír un refuxio con fío e papel. Fíxoo Pascuala Campos de Michelena como traballo de aula en segundo de carreira e trazou aí, sen sabelo, algunhas das marcas que logo conformarían a súa personalidade como arquitecta. A súa é unha obra ganduxada cos materiais da vida, moi afastada nalgunhas das súas formulacións das medidas e dos volumes canónicos da súa profesión. Esa heterodoxia dótaa dunha perspectiva singular. A preocupación pola vida cotiá das persoas comúns e a necesidade crear outros espazos para acoller outros corpos e vidas máis felices nutren a súa maneira de pensar a arquitectura: “A organización xerárquica do espazo ten que ver con corpos invadidos. A recreación do espazo ten que ver con corpos habitados”.
A República e a Institución Libre de Ensinanza marcaron os primeiros anos de vida de Pascuala Campos de Michelena malia que naceu en 1938, na posguerra dunha contenda que marcaría a fondo a súa vida de nena en Xaén. O seu pai, Francisco Campos Carrasco, veterinario e capitán do exército republicano, vai ser encarcerado tres veces, sálvase da pena de morte pola mediación dun familiar. A nai, María del Carmen de Michelena Morales, foi unha mestra educada segundo os principios da Institución Libre de Ensinanza, que ela mesma aplicará na educación das súas fillas. Pascuala Campos de Michelena medra aí, nese mundo, unha illa luminosa na escuridade da España da ditadura.
En 1960 aproba o exame de ingreso na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e comeza os seus estudos nunha profesión de forte pegada masculina, só catro mulleres se matriculan en primeiro naquel ano. Co tempo Pascuala Campos de Michelena formará parte do conxunto de mulleres que, desde os anos 70, traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos.
A súa preocupación pola análise do espazo construído e a reflexión sobre feminismo e arquitectura van parellas á súa propia experiencia vital. A finais dos anos 70 forma parte do grupo inicial de Feministas Independentes Galegas (FIGA), participa na organización das Xornadas de Feministas de Vigo e asiste ás de Donostia e Granada. Asiste tamén aos Congresos Internacionais de Mulleres Arquitectas de París e Berlín e participa no Seminario Permanente Mujer y Ciudad, no que codirixe, entre outros, o curso sobre "Urbanismo y Mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado". Foi pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia neste campo. Cunha investigación titulada Espazo e Xénero, consegue a cátedra de Proxectos Arquitectónicos da Universidade da Coruña. É a primeira muller que obtén este título no conxunto das universidades do Estado.
Considera que as decisións sobre o espazo foron tomadas polo colectivo masculino con base en intereses propios, interésanlle as arquitecturas que acompañan, os espazos que favorezan as relacións humanas, as arquitecturas para a vida e apunta: “Habitar unha casa significa ser libre para poder permanecer nela”.
Autor/a da biobibliografía:
Extras de Pascuala
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: “Edificio escolar”, Cuadernos de Arquitectura, n. 78 (1970), p. 49.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: “Mercado y Lonja municipales en Bueu (Pontevedra) 1971-1973”, 2C. Construcción de la ciudad, n. 8 (1977), p. 32-35.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; PORTELA, Cesar: “Viviendas para una comunidad de gitanos en Campañó-Poio (Pontevedra) 1971-1974”, 2C. Construcción de la ciudad, n. 8 (1977), p. 36-39
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; MEIJIDE CALVO, Carlos: “Reflexiones en torno a la enseñanza de proyectos. Una experiencia didáctica”, Boletín Académico Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, n. 1 (1985), p. 39-57.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Prediseño y propuestas formales en el núcleo de Combarro”, en LADEVESA, Carlos (coord.): Bordes urbanos, cuadernos de la Dirección General de Arquitectura y Vivienda, Madrid, Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo (MOPU), 1985, p. 67-92.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Escola de formación pesqueira Niño do Corvo, Illa de Arousa, ”, Obradoiro. Revista de arquitectura y urbanismo, n. 20 (1992), p. 46-49.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Identidad y proyecto. Hacer arquitectura es una manera de estar en el mundo”, en Ciudad y mujer. Actas del curso: Urbanismo y mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado. Málaga 1993-Toledo 1994, Málaga, Seminario Permanente: “Ciudad y Mujer”, 1995, p. 265-267.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Introducción”, en Ciudad y mujer. Actas del curso: Urbanismo y mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado. Málaga 1993-Toledo 1994, Toledo, Seminario Permanente: “Ciudad y Mujer”, 1995, p. 227-230.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Escola de Formación Pesqueira Niño do Corvo”., en Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974-1994, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Madrid, Electa, 1995, p. 136-137.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; SUANCES PEREIRO, José Javier; PORTELA FERNÁNDEZ-JARDÓN, César: “Colexio no Cumial, 1969”, en Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia 1974-1994, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega; Madrid, Electa, 1995, p. 96-97.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Influencia de las ciudades en la vida de las mujeres”, en Mujer y urbanismo: una recreación del espacio. Claves para pensar en la ciudad y el urbanismo desde una perspectiva de género, Madrid, Federación Española de Municipios y Provincias e Instituto de la Mujer, 1996, p. 23-30.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Prólogo”, en Las mujeres recuerdan. Memoria de ocho municipios de Castellón, Proyecto NOW, Fondo Social Europeo-Universidad Jaume I, 1998, p. 19.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Identidad y proyecto”, en BUSTOS, Pilar de; CAPILLA, Sofía; GIL Alicia (ed.): Mujeres Espacio y Arquitectura, Proyecto NOW, Fondo Social Europeo-Universidad Jaume I, 1999, p. 11-32.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Nuevas formas de vida, nuevas viviendas”, en DURÁN, Ángeles (coord.), Nuevos objetivos de igualdad en el siglo XXI. Las relaciones entre mujeres y hombres, Madrid, Dirección General de la Mujer, 2000, p. 355-368.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Recordando a Carlos”, Boletín Académico. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, n. 25, (2001), p. 2-11.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala: “Otras arquitecturas, otros cuerpos”, en MIQUEO, Consuelo; BARRAL, Mª José; MAGALLÓN, Carmen (eds.): VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género, Zaragoza, Prensas Universitarias, 2006.
CAMPOS DE MICHELENA, Pascuala; GALLEGO PALACIOS, Ana; BUGALLO CHOUCIÑO, Soledad: A árbore na cidade. Catálogo proposta para protección e reposición do arboredo no caso histórico e proximidades. A Coruña, A Coruña, Concello, 2011.
CAMPOS, Pascuala: “Escuela de formación Pesquera, Arosa (Fishery Training School, Arosa)”, en Anuario de Arquitectura española 1993, Madrid, Arquitectura Viva, 1993, p. 130-133.
Extras sobre Pascuala
BALDELLOU, Miguel Ángel: “Panorama de la arquitectura actual en Galicia”, Hogar y arquitectura, n. 96 (setembro-outubro 1971), p. 17-54 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
“César Portela Fernández-Jardón, Pascuala Campos de Michelena”, Boden Cuadernos Ceplástica: Ocho arquitectos , (abril 1976), p. 35-39.
“Arquitectura y racionalismo”, 2C. Construcción de la ciudad, n. 8, (1977), p. 21-23 [Artigo sobre a exposición Aldo Rossi + 21 Arquitectos Españoles na que se recolle obra de Pascuala Campos de Michelena].
“Viviendas para gitanos en Campañó-Poio, Pontevedra”, en BRU, Eduard; MATEO, José Luís: Arquitectura española contemporanea, Barcelona, Gustavo Gili, 1984, p. 92-93.
TZONIS, Alex; LEFAIVRE, Liane: “El regionalismo crítico y la arquitectura española actual”, Arquitectura y Vivienda. Monografías, n. 3 (1985), p. 4-19 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
Young Spanish architecture, Madrid, ARK Architectural Publications, 1985, p. 150-153 [páxinas dedicadas a obras realizadas por Pascuala Campos de Michelena].
TZONIS Alex; LEFAIVRE, Liane: “Moderne Spaanse architectuur. De kritisch-regionalistische benadering”, Bouw, n. 5 (01/03/1986), p. 9-15 [Pascuala Campos de Michelena é unha das protagonistas deste artigo].
“Actuación revalorizadora”, On Diseño, n. 80 (1987), p. 34-35 [o artigo trata da proposta da arquitecta Pascuala Campos de Michelena en Combarro].
Exposición Arquitectura Institucional en Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Ponencia de Arquitectura, 1991 [A actuación urbana de Pascuala Campos de Michelena en Combarro está recollida na p.42.].
“Pascuala Campos Michelena”, en RODRÍGUEZ IGLESIAS, Francisco (ed.): Galicia-Arte, A Coruña, Hércules Ediciones, 1993, p. 408-411, 401- 402, 412.
“Un hórreo costero. Escuela de Formación Pesquera, Arosa”, Arquitectura y Vivienda. Monografías, n. 41 (1993), p. 66-69 [Inclúe texto en inglés].
“Igrexa de Sabucedo e contorno”, en Intervencións no patrimonio arquitectónico 1996, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1997, p. 116-117.
REY WONENBURGER, Berta: “Entrevista: Pascuala Campos de Michelena”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, n. 27 (inverno 2000), p. 19-24.
CASARES GALLEGO, Amparo: “Pascuala Campos de Michelena”, en Artistas gallegos. Arquitectos. Cara ao novo milenio, A Coruña, Nova Galicia Edicións. 2004, p. 3-31.
MESÍA LÓPEZ, Ana: “Conjuntos históricos: patrimonio cultural o producto turístico. El ejemplo de Combarro”, Revista da Faculdade de Letras. Ciências e Técnicas do Património, Porto, Universidade, v. IX-XI (2010-2012), p. 25-43.
CASARES GALLEGO, Amparo; ÁLVAREZ GARCÍA, Julia: “Pascuala Campos de Michelena: o camiño á nosa identidade”. en CHAO FERNÁNDEZ, Rocío; MATO VÁZQUEZ , María Dorinda (coord.): As mulleres nas artes e nas ciencias I. Reflexións e testemuñas, A Coruña, Universidade, 2013, p. 33-41.
Dosier de materiais sobre: “Pascuala Campos de Michelena e Ana Gallego Palacios, La conversación”, Problemáticas – Artistas no relato incompleto, 08/07/2016 -11/09/2016 [Contén: Convite, Folleto informativo, Galería fotográfica da montaxe, e Informe de impacto nos medios de comunicación].
FERNÁNDEZ GARCÍA, Ana María; RODRÍGUEZ ORTIZ, Esther: “The Access of Women to Architecture. The Situation of Spain’s Female Pioneers“, en MoMoWo : 100 Works in 100 Years : European Women in Architecture & Design :1918-2018z, Ljubljana, Založba ZRC, 2016, p. 261-265.
LASAOSA, María José: “La ciudad: un espacio para los afectos y la memoria”, ZeharBoletín de Arteleku, n. 43 (verán de 2000), p. 8- 11.
Las mujeres arquitectas de Galicia: su papel en la profesión y en la enseñanza de la profesión (el ejercicio de la arquitectura en Galicia desde una perspectiva de género), Madrid, Instituto de la Mujer: A Coruña, Universidade, 2011 [Contén algunhas referencias sobre Pascuala Campos de Michelena].
“Pascuala Campos”, en CHAO FERNÁNDEZ, Rocío; MATO VÁZQUEZ , María Dorinda; SUÁREZ BRANDARIZ, Roberto (coord.): As mulleres nas artes e nas ciencias II. O Xerme da liberdade, A Coruña, Universidade, 2014, p. 30.
Video...
- https://www.youtube.com/embed/lznD1IFRYkI










































Ligazóns...
- Pascuala Campos de Michelena en Dialnet
- Pascuala Campos de Michelena en Espacio espacioso
- Un día, una arquitecta: Pascuala Campos de Michelena
- Pascuala Campos de Michelena na Wikiwand
- Pascuala Campos de Michelena na Wikipedia
- Pascuala Campos de Michelena é unha das arquitectas mencionadas en Community digest: Spanish Wikipedia’s Women in Architecture helps address the gender gap; news in brief
- Casa parroquial de Marín (1973-1975)
- Poboado xitano en campañó (1970-1972)
- Bloque de vivendas no polígono de Campolongo
- Casa do Concello de Pontecesures
- Concello de Forcarei
- Escola de Formación Pesqueira de Arousa
- Restauración da igrexa de Sabucedo e a súa contorna