- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María de las Mercedes Goicoa Fernández

Ámbitos de ocupación...
María de las Mercedes Goicoa, nada na Coruña o 10 de xullo de 1928, é a primeira muller que presidiu unha das trece Reais Academias de Belas Artes de España, a Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario”. Ingresara na institución como académica en 1986, presidiuna desde 2003 até 2014 e, desde entón, é presidenta de honra. Neste último cargo só foi precedida por Carlos Martínez Barbeito, historiador e escritor (1988-1997), Manuel Chamoso Lamas, historiador e arqueólogo (a título póstumo), Fernando Álvarez de Sotomayor, pintor (1938-1939), e polo filántropo e banqueiro Eusebio da Guarda (1890-1997). Con ela, a música entrou por primeira vez na Presidencia da institución.
O recoñecemento é innegable, como tamén o é o merecemento. Alén dos méritos como intérprete, como profesora ou como académica, a ollada cara á infancia lévanos até unha nena que deu o seu primeiro concerto con dez anos. Superou toda a carreira de piano e graduouse no Conservatorio Superior de Música de Madrid cos mellores resultados posibles: primeiro Premio Fin de Carreira, Premio Extraordinario de Piano María del Carmen e Premio Extraordinario de Virtuosismo. Non obstante, para ela o máis emocionante foi a excepcional nota dun “sobresaínte dobre” cando se examinou por libre, no mesmo ano, do 6º e 7º curso. Daquela etapa da aprendizaxe lembra con especial agarimo e respecto o profesorado que por fortuna lle tocou, desde a súa propia tía, Honoria Goicoa, até Pilar del Castillo, Alberto Garaizábal ou José Cubiles —o gran concertista que dixo dela que non lle tiña cousa que corrixir, se acaso que agrandar—, aos que seguiría outra etapa en París cos profesores Lazare Lévy e George Enesco.
Mercedes Goicoa acadou sona internacional desde que, con dezaseis anos, comezou a súa etapa de concertista por varias cidades españolas e francesas. Destacaba tanto como solista coma con orquestra e foi galardoada en reiteradas ocasións con premios como o primeiro Premio de Música de Cámara ou o Premio de Interpretación de Música Francesa. Coñeceu e tivo contacto profesional con figuras tan destacadas como Salvador Bacarise, Luis Galve, María Victoria de los Ángeles ou Narciso Yepes. Admiradora da maxia de Arthur Rubinstein, foi comisaria da exposición celebrada co gallo do seu centenario en 1987, Rubinstein y España, que veu a Galicia polo seu empeño e polo coñecemento que tiña do gran pianista.
A súa faceta de docente comeza en 1963 no Conservatorio da Coruña, onde traballou, até a súa xubilación en 1993, como profesora superior de Piano. Polas súas clases pasaron varias xeracións dun alumnado que se recoñece discípulo da súa inconfundible escola pianística.
Elixida académica en 1986, permaneceu activa na Real Academia Galega de Belas Artes até fins de 2014, cando renunciou a rematar o seu terceiro mandato como presidenta por motivos de saúde. Durante case tres décadas teimara en conservar, e poñer a disposición da sociedade, o inmenso legado patrimonial que alberga a institución. A ela débese a creación do Arquivo Musical de Galicia, do que foi directora, que recolle a obra de compositores galegos ou residentes en Galicia dos séculos XIX e XX. Tamén foi a promotora da creación do Arquivo de Imaxes. Unha das súas decisións máis importantes foi abrir a Academia á cidadanía porque: “A cultura debe estar ao alcance do pobo; non é cousa de elites”. Loitou por dotar de maiores recursos a Academia e fíxoa protagonista e partícipe da dinamización cultural no máis amplo sentido, coa organización de concertos, conferencias, exposicións e mesmo realizando actividades fóra da entidade. Tivo tempo, ademais, de facer análise, crítica e información sobre publicacións musicais de editoriais como Labor ou Santillana no xornal La Voz de Galicia e en revistas especializadas.
O seu espírito, xeneroso e comprometido, plásmase nunha das numerosas entrevistas que concedeu cando se retirou da presidencia da Real Academia de Belas Artes, onde resume a vontade que sempre a moveu: “Quixen dar a coñecer a nosa cultura, os tesouros que temos, e síntome satisfeita porque puiden aportar o meu grao de area á cultura de Galicia.”
Autor/a da biobibliografía:
Extras de María de las Mercedes
Programa do primeiro concerto no que participa Mercedes Goicoa xunto con alumnado e profesorado do conservatorio de Musica da Sociedade Filharmónica da Coruña (22/11/1938).
Programa-convite aos actos en torno á festividade de Santa Cecilia organizados polo Real Conservatorio de Música e Declamación de Madrid o 26 de novembro de 1946.
Programa do concerto-homenaxe a José Cubiles interpretado por Mercedes Goicoa no colexio Maior Giménez Cisneros (24/02/1949).
Programa do recital de Mercedes Goicoa no Teatro Gayarre, de Pamplona (27/11/1949).
Programa do recital de Mercedes Goicoa na Cidade Universitaria de Madrid.
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Círculo Cultural Medina (06/02/1952).
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Paraninfo de Filosofía e Letras de Madrid (29/05/1952).
Convite do recital de piano de Mercedes Goicoa na Asociación de Diplomados del Instituto Internacional Miguel Ángel de Madrid (21/02/1953).
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Instituto Francés de Madrid (07/05/1953).
Programa da actuación de Mercedes Goicoa no Real Conservatorio de Música de Madrid o 1 de maio de 1955.
Programa do concerto de Mercedes Goicoa en Valladolid (11/06/1957).
Programa do recital de Mercedes Goicoa en Soria (16/04/1958).
Programa do recital de Mercedes Goicoa no Círculo Cultural Narciso Yepes (08/03/1958).
Programa do concerto de Mercedes Goicoa celebrado o 20 de xaneiro de 1959 en Lugo.
Programa do concerto de Mercedes Goicoa no Hostal dos Reis Católicos (13/01/1959).
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: Desde o estético expresivo en el piano a la interpretación musical.
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “La dedicación de D. Alberto Garaizabal y la vida musical coruñesa”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Exposición Rubinstein y España”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo en,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes. Artigo publicado en,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; CATROMIL VENTUREIRA, Ramón: La mano como poder creador. Hacia una metafísica del sonido. Discurso pronunciado por Ramón Castromil Ventureira e contestado por Mercedes Goicoa Fernández,
Textos de agradecemento pronunciados por Mercedes Goicoa nos actos da homenaxe que se lle tributaron con motivo da súa xubilación non Conservatorio da Coruña.
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; LIAÑO PEDREIRA, M.ª Dolores: “El archivo musical de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario",
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Don Antonio Fernández-Cid de Temes (1916-1995)",
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: Presentación do Catálogo de Partituras del Archivo Musical en la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario.
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “La Real Academia de Bellas Artes y la recuperación y catalogación del patrimonio musical de Galicia",
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Carta a Julio Fernández Arguelles”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Introducción a la sesión: las reales academias de bellas artes y la enseñanza y la promoción de las artes”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Discurso de recepción con motivo del ingreso de Isaac Díaz Pardo como académico honorario de la Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Prólogo”.
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes; PABLO PÉREZ, Víctor: “Discurso toma de posesión de D. Víctor Pablo Pérez. Discurso de contestación de D.ª Mercedes Goicoa Fernández”,
GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes: “Presentación de la Presidenta de la Real Academia”.
Extras sobre María de las Mercedes
Libro de autógrafos, de Mercedes Goicoa.
Comentarios críticos de Benito Cea de Samaniego á actuación de Mercedes Goicoa no Cine Ideal de Soria, nun concerto organizado pola Asociación de Soria Olemda-Yepes (17/04/1958).
Virtuosa.
FRAGA, José Manuel: Homenaje a Mercedes Goicoa.
FERNANDEZ ARGÜELLES, Julio A.: Presentación pública del libro del Archivo Musical de Galicia, patrocinado por Caixa Galicia (24/10/1997).
“GOICOA FERNÁNDEZ, María de las Mercedes”,
“La pianista Mercedes Goicoa, Presidente de la Academia Gallega de Bellas Artes”,
“GOICOA, Mercedes”.
Materiais da exposición Elas Ensinan.
María de las Mercedes Goicoa Fernández.
LAGO, Gloria: “Mercedes Goicoa: por amor á arte”,













































Ligazóns...
- Carta de Mercedes Goicoa a César Antonio Molina no Epistolario da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. [última consulta 07/03/2018]
- María de las Mercedes Goicoa Fernández en WorldCat [última consulta 06/06/2018]
- María de las Mercedes Goicoa Fernández en Dialnet [última consulta 07/03/2018]