- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Antigas Galaicas
O lugar das mulleres nos territorios do noroeste da Península Ibérica. Primeiras referencias

Ámbitos de ocupación...
Doméstico
Relixioso
Xurídico
Marítimo / Agrícola / Gandeiro
Non sabemos moito das mulleres que habitaban o territorio da antiga Gallaecia durante as épocas castrexa e romana. Non temos testemuños directos e apenas contamos con nomes soltos, escritos por mans alleas nas lápidas funerarias ou nas dedicatorias a deuses: Dovecia, Tridia, Oelia, Pictelancea…
Aínda que a denominación «galaicas» pode levar a facer unha identificación directa entre a antiga Gallaecia e a actual Galicia, é necesario facer algunhas precisións iniciais.
En primeiro lugar, sobre límites, tanto territoriais como temporais. O cuadrante noroccidental da península pasou por diferentes vicisitudes ata que se formou a provincia da Gallaecia entre os anos 284 e 288, limitada ao sur polo Douro e ao leste polos ríos Sella e Esla ata a confluencia co Douro. Con todo, noticias do século IV indícannos que ástures e cántabros forman parte da Gallaecia (o que ten consecuencias para o tema que nos ocupa) ou que o límite oriental desta provincia é, nin máis nin menos, Numancia. Esta indeterminación tamén contribúe a que as fontes falen en xeral dos pobos do norte, mencionando ás veces grupos concretos (cántabros, ártabros, galaicos…), pero caracterizando a todos eles coa apelación xenérica de «montañeses».
Respecto dos límites temporais, as fontes textuais e epigráficas esténdense desde aproximadamente o século I d. de C. ata que diminúen arredor do século III, con algunhas excepcións do século IV. Aínda que podemos admitir que recollen aspectos previos á chamada romanización, todas elas son fontes xa romanas e, polo tanto, sobre todo no caso das fontes textuais (Estrabón, Plinio…) poderían ser consideradas, sen dúbida, fontes «coloniais».
A fonte principal sobre estes pobos é o libro III da Xeografía de Estrabón, no que aparecen datos concretos sobre o seu traballo, as celebracións ou os sistemas de herdanza. Estrabón nunca viaxou á rexión e utilizou outras fontes para confeccionar o seu libro, fontes tanto escritas como orais (funcionarios, viaxeiros ou comerciantes). Estrabón insiste constantemente no carácter bárbaro e pouco civilizado destes «montañeses»: son bandidos, belicosos, lacazáns (os homes), non teñen cidades, comen pan de landras, cervexa e manteiga (todo o contrario da dieta «civilizada» mediterránea de trigo, viño e aceite). Todo iso fai que, naturalmente para a mentalidade de Estrabón, o resto dos seus costumes sexan igualmente bárbaros. A conquista romana non pode traer máis que beneficios a estes salvaxes.
A partir de Estrabón, as novas sobre os costumes da Gallaecia son cada vez máis escasas e, en xeral, están inspiradas neste autor. Estas novas destacan, sobre todo, o valor, a enerxía e a capacidade de traballo das mulleres do norte, así como a súa participación nas batallas contra os romanos xunto dos homes, batallas en que preferían morrer ou matar os seus fillos antes de caer prisioneiras.
As outras fontes fundamentais son as epigráficas, que son abundantes, pero problemáticas. As inscricións están na súa meirande parte en granito, xeralmente mal conservado. E son, sobre todo, dedicatorias modestas, funerarias ou a divindades, nas que apenas aparecen os nomes dos e das dedicantes e das deidades ás que se dirixen. As fontes doutro tipo (representacións figuradas, estatuas) son moi escasas e non demasiado ricas.
Hai dous aspectos que destacan, a primeira vista, nas informacións sobre a vida das mulleres galaicas: o traballo feminino e o status das mulleres. Son as que sementan e aran, levan as cousas da casa, se encargan de recoller con anciños e lavar con peneiras tecidas coma cestos os metais (prata, ouro e estaño) que levan os ríos. Os homes dedícanse soamente á guerra e á pillaxe. As mulleres non só traballan a terra, senón que a posúen e a herdan. Esta noticia de Estrabón deu lugar a toda unha serie de confusións sobre a importancia económica das mulleres, que tiveron repercusións todo ao longo da historiografía galega. Este feito de posuír a terra, chamativo para un grego como Estrabón (recordemos que na antiga Grecia as mulleres non tiñan capacidade xurídica para seren propietarias), derívase non necesariamente do feito de que exista un matriarcado na Gallaecia, senón da división sexual do traballo. Se o poder está en mans dos homes (que se dedicaban á guerra e á pillaxe, e quizais ás activades gandeiras), e non hai nada nas fontes que permita supoñer o contrario, o prestixio vai proceder sempre das actividades masculinas, así que o feito de posuír a terra (unha cuestión sobrevalorada na concepción tópica da Galicia posterior) non determina necesariamente o control social.
O outro aspecto que destaca claramente nas fontes é o referido ao status das mulleres e á súa posición dentro dos sistemas matrimoniais e de parentesco. Recordemos o que di Estrabón, III, 4, 18: «os homes dan dote ás mulleres, as fillas son as que herdan e dan esposa aos seus irmáns. Isto parece ser unha especie de xinecocracia. Isto non é moi civilizado». O resto das fontes engaden outro dato: «estas mulleres que reciben o dote non son as fillas».
Que implican estas informacións? Se partimos da base de que para Estrabón o dote é o conxunto de bens que circulan entre dous grupos familiares no momento dun casamento, e que no caso grego un matrimonio é unha transacción privada entre un pai e o futuro home da súa filla, o feito de que as irmás dean esposa aos seus irmáns ten unha lectura clara: o acordo matrimonial non se conclúe entre dous homes, senón posiblemente entre dúas mulleres ou dous grupos de mulleres. Non temos datos suficientes para reconstruír o sistema matrimonial do noroeste na época prerromana, pero un sistema deste tipo é perfectamente posible, sobre todo se o conectamos coa outra noticia, sobre o matrimonio: os homes dotan as mulleres, pero non as fillas. Parece lóxico pensar que son entón os irmáns os que dotan as irmás, o que suporía un equilibrio no sistema: aínda que son as mulleres as que buscan esposa aos seus irmáns, necesitan o dote que estes lles achegan para poder realizar o seu propio matrimonio.
O outro aspecto dos textos que deu orixe a un gran número de discusións sobre o suposto matriarcado dos pobos do norte é o status das mulleres. É indubidable que a un grego como Estrabón lle tivo que resultar sorprendente (e rexeitable) unha situación en que as mulleres non parecían suxeitas ao mesmo tipo de vida oculta e sometida que no seu país de orixe. Os textos, xa o comentamos, falan do carácter rexo das mulleres, que loitan xunto aos homes nas guerras contra os romanos, que prefiren suicidarse ou matar os seus fillos antes ca caer na escravitude, que cultivan a terra e cando dan a luz meten os seus homes na cama en vez delas (a famosa covada)… Todos estes trazos foron utilizados xa por J. J. Bachofen, o primeiro en desenvolver a finais do século XIX unha teoría do matriarcado como etapa da evolución da humanidade anterior (e inferior polo tanto) ao patriarcado, como apoio á súa teoría. Pero non hai nada nas fontes que permita ir máis alá de quizais unha importancia grande da matrilinealidade (a filiación a través da nai) ca noutras zonas do imperio: practicamente a metade de quen dedica inscricións son mulleres e, en moitos casos, estas mulleres dan a súa propia filiación paterna (de quen é filla), pero non a dos seus fillos.
En conclusión, estamos lonxe do modelo tradicional que vía as mulleres galaicas como poderosas matriarcas. O certo é que, sempre tendo en conta a escaseza de fontes, as mulleres da Gallaecia non aparecen de forma clara na esfera pública, na esfera da política e do poder, aínda que a súa posición na familia tampouco é a do patriarcado clásico romano. En efecto, as mulleres controlan determinados aspectos do patrimonio familiar e parecen intervir, de forma decisiva, no sistema matrimonial, polo menos na situación que podemos considerar indíxena, con elementos de carácter matrilineal, asunto en que, de todos os xeitos, non se pode afondar máis cos datos que se posúen.
A pesar disto, e admitindo a teoría do matriarcado do século XIX, os autores galegos da xeración Nós (en xeral) utilizan todas as noticias sobre as mulleres da Gallaecia para explicar a suposta independencia ou status non sometido da muller da cultura popular galega da súa época: sería unha herdanza da época castrexa, asumindo sen dúbidas a teoría das supervivencias do evolucionismo clásico e conectando coa idea da busca de antepasados ilustres, vital para o nacionalismo da época. Esta concepción tópica pesa aínda nos estudos de antropoloxía de Galicia, entroncando coa presentación da cultura popular galega (nun momento que queda indeterminado) como un ideal, concibida como unha especie de tempo detido, cousa que encaixa perfectamente coa concepción tinguida de evolucionismo dos etnógrafos e prehistoriadores do xeración Nós. A caracterización das mulleres é sempre, máis ou menos, tópica: fortes, traballadoras, sacrificadas, alma do fogar, depositarias do espírito da terra, independentes (non se explica a contradición co anterior), etc. Séguese a destacar que aspectos como a covada, que contan con fontes que sosteñen que se mantén a comezos do século XIX, arrincan da época prerromana e a súa persistencia está vencellada a zonas onde existiu ou existe un dereito matrilocal (obsérvese a confusión e multiplicidade de denominacións).
AGRADECEMENTOS
Fernando Acuña Castroviejo
Raquel Casal García
Autor/a da biobibliografía: Mar Llinares García (2008)
Extras sobre





Ligazóns...
Bibliografía...
- VV.AA.: Corpus Inscriptionum Latinarum , Berlín.
- TRANOY, A.: La Galice romaine , París, Duffusion de Boccard, 1981.
- BACHOFEN, J.J.: El Matriarcado , Madrid, Akal, 1987.
- ROMERO, A.M. E POSE, X.M.: Galicia nos textos clásicos , A Coruña, Museu Arqueolóxico Provincial, 1988.
- VV.AA.: Corpus de Inscripciones Romanas de Galicia , I-II, Gerardo Pereira Menaut (dir.), Consello da Cultura Galega, 1991-1994.
- CASTRO CARIDAD, EVA E LLINARES GARCÍA, MAR: “Idade Antiga”, en Textos para a historia das mulleres en Galicia , Santiago, Consello da Cultura Galega, 1999, pp. 110.
- BERMEJO BARRERA, J.C.: Relixión e sociedade na Galicia antiga , Santiago, Lóstrego, 2008.