- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Marcela e Elisa
Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, casou con Marcela Gracia Ibeas en 1901

Ámbitos de ocupación...
Docente
María Elisa Carmen Sánchez Loriga (8/9/1862, A Coruña - ? )
Marcela Gracia Ibeas (27/6/1867, Burgos - ? )
Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña, onde a primeira estudaba e a segunda, que xa rematara maxisterio, traballaba en labores de administración ou servizos. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Os pais de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, e mesmo a enviaron a Madrid por algún tempo, mais os seus esforzos resultaron inútiles.
En 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. Cando non exercía a profesión, Elisa vivía coa súa amiga, encargándose dos labores domésticos.
Na primavera de 1901 producíronse diversas disputas entre elas, o que xustifica que Elisa abandone Dumbría e anuncie que ten previsto embarcar con rumbo á Habana. Asemade, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa, chamado Mario, que chegaría proximamente a Galicia. O seu parecido —advirte— era enorme.
Xa na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, diríxese á igrexa de san Xurxo e confésalle ao párroco, Víctor Cortiella, que era fillo de pai protestante e quería abrazar a fe católica. O párroco, preocupado como estaba pola difusión do protestantismo, acelera os trámites e aos poucos días bautízao. Deseguido, Mario arranxa os papeis para a voda, que se celebra o 8 de xuño de 1901.
Animadas polo éxito do seu proxecto, tiveron a ousadía de retornar a Dumbría como marido e muller. Alí descóbrese o engano. O crego do lugar cualifícaas de sacrílegas e ameaza con entregar a quen fixera de home á Garda Civil.
Mario vese obrigado a fuxir de Dumbría e volve á Coruña. Víctor Cortiella, ao se decatar do engano, cítao na reitoral. El insiste na historia inicial, mais ao comprobar que xa non funciona afirma que é hermafrodita, predominando nel o elemento masculino sobre o feminino. Cortiella non se conforma con esta declaración e faino recoñecer por un médico, que certifica a súa condición feminina.
O matrimonio, acurralado polas autoridades, ten que abandonar Galicia e diríxese ao Porto, onde vive tranquilo durante algún tempo. Pero o 16 de agosto as dúas mulleres son detidas pola policía, a petición da xustiza coruñesa, que decretara orde de procura e captura por matrimonio ilegal. As autoridades españolas pretendían facerse cargo delas decontado, mais as portuguesas negáronse a entregalas sen unha petición formal de extradición. Foron encarceradas e xulgadas polos delitos cometidos en Portugal, dos que resultaron absolvidas.
A prensa portuguesa, como antes a española, ocupouse delas polo miúdo, debido á enorme expectación que suscitaba o matrimonio sen home. As xentes do Porto, despois de seguir as súas andanzas polas rúas da cidade e comentar con humor o caso, apiadouse das dúas mulleres e ofreceulles solidariedade: cartos, compañía no cárcere, solicitude de indulto ao Goberno español...
Con todo, o refuxio que ofrecía Portugal tiña data de caducidade, pois fora aceptada a solicitude de extradición. Así que tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902.
En Bos Aires traballaron no servizo doméstico, o mesmo que outras moitas compatriotas. Pero como este tipo de ocupación non lles permitía vivir xuntas, en 1904 Elisa decidiu casar cun dinamarqués entrado en anos, posiblemente coa esperanza de que non lle restasen moitos anos de vida e de adquirir así os recursos económicos que lle permitisen retomar a convivencia con Marcela e a súa filla. O marido, ao saber que casara cunha das protagonistas do matrimonio sen home, denúnciaa, alegando, entre outros motivos, que se negaba a consumar o matrimonio. O xuíz, unha vez comprobado por tres médicos que Elisa era muller, decidiu sobreser o caso. A partir de entón, cando o poder deixa de se ocupar delas, pérdeselles a pista.
Autor/a da biobibliografía: Narciso de Gabriel Fernández (2009)
Extras sobre
Fragmento de artigo de Emilia Pardo Bazán “Sobre ascuas”
“Un matrimonio sin hombre I e II”. Artigo de Carlos Fernández
“A máis extraordinaria historia de amor”. Artigo de Manuel Rivas
“El asombroso final de la boda entre mujeres de 1901 en A Coruña”. Artigo de Rubén Ventureira
“Elisa e Marcela, alén dos homes”. Artigo de Xosé Manuel Sarille
“Marcela e Elisa. Un amor que conmoveu o mundo”. Especial elaborado por A.R. López e Montse Dopico

