- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María Cagiao
Creadora galega do século vinte coñecida como a pintora das flores

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Doméstico
María Cagiao Díaz nace na cidade da Coruña, os seus últimos anos transcorren en Oleiros, mais será a parroquia de Santa María de Rutis a que goce da María «pintora». Alí, desde o ano 1950 a 1965, viviu os anos de maior produtividade como pintora traballando no pazo da familia do seu home situado en Cordeda. Será no ano 1965 cando se traslade a Oleiros.
Da súa vida persoal téñense poucos datos. Sábese que casou, que tivo descendencia e que a familia constituía para ela un foco de interese, amor e preocupación constante. De feito, con frecuencia pintaba pensando máis en deixar algún patrimonio para os seus que en expor a súa obra.
A vocación de María era a pintura. Pintou moito e moi ben segundo as críticas publicadas na prensa da súa época. Estas loaron o realismo, precisión, refinamento e beleza coas que pintaba.
Case todos os seus cadros son óleos sobre lenzo que pinta sen debuxo previo e traballando rapidamente. Neles hai dúas características básicas: cor e luz. A temática da súa obra pictórica é variada, reflicte paisaxes, retratos, bodegóns e, sobre todo, flores. Isto fixoa ser coñecida como a «pintora das flores». Trátase do tema que máis lle gustaba e no que puña máis énfase por amosar o mínimo detalle. Pintou flores de todo tipo e cor reproducindo os modelos de xeito naturalista. Conseguiu pintar unha gran variedade de flores existentes no seu contorno, aínda que tiña especial debilidade polas rosas e moitos dos seus cadros teñen a rosa como tema.
Afortunadamente expuxo e vendeu obra que agora se atopa espallada por diversos países: Arxentina, Cuba, España, Estados Unidos, Inglaterra, Italia. Sábese que participou en exposicións realizadas en cidades galegas, como A Coruña ou Vigo, e igualmente fóra das nosas fronteiras: Salamanca, Madrid, Oviedo, León, Málaga ou Valencia. Chegou a expoñer en varias ocasións en Portugal; non obstante será a exposición permanente que tivo no Gran Hotel da Toxa a de máis peso para a súa traxectoria e coa que conseguiu máis renome.
Profundamente relixiosa, doou para a igrexa parroquial tres dos seus lenzos con temática floral que hoxe se poden admirar no colexio de Rutis-Vilaboa. E no fondo artístico do Círculo de Belas Artes de Lugo consérvase un dos seus óleos titulado, como non podía ser de outro xeito: Flores.
Morre no ano 1971 e cae pouco a pouco no esquecemento. Un centro social municipal de Vilaboa e unha rúa do concello de Culleredo levan o seu nome e manteñen así o recordo da artista.
OBRA:
Algúns dos títulos das obras de María Cagiao son:
Flores
Gladiolos
Rosas de té
Florero con rosas
Libro con flores
Joyero y rosa
Jarrón con rosas
Dalias
Cabeza de niño
Crucifijo
Autor/a da biobibliografía: Dolores Villaverde Solar (2009)