- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Pepa a Loba
Imaxe cimeira do bandoleirismo da segunda metade do século XIX en Galicia

Autor do retrato de Pepa Loba: Vítor Vaqueiro
Ámbitos de ocupación...
Acción político - social
Marítimo / Agrícola / Gandeiro
Pepa a Loba, personaxe que abala da realidade á lenda e da tradición oral ao testemuño escrito. Trátase dunha figura sobranceira protagonista de textos narrativos e históricos. Da súa vida ocupáronse, do punto de vista literario, A. Rey Soto (1918), A. Miras Azor (1968), B. Iglesias (2001), C. Laredo (2003) e C. G. Reigosa (2006); e, dende a perspectiva ensaística, V. Risco (1952), E. Chao Espina (1971), Costa Clavell (1980), B. López Morán (1984) e Mariño Ferro (1995). Áchase referenciada tamén na correspondencia persoal de Concepción Arenal e a súa repercusión alónganse até a música da man do grupo galego Heredeiros da Crus, que titularon o seu primeiro álbum A cuadrilla de Pepa a Loba.
A liña partidaria da súa historicidade sinala o seu nacemento no segundo terzo do século XIX, nun lugar impreciso chamado Moedo, outórgalle o nome de Pepiña e considéraa filla de nai solteira e, se cadra, dun albeite, individuo que, máis tarde, habería de violar a nai de Pepa, feito presenciado pola propia meniña. Desta acción derivou un embarazo e parto, en que a violada perdeu a vida. A consecuente orfandade da rapariga forzouna a levar unha vida difícil, tutelada por Dorinda, unha tía cruel e intereseira. Á idade de doce anos, o enfrontamento cun lobo que tentou atacar o rabaño de ovellas que Pepiña coidaba e a morte do animal perante a valentía da nena, que encirrou o seu can contra o atacante, foi o episodio que marcou a orixe da lenda e o seu alcume. Obrigada por Dorinda a exhibir o cadáver do animal, como mostra da súa fazaña, a Loba -agora así chamada- percorreu aldeas e camiños. Co devalo do tempo, pasou a traballar nunha tenda de ultramarinos propiedade dun irmán do seu pai, home que a acolleu, que lle sufragou a instrución básica e nomeouna herdeira universal.
O asasinato do seu tío, levado a cabo polo seu propio irmán -pai de Pepa- para se apoderar dos bens do morto, mudará o destino da muller. Acusada do crime e condenada nun xuízo amañado, pasa anos na cadea até a súa fuxida, vestida coas roupas do cura da prisión, a quen despoxara delas. Adquirida a liberdade, o seu primeiro acto será a busca de vinganza e de xustiza, e daralle morte ao seu pai coa axuda do seu can chamado Lueiro. Desde este instante, converterase en capitá dunha gavela de homes que cometerá crimes, roubos e asaltos en camiños, encrucilladas, facendas, pousadas e reitorais, situadas en lugares espallados pola xeografía galega como O Courel, Ferrol, Ourense, Ribadeo, norte de Pontevedra, Vilalba ou Mondoñedo. Tal dispersión xeográfica da súa acción suxeriu a hipótese de que en Pepa a Loba converxen, en realidade, distintas mulleres; outra hipótese que, xunto coa súa suposta procedencia –e lugar de refuxio-; da Serra da Loba, de onde tomaría o seu alcuño, contribúe a fortalecer os seus contornos míticos.
O perfil da Loba flutuará entre a opinión que salienta nela crueldade, salvaxismo, brutalidade, cólera e inxustiza –asegúrase que a súa máxima foi “home morto non fala”– e a que a define como un ser que, empurrado polas circunstancias, se ve na obriga de actuar destemidamente, aínda que mantendo doses de tenrura, rectitude e, sobre todo, afouteza, o cal lle permitiu capitanear, con man enérxica, a súa banda até, talvez, a fin dos seus días, feito acontecido en modo, lugar e tempo ignorados.
Fica por explorar a posible relación entre Pepa a Loba e a raíña Lupa, ou Loba. O feito de as dúas partillaren igual alcume, a confusión existente na vila de Lobeira entre ambas as persoas, a posesión de riquezas por parte da raíña, a consideración de que o tesouro supostamente existente na torre de Caldaloba, en Cospeito, pertence a Pepa a Loba ou a inflexibilidade no castigo dos delatores inducen a pensar nunha superposición de mitos populares.
Pepa a Loba achégase tamén ao personaxe folclórico galego da peeira de lobos, muller que, fuxida ao monte como consecuencia da acción dunha fada, leva a cabo actos reprobables.
Autor/a da biobibliografía: Noa García Martínez (2011)
Video...






Ligazóns...
- La vida mancha al lado de una central térmica. Fotogalería de denuncia
- Pepa a Loba, texto teatral adaptado por María Xosé Lamas e estreado o 18 de novembro de 2005 no Centro Dramático Vilalbés
- Entrevista de Manolo Romón a Carlos G. Reigosa en Libro Aberto da TVG. Emitido o 18 de outubro de 2006
- MARIÑO FERRO, X.R.: Leyendas, mitos y creencias de Galicia, Ramalleira-Vilaboa, Edicións do Cumio, 2008. Podemos acceder a un dos múltiples relatos da penosa vida da bandoleira nas páxinas 9-11.
Bibliografía...
- LLINARES, M.ªM: Mouros, ánimas, demonios. El imaginario popular gallego, Madrid, Akal, 1990.
- REIGOSA, C.G.: O doutor Livingstone, supoño. Vigo, Xerais, 1998, p. 155-182.
- CUBA, X. R.; REIGOSA, A.; MIRANDA, X.: Diccionario dos seres míticos galegos. Vigo, Xerais, 2004, p. 197-199.
- MARCO, A.: Diccionario de mulleres galegas (Das orixes a 1975). Vigo, Promocións Culturais Galegas, 2007, p. 234-235.
- MARIÑO FERRO, X.R.: Leyendas, mitos y creencias de Galicia, Vilaboa (Pontevedra), Edicións do Cumio, 2008 p. 9-11.