- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María Reguera
Activista a prol da universalidade da educación

Autor do retrato de Maria Reguera: Xabier Vieiro
Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Empresarial / Prof. Liberais
Docente
Investigación / Científico
Acción político - social
María naceu en Santiago de Compostela en xullo de 1756. Os seus pais, Antonio Reguera y Mondragón –médico do cabido– e Tomasa Leal, pertencían á pequena fidalguía establecida nas vilas e que exercía profesións liberais. Tiveron outros dous fillos: José Ramón –falecido nas Indias– e Tomás –que seguiu a carreira do pai.
A traxectoria vital de María deixa ver que recibiu unha educación esmerada. Era, sen dúbida, unha muller de ideas claras e forte personalidade. Casou tarde para a época (1788) e cun home recoñecido polas súas conviccións ilustradas, Manuel Freire Castrillón. Os dous compartían o credo liberal baseado en educación, felicidade e progreso.
Nos anos anteriores ao seu matrimonio, María vivía en Lugo, onde participaba activamente no debate social sobre a necesidade de mellorar a educación. Alí implicouse no traballo que desenvolvían o bispo Juan de Armanyá e o seu provisor, o doutor Juan Antonio de Castro, na promoción de tres novas escolas (dúas de nenos e outra de nenas) para a cidade.
Este pulo á educación tiña na agrupación local da Real Sociedad Económica de Amigos del País o seu principal puntal como pioneira na posta en marcha de escolas e métodos educativos. Nestas entidades asociativas era onde se debatían as iniciativas que buscaban a renovación intelectual, económica e mesmo política do reino, pero nelas as mulleres non eran aceptadas de bo grao. As bachilleras, como eran denominadas despectivamente as implicadas na Ilustración española, tiveron que loitar por lograr un espazo e non o conseguiron ata 1787, cando se autoriza a afiliación de mulleres ás Reais Sociedades Económicas. María Reguera non foi admitida na Real Sociedade de Lugo, pero permitíuselle a lectura dun discurso en 1788; nel facía unha acendida defensa da educación (de nenos e nenas) como instrumento único capaz de xerar «ciudadanos útiles y aplicados».
Casou en Santiago por esas mesmas datas, o que leva a pensar que había unha afinidade ideolóxica co seu marido, Manuel Freire, membro da burguesía urbana. A parella asentouse en Santiago, onde tiveron os seus fillos: Antonio, José, Joaquín, Fernando e Jacobo.
Nada máis sabemos da súa vida ata os seus últimos anos, pero coñecemos a traxectoria do seu home, un dos primeiros xornalistas galegos. El experimentou unha conversión ideolóxica singular: deputado nas Cortes de Cádiz polo distrito de Lugo, abandonou o credo liberal para abrazar o ideario conservador. Deixou as Cortes e voltou a Galicia para converterse no máis relevante e incendiario defensor das ideas ultramontanas, e chegou incluso a delatar a ilustrados e afrancesados; e mesmo estivo preso polos franceses no Castelo de Santo Antón.
Non sabemos como viviu María este cambio ideolóxico e esta vida azarosa, pero os datos dispoñibles dan a entender que, en certa medida, ela compartiu os posicionamentos de Manuel.
Ela e os seus fillos fixéronse cargo en Santiago dos negocios familiares a partir de 1820 –cando o goberno liberal levou a Manuel ao exilio, onde faleceu–; sufriron as represalias do novo goberno, cuxos partidarios causaron importantes danos no seu curtidoiro de Vidán e confiscaron os seus bens. Malia que á volta do réxime conservador reclamaron indemnizacións e propiedades, parece que a familia nunca se recuperou do golpe. Todo induce a pensar que a familia marchou a Madrid, onde un dos seus fillos se establecera como funcionario do Ministerio de Facenda.
A lectura da súa obra deixa clara a súa afección á paleografía –consonte as novas tendencias historiográficas– e o seu sentir sobre a educación. Xustifica a intervención do Estado como garante da súa calidade e da súa utilidade para a formación da cidadanía; resalta o seu valor para xerar o progreso e a felicidade das xentes; e defende o coñecemento das escrituras antigas e a necesidade de mudar as vellas letras –caóticas e difíciles de ler– para mellorar o ensino e a administración dos negocios e do Estado. Nas súas propias palabras: «Con la educación lograréis todo; sin la educación que conseguiréis? Nada».
![]() ![]() |
Autor/a da biobibliografía: dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio (2012)
Extras sobre María


Ligazóns...
- “Discursos leidos en la Real Sociedad de Lugo por Dª María Reguera y Mondragón. Núm. I”, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 99-106. Fonte: Google books (Consultado en novembro 2011)
- “Discurso segundo leido en la Real Sociedad de Lugo por Dª María Reguera y Mondragón”, Memorial literario, instructivo y curioso de la corte de Madrid, XV (1788), p. 226-233. Fonte: Google books (Consultado en novembro 2011)
Bibliografía...
- FERNÁNDEZ-QUINTANILLA, P.: La mujer ilustrada en la España del siglo XVIII, Madrid, Subdirección General de la Mujer, 1981.
- MORANT, I. (DIR.): Historia de las mujeres en España y América Latina. V. 2: El mundo moderno. España y América colonial, Madrid, Cátedra, 2005.
- SMITH, T.A.: The emerging female citizen: gender and enlightenment in Spain, Berkeley, University of California Press, 2006.
- REY CASTELAO, O. E RIAL GARCÍA, S.: Historia das mulleres en Galicia. Idade Moderna, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Igualdade ; Pontevedra, Nigratrea, 2010.