- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Rosa López Comunión
Concertista e mestra de pianistas

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Docente
Musical
Rosita -como foi coñecida toda a súa vida- puxo grande esforzo en ocultar a súa verdadeira data de nacemento; con todo, podemos calcular que naceu contra 1900 na cidade cubana de Cienfuegos, no seo da comunidade galega naquela cidade. O seu pai, Juan López Corcelet, foi o director do hospital galego e un coñecido masón que casou con Encarnación Comunión.
A súa afección á música, segundo ela mesmo conta, naceu cando tiña 4 anos e recibiu como presente un pequeno piano de xoguete, que conservou durante moitos anos. É evidente que o xenio musical aniñaba naquela rapaza xa que en 1915 deu por rematada a súa formación no conservatorio musical de Cienfuegos, no que foi premiada coa máxima distinción. A partir de entón, iniciaría unha vida centrada na música e a cabalo entre as dúas beiras do Océano.
Ampliou a súa formación no Conservatorio de Madrid, a onde chegou en 1915; alí tivo a oportunidade non só de mellorar senón tamén de coñecer grandes intérpretes e compositores. O seu labor foi asombroso e en 1919 recibiu o Primeiro Premio nas disciplinas de Piano e Harmonía; sería a primeira persoa en que concorrían ambas as distincións conxuntamente.
“Alta, rubia, fuerte. Sonríe siempre”, diría un xornalista sobre ela; “se encarnó en ella el espíritu de la música, mejor aún, que es ella misma el alma que la alienta y vive en las composiciones que interpreta”. Esta combinación e a súa extrema mocidade -algo que constantemente repiten as crónicas- levaron a Rosita a acadar moita popularidade, o que resultaba un tanto insólito nun tempo en que as mulleres comezaban a sacar a súa paixón musical fóra do ámbito privado para exercer sen complexos como intérpretes ou profesoras.
Contra 1920 asentouse en Compostela, nunha casa da rúa do Vilar, que era da súa tía Zoila López, viúva de Galí; viaxou con frecuencia a América para dar concertos e desenvolveu unha forte implicación coa comunidade cubana-galega, para a que organizou e actuou en moitos concertos benéficos (soa ou co barítono José Abella) a raíz das grandes inundacións de 1926.
Nestes anos a súa presenza na prensa galega é frecuente, ofrece mesmo algunhas entrevistas que nos deixan achegarnos á súa personalidade dun xeito máis directo, aínda que certamente filtrado pola visión dos xornalistas.
AGRADECEMENTOS
Carmen Losada
Discípula de Arthur Rubinstein, Conrado del Campo e José Tragó, orientou a súa carreira tamén como profesora coa creación, en 1923, dunha escola de piano en Santiago. O primeiro grupo estaba composto por 8 mozas, que acadaron numerosos premios. Esta dedicación docente foi a súa principal ocupación ao longo da súa vida e son moitas as súas alumnas e alumnos que hoxe son profesionais da interpretación e dirección.
En 1939 casou con José Daporta González, profesor da Universidade de Santiago e, coma ela, cubano de ascendencia galega. A súa foi unha voda cosmopolita e glamorosa, que debeu chamar a atención na escura Compostela da posguerra.
O matrimonio destacou sempre por ser unha nota de cor, sofisticación e apertura, que contrastaba coa conservadora sociedade local. Amantes das artes ?chegaron a ter unha colección de máis de 1500 pezas, entre elas un Gaugin?, da música, dinamizadores e benfeitores de mil e unha causas (en Galiza e en Cuba)..., a súa máxima excentricidade -que dirían as xentes daquel tempo- foi construír, no lugar coñecido como Selva Negra -un espazo de natureza vizosa nas abas do Monte Pedroso-, un pequeno estudo onde que Rosita puidese gozar da súa música.
Sempre cun sorriso e de espírito tenaz, Rosita sufriu nos últimos anos da súa vida unha trombose que a imposibilitou durante un tempo. Contan que as súas firmes conviccións relixiosas e o seu esforzo teimudo foron a forza que moveu a súa recuperación, que nunca chegou a ser completa.
Faleceu en 1982 en Santiago e na súa memoria foi instituído o Premio Internacional Rosa López Comunión, que cada ano premia o mellor intérprete de música española entre o alumnado dos Cursos Música en Compostela.
Autor/a da biobibliografía: dehistoria. Cultura. Historia. Patrimonio (2012)
Extras sobre Rosa
“De música. Los concursos del conservatorio”. Nota de prensa que da conta do momento no que Rosa López Comunión obtén Diploma de Primeira Clase de Piano no concurso anual do Conservatorio de Madrid
“Rosita López Comunión”. Esbozo biográfico e crónica da súa interpretación no Conservatorio
“Crónica musical”. Recolle unha imaxe de Concha López Comunión
“Una charla con la genial artista Rosita López Comunión”
“Se marcho la galleguita de adopción”. Nova da partida de Rosa López Comunión cara a Cuba
“Los socorros a los damnificados”. Crónica das actividades do comité de auxilio aos damnificados das inundacións de 1926 en Cuba. Rosita López Comunión deu varios concertos a prol desta causa e participou activamente na organización
“El concierto de mañana”. Anuncio do concerto de Rosita López Comunión a beneficio da Asociación Coruñesa da Prensa
“Nuestros placémenes”. Nota de recoñecemento a algunhas alumnas de Rosa López Comunión
“Un concierto en la Universidad”. Anuncio e crónica dun concerto de Rosa López Comunión na Igrexa da Universidade
“Una boda”. Crónica do casamento de Rosa López Comunión con Xosé González Daporta











Bibliografía...
- PINO, S. J.: “Una charla con la genial artista Rosita López Comunión”, Vida Gallega (20-9-1920)
- REY ALVITE, J.: “Tres pianos guardan silencio”, El Correo Gallego (20-3-1982)
- De la colección Daporta: [exposición del 5 al 29 de mayo de 1989, Sala de exposiciones del Centro Cultural Caixavigo], Vigo, 1989
- PINHEIRO ALMUINHA, R.: A la Habana quiero ir: los gallegos en la música de Cuba, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2008. Dispoñible en commons.folque.com [data consulta 9-4-2012]