- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Nieves Fariza Alonso
Unha activista pioneira na defensa dos dereitos das mulleres. Coñecida como «A Pasionaria Branca», «A desenterramortos» e, «A dos quilómetros».

Fonte: Arquivo da familia Martínez Fariza
Ámbitos de ocupación...
Docente
Acción político - social
Nieves Fariza Alonso nace en Cambados o 17 de xaneiro de 1911, mais foi en Ourense onde esta mestra e activista, a través do seu traballo, a súa coherencia ideolóxica e o seu talante progresista, nos ofreceu unha lección maxistral ao instituírse nun referente social e histórico do noso país e en abandeirada da causa da igualdade. De feito, como acertadamente sinala Rafael Cid (2005) en Carrilanos. Os túneles do tempo, «Nieves Fariza Alonso merecería ser incluída no pequeno grupo de mulleres galegas que, en tempos moi distintos aos actuais, lles roubaron aos homes o papel de líderes sociais que reservaban en exclusividade para eles» (p. 99).
En plena posguerra, Nieves rachou dun xeito rotundo e decididamente revolucionario cos estereotipos sexistas, traspasando a barreira que delimita o público do privado e superando simultaneamente as limitacións propias da época en que lle tocou vivir. Configurouse como unha auténtica pioneira na loita pola igualdade.
Boa mostra do seu comportamento precoz e transgresor atopámolo na súa etapa de mestra por terras de Celanova, cando non dubidou en amosar a súa oposición á Igrexa católica negándose a impartir clases de relixión. Deste peculiar xeito de posicionarse derivaría a súa persecución e condena a morte e, con elas, a necesidade de emprender a vía da fuxida e o acubillo, non sen antes esquivar á Falange. Para isto fixo uso dunha estratexia combinada de valor e enxeño que, paradoxalmente, a levaría a implorar axuda para salvar a vida do seu fillo pequeno aos mesmos que a buscaban para pórlle fin á súa propia existencia.
Posteriormente volvería experimentar este mesmo tipo de actitudes inflexibles cando rebelándose contra a inxustiza inherente á explotación dos operarios do ferrocarril e, por conseguinte, contra as miserables condicións en que se vían obrigados a sobrevivir coas súas familias se ergueu resolta contra os representantes das elites empresariais e políticas da capital. Da súa poderosa dialéctica derivaría unha sensible mellora nas condicións salariais dos obreiros ao lograr que se lles aboase o desprazamento ata os seus postos de traballo. Gaña deste xeito o sobrenome de «A dos quilómetros». A este cualificativo engadiríaselle tamén o de «A desenterramortos», de resultas do seu enfrontamento cos empresarios de MZOV para esixirlles o pago de pensións dignas ás viúvas dos carrilanos que, afectados pola silicose —o mesmo que lle acontecera ao seu marido—, carecían de seguridade social. Este último alcume ilustra graficamente o labor de convencemento que tivo que desenvolver con aquelas mulleres para que permitisen exhumar os cadáveres dos que foran os seus compañeiros e realizarlles a autopsia, único xeito que tiñan de reclamar a correspondente pensión, unha vez diagnosticado o seu falecemento polo «mal da vía» e que este foi admitido como doenza profesional.
Novamente o seu acto de rebeldía convértea en obxecto de persecución polos mesmos empresarios que se viran na obriga de compensar ás viúvas, os cales non dubidan en denunciala por exercer de laboralista sen estar en posesión do título e mandala á cadea. Foi esta unha etapa particularmente dura na que, de entre todos os avogados aos que vai recorrer a súa filla Marisa na procura de axuda, só o ourensán Luis Pérez Colemán accederá a representala diante dos tribunais.
Recuperada a súa liberdade, Nieves encargarase de obter a titulación requirida para evitar novas represións e, asociándose co que fora o seu defensor, abrirá na rúa do Paseo de Ourense un consultorio social en cuxa denominación queda recollida a súa actitude vital e profesional: «Adelante». O bufete habería ter continuidade unha vez rematadas as obras do ferrocarril nas sucesivas sucursais que se foron abrindo posteriormente en diversos puntos de Galicia, na conca mineira asturleonesa (de onde derivaría o sobrenome de «A Pasionaria Branca») e incluso na capital do Estado.
A loita de Nieves, que non a súa pegada, só se viu freada pola morte, acontecida en 1975.
AGRADECEMENTOS
José Emilio Martínez Fariza
José Emilio Martínez Conde
Autor/a da biobibliografía: M. Elena de Jesús Rodríguez (2012)
Extras sobre Nieves
“Los Carrilanos. La epopeya del tren en Galicia”, Faro de Vigo (21-12-2005)
“Áreas galegas con identidade propia. Máis que mestras”, El Correo Gallego (2-9-2007)
“Homenaje a medias para Nieves Fariza”, La Región>/i> (16-3-2008)
Homenaxe a Nieves Fariza Alonso con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e entrevista ao seu fillo José Emilio Martinez Fariza (2008)
“Nieves Fariza Alonso. Unha loita solitaria nun mundo de homes”. Artigo de Mª Elena de Jesús Rodríguez publicado en Xénero humano. Caderno de iguadade, nº 1 (marzo 2009), p. 37-44)











Ligazóns...
- Referencia a Nieves Fariza Alonso en As mulleres na historia (documento pdf), Liña do tempo: 8ª versión (15-06-2011), Comisión de Igualdade do Consello de Cultura Galega [ultima consulta: 11-9-2012]
- Homenaxe a Nieves Fariza Alonso na web carrileiros.com (marzo 2008) [ultima consulta: 11-9-2012]
- Nieves Fariza no Material didáctico da Asemblea de Mulleres do STEG [ultima consulta: 11-9-2012]
- Nieves Fariza no Blog Historia das nosas mulleres ourensás [ultima consulta: 11-9-2012]
- Nieves Fariza Alonso na web do Consultorio Técnico Social Fariza S.A. fundado por ela [ultima consulta: 11-9-2012]
Bibliografía...
- CID, R.: Carrilanos. Os túneles dun tempo, Vigo, Xerais, 2005.
- MARCO, A.: Diccionario de mulleres galegas, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral da Igualdade, 2007.
- JESÚS RODRÍGUEZ, M.E. DE (2009): “Nieves Fariza Alonso: Unha loita solitaria nun mundo de homes”. En: Xénero humano. Caderno de Igualdade, Ourense, Concello, Concellería de Igualdade, n.º 1 (2009), p. 37-44.
- MÉNDEZ LOIS, M.ª J. (COORD.): Mulleres na educación en Galicia, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, MUPEGA, 2009.