- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
La Bella Otero
Unha icona da Belle Époque europea

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Empresarial / Prof. Liberais
Musical
Agustina Otero Iglesias, "Bella Otero", naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de novembro de 1868 na parroquia de San Miguel de Valga. No libro parroquial está inscrito o seu bautismo o 20 de decembro dese ano como filla de pai descoñecido e de Carmen Otero Iglesias "A Piñeira". Naceu, pois, esta galega universal no mesmo ano en que a revolución chamada "A Gloriosa" estableceu no marco do estado español a democracia, o sufraxio universal e os dereitos do pobo obreiro e deu nacemento tamén á Primeira República e ao federalismo.
Como moitas mulleres galegas nesta época, Carolina foi filla de nai solteira. A súa nai tiña como oficio o de piñeira, é dicir, recollía piñas nos numerosos montes que rodeaban a vila de Valga para vendelas logo nos lugares das proximidades como combustible para dar lume e calor. Se Carolina non marchara de Galiza, seguramente a súa sorte e a súa vida pouco diferentes serían das da súa nai; mais a Bella Otero, ademais de fermosa, era unha muller intelixente e isto permitiulle acadar fama, espertar paixóns, acumular riqueza, aprender cultura e idiomas, cantar, bailar, participar en tertulias literarias, dilapidar amores e paixóns masculinas, pagando o prezo, iso si, de morrer soa na Niza que ela tanto amara nos días de gloria.
A súa vida estivo marcada como a de moitas mulleres naquela época e aínda hoxe por un acto de crueldade e violencia salvaxe: Carolina de Valga foi violada no monte Terroeira cando aínda non pasara case da nenez. Celso Emilio Ferreiro chegou a ver o sumario procesual pola violación que se instruíu no Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis co número 41 do ano 1879. Este sumario publicouno Prudencio Landín Tobío no Faro de Vigo. No BOP de Pontevedra o 9 de agosto de 1879 foi citado o violador Venancio Romero (en paradoiro descoñecido) para responder dos cargos imputados. Carolina tiña apenas 11 anos e, segundo as crónicas da época, o seu estado tras a cruel violación era de tal gravidade que foi trasladada cunha enorme hemorraxia ao Real Hospital de Santiago. A nena conseguiu recuperarse das feridas, mais este feito tráxico deixou na súa vida unha secuela física e psíquica permanente.
Pouco se sabe da súa traxectoria e andaina desde que sae do hospital até a súa aparición en Cataluña e logo xa como artista en París. As noticias e os feitos desta etapa forman parte da lenda, do misterio, da verdade e da fantasía que sempre acompañaron a vida da Bella Otero. Seguramente precisou dunha aprendizaxe dura e difícil, dun traballo para poder triunfar no mundo artístico. O baile, o movemento do seu corpo, a súa sedución nos escenarios non foron só produto da súa beleza senón tamén da súa intelixencia, do seu tesón e do seu bo facer. A súa vestimenta, as súas xoias, a súa vida, as súas conquistas masculinas serviron de base a novelas, crónicas xornalísticas, series de postais e mesmo películas. Os homes ricos e poderosos que con ela se relacionaron (príncipes, tsares, ricos empresarios...) e que, nalgún caso, chegaron ao suicidio na busca do seu amor e da súa posesión contribuíron tamén a engrandecer a lenda da Bella Otero. Mais hai que sinalar que gran parte desta riqueza quedou nos casinos, moi especialmente no de Montecarlo, onde a súa ludopatía consumiu en gran parte esta inmensa fortuna.
Se cadra é menos coñecida a súa faceta de muller que soubo relacionarse coa cultura da época, pero a Bella Otero tivo contactos coas mulleres sabias que se reunían en París no Círculo Sáfico. Michel del Castillo fala, na súa obra Colette une certaine France (1999), sobre Colette e a súa época, deste mundo de cultura e de lesbianismo no que tanto a escritora como a propia Carolina se atoparon e se relacionaron. Este círculo de sabias parisienses estaba constituído por mulleres de enormes fortunas que cultivaban a poesía, o canto e que facían "cadros vivos", representacións pictóricas, moitas veces espidas, que provocaron un enorme escándalo na sociedade parisiense desta época, é dicir, nos chamados "tolos anos vinte" e nos que sobresaíron os nomes de Lucie Delarue, Romaine Brooks, Natalie Clifford-Barney ou Liane de Pougy, a eterna rival de Carolina Otero como artista. É posible que incluso Colette recibira clases de baile da Bella Otero.
Como moitos emigrantes galegos que atoparon fortuna noutras terras, Carolina quixo tamén deixar as súas riquezas, que xa non tiña, ás xentes máis pobres da súa Valga natal para que, quizais, non tivesen que emigrar como tivera que facer ela e foi así como esta muller artista, filla de nai solteira, que fixo da súa vida e da súa existencia aventura e lenda, nos últimos anos da súa vida deixou unha carta escrita oficialmente, a través do embaixador, ao alcalde da súa vila para notificarlle que os beneficiarios do seu testamento serían as xentes máis pobres de Ponte Valga de Galicia, provincia de Pontevedra. A partida de defunción de Carolina ten data do 10 de abril de 1965 en Niza. Unha das galegas máis universais tiña, pois, 97 anos cando morreu.
Autor/a da biobibliografía: Encarna Otero Cepeda (2007)
Extras de La Bella
Extras sobre La Bella
Carolina Otero, de Marga do Val
"La Bella Otero, de estrella a primera víctima de la censura en el cine", La Voz de Galicia (02/04/2015)








Ligazóns...
- Carteis de "La bella Otero" (1954)
- AL TREINTA Y CINCO ROJO por Carmen María
- Agustina Carolina Otero Iglesias "La Bella Otero"
- La Bella Otero
Bibliografía...
- PIÑEIRO ARES, J., Trágica infancia de Agustina Otero Iglesias, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1984.
- BOROBÓ, La tremenda niñez de la Bella Otero, Santiago de Compostela, El Correo Gallego, 1992, (Biblioteca 114)
- CASTILLO, M. DEL, Colette une certaine France, París, Stock, 1999.
- POSADAS, C., La Bella Otero, Madrid, Planeta, 2001.
- ROMERO LORENZO, M. (MARGA DO VAL), Carolina Otero, Vigo, A Nosa Terra, 2001, (Mulleres; 4)
- CHAO, R., A paixón de Carolina Otero, Vigo, Galaxia, 2002.