- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Enriqueta Otero
Mestra e guerrilleira antifranquista, presa vinte anos nos cárceres franquistas

Ámbitos de ocupación...
Docente
Literario / Letras
Acción político - social
Médico / Sanitario
Como mestra exerceu en varias escolas da provincia de Lugo (San Cosme de Barreiros, Ferreirós e Montefurado), no colexio Gómez Baquero de Madrid e, de regreso a Galiza, en San Pedro de Cea de Vilagarcía de Arousa. En 1936 recibiu unha bolsa de estudos en xordomudos, polo que se trasladou ao Colexio Nacional de Xordomudos de Madrid.
Ao estalar a Guerra Civil, dedicouse á evacuación de cativos ao Levante. Logo traballou como enfermeira no Hospital Militar de Carabanchel, no que fixo parte do Comité de Control Obreiro. En xaneiro de 1937, incorporouse como miliciana da cultura á defensa de Madrid no Exército do Centro, na Primeira Brigada Móbil de Choque da 46ª División, dirixida por Valentín González, El Campesino . Participou na creación de varios fogares-soldado ou hospitais-escola. Fíxose cargo dunha gardaría para os fillos dos soldados, montou algúns hospitais e organizou un hotel de repouso para as viúvas e compañeiras dos soldados, todo na provincia de Alacante.
Co golpe do coronel Casado aliñouse coa política de Negrín e dos comunistas, foi detida por membros socialistas do Consello Nacional de Defensa e conducida ao cárcere da Ronda de Atocha madrileña e logo á prisión de Ventas. Un día antes da rendición de Madrid, o 27 de marzo de 1939, foxe xunto a outras presas.
Consegue chegar a Lugo, á casa do párroco da Nova, ata onde a alcanzou a persecución policial, se ben librou grazas ao crego. Nestes primeiros meses de semiclandestinidade, acubíllase en varias vilas da provincia, sempre baixo identidade falsa. Houbo un novo intento policial por capturala en 1942. Comezou a establecer conexións cos fuxidos e cos antifascistas de Becerreá, onde colaborou nunha primitiva estrutura guerrilleira. Sen contactos co PCE ata 1944, a súa influencia política e organizativa en parte da provincia de Lugo percibiuse no posterior medra política e guerrilleira provincial.
En 1944 formou parte do Comité Provincial de Lugo e o ano seguinte mantivo relacións directas co PCE. En febreiro dese ano foi responsable de finanzas e de organización. Malia a caída dalgúns cadros, o partido chegou a contar en toda a provincia cun cento de militantes e ducia e media de guerrilleiros.
O seguimento sobre o PC de Lugo e sobre Enriqueta Otero intensificouse a partir de finais de 1945 e principios de 1946. En xaneiro deste último ano varias caídas afectaron xa a toda estrutura provincial; en febreiro caeron ata cincuenta persoas vinculadas á resistencia.
O 16 de febreiro de 1946 foi detida en Lugo, xunto con Xosé Vicente Rodríguez. Antes da detención, resistiu tres horas o acoso policial pero ao ser ferida nunha perna, foi apresada. Ameazada e duramente torturada, a intervención dalgunhas antigas profesoras salvouna de ser asasinada.
Acusada dun delito de rebelión militar e de actividades comunistas, no seu consello de guerra celebrado en Coruña en xullo de 1946 foi sentenciada a trinta anos por rebelión militar e catro anos por un atentado contra a autoridade.
En outubro de 1946 foi trasladada ao cárcere de Amorebieta e a finais de novembro ao de Segovia, no que pasará cinco anos baixo deplorables condicións hixiénicas, médicas, climatolóxicas e alimentarias, polo que participou nas folgas de principios de 1949, que reivindicaban melloras carcerarias.
En outubro de 1951 foi enviada ao penal de castigo de Guadalaxara e meses despois confinárona no penal de Alcalá de Henares, no que conseguiu a liberdade condicional en 1960. A definitiva houbo de esperar ata 1965.
Ao saír da cadea recuperou parte das propiedades familiares incautadas, perdeu outras e abriu un longo contencioso-administrativo para ser rehabilitada como mestra nacional, o que conseguiu en outubro de 1974. Tras pasar por diferentes escolas, onde intentou promover certas actividades culturais de base, xubilouse en 1980.
Tres anos antes creara a Asociación Popular O Carriño, inspirada nas Misións Pedagóxicas republicanas, como un espazo de cultura, reflexión e discusión, afastado do ensino tradicional.
Morreu o último día de outubro de 1989 e foi enterrada na súa parroquia natal, envolta na bandeira republicana, evocada como «a última guerrilleira galega, a Pasionaria do pobo galego».
![]() ![]() |
Autor/a da biobibliografía: Ángel Rodríguez Gallardo (2007)
Extras de Enriqueta
“Nuestra guardería”. Artigo de Enriqueta Otero publicado o 14 de xuño de 1937 en Al Ataque
“La compañera de Piera”. Artigo de Enriqueta Otero publicado o 3 de xullo de 1937 en Al Ataque
Carta de María de los Dolores (Enriqueta Otero) a Martín (guerrilleiro) con data 4 de novembro de 1945
Carta na que Enriqueta suplica indulto con data 30 de novembro de 1961
Documento no que se certifica a boa conducta de Enriqueta Otero con data de 11 de outubro de 1961
Documento con data 19 de maio de 1965 segundo o que se lle outorga a Enriqueta Otero Blanco a súa liberdade definitiva
Ficha carceraria de Enriqueta Otero
“Oración a Rosalía”. Poema de Enriqueta Otero Fonte: Consello da Cultura Galega. Colección Recuperación da documentación e memoria do MFOG
“Habla Enriqueta Otero”. Transcrición dunha das Intervención de Enriqueta Otero nas II Xornadas de Feminismo Independente celebradas en Vigo no mes de xuño de 1981
Extras sobre Enriqueta
Portada de Al Ataque. Órgano da primeira brigada movil de choque, publicación na que Enriqueta publica varios artigos
Croquis de actuación de guerrillas en Lugo
Gráfico policial do PCE de Lugo
Selo do Comité Provincial de Lugo
“Enriqueta Otero. Una hormiga llena de fuerza”, La mujer feminista. Revista de la Unión de Mujeres Feministas, nº7 (decembro – xaneiro 1984), p. 10-11












Bibliografía...
- ARRIZADO, P., “Enriqueta Otero. As mil argalladas dunha resistente”, A Nosa Terra, , n. 97 (1980), p. 7-8
- GONZÁLEZ ARAUJO, I., “Enriqueta Otero: un intento de revolución cultural desde Lugo”, en Marco López, A. (coord.), Simposio Internacional Muller e Cultura , Santiago de Compostela, Universidade, 1992, p. 199-203.
- RODRIGO, A., “Enriqueta Otero Blanco”, en Mujeres para la historia. La España silenciada del siglo XX , Madrid, Compañía Literaria, 1996, p. 307-323.
- RODRÍGUEZ GALLARDO, A., “Enriqueta Otero: mestra, miliciana da cultura e guerrilleira”, Dezeme. Revista de Historia e Ciencias Sociais da Fundación 10 de Marzo, n. 9 (2004), p. 54-61.
- RODRÍGUEZ GALLARDO, A., Letras armadas. As vidas de Enriqueta Otero Blanco , Lugo, Fundación Dez de Marzo, Concello de Lugo, 2005.