- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
María Balteira
María Pérez, a Balteira, unha vida imprecisa entre a historia, a literatura e a lenda

Autora do retrato de Maria Balteira: María Esteirán
Ámbitos de ocupación...
Artístico
Político - Institucional
Relixioso
Musical
María Balteira foi a máis sonada das soldadeiras da nosa época medieval. As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e recibían por iso unha soldada, de aí o nome. Nas ilustracións do Cancioneiro de Ajuda aparecen danzando, tocando as castañetas ou o pandeiro na compaña do xograr que tanxe unha guitarra ou unha viola.
Temos noticia da Balteira polas cantigas de escarnio que lle dedican dez trobadores, verdadeiro arquetipo do que na actualidade se deu en chamar anti-retrato ou retrato descortés. Pedro Amigo de Sevilla e Pedro de Ambroa, betanceiros ambos os dous; Pero da Ponte e o propio Afonso X o Sabio son algúns dos autores que fixeron dela albo das súas burlas. Por eles coñecemos unha muller paradigma de todos os vicios e transgresións que a época condenaba, malia ser parte deles, nun exercicio de dobre moral. Boca xuradora; practicante do tiro con bésta en competición cos homes; xogadora de dados; trampulleira no xogo; libre no xeito de xacer con cregos, escolares, xograres, etc.; transmisora de doenzas venéreas e supersticiosa.
Como no caso das demais soldadeiras, non se fai ningunha referencia á súa arte. Eran tempos en que, teoricamente, a muller só podía elixir entre practicar o amor santo no claustro ou no matrimonio, lonxe do pracer, ou ser soldadeira para gozar malia entrar nunha certa marxinalidade. Isto explica a opción de María Balteira que, sendo fidalga e posuíndo bens de seu, elixe un oficio próximo á prostitución. Sábese que frecuentou as cortes de Fernando III o Santo e Afonso X o Sabio. Segundo as cantigas, participou nunha cruzada; non se coñece con certeza se a de 1248 ou a iniciada en 1269 por Xaime I de Aragón. Menéndez Pidal sitúa a viaxe arredor de 1257. Tamén dos textos medievais infire este a súa relación cos mouros da familia Beni Escallola, arraeces de Málaga, Guadix e Comares que, apoiados por Afonso X, se rebelaron contra o rei de Granada. Aventura a tese que o Rei Sabio utilizaría a soldadeira para os seus fins políticos, pola especial proximidade que María Balteira mantivo con Fi de Escallola. Nese momento a muller di que descre do poder de excomungar de Roma para afirmar que só a Meca pode absolver. Mais, á fin da súa vida, o medo ao inferno lévaa a querer confesar sen conseguir outro arrepentimento que o da idade: "Son vella, ai capelán". Esta queixa que Menéndez Pidal atribúe á Balteira, lévanos a considerar que el a identifica coa soldadeira María Leve da cantiga de Joam Vasques de Talaveira, identidade da que moitos estudosos, cando menos, dubidan.
Nada se sabe do lugar e data da súa morte e soterramento. Hai un diploma de 1257, citado por Martínez Salazar, no que "dona María Pérez cede unha rica herdade da súa nai aos monxes cistercienses de Sobrado, a cambio dunha renda vitalicia que ha cobrar na súa casa de Armeá [sic] (Coruña). Dona María debe facer servizo ao mosteiro ‘así como familiar e amiga’, e á súa morte os monxes levarana a Sobrado nun ataúde cuberto de tres varas de estanforte vermello, e daranlle dó cumprido de familiar", do que tamén informa Menéndez Pidal. Mais non se atopa ningunha referencia verbo de se, andando os anos, cumpriu ou non a devandita manda. Este documento dá conta tamén do propósito da Balteira de ir a unha cruzada.
Fica a dúbida sobre que datos das cantigas responden á súa auténtica biografía porque estas son un tópico literario en que conflúe a sátira dos autores co ánimo de facer rir, como afirman Sholberg e outros, lonxe dunha intención moralizadora. En todo caso, a visión que se nos ofrece responde ao imaxinario masculino da época, cheo de prexuízos machistas, a cimbrar entre a veneración ás santas e o vituperio ás soldadeiras, entre as Cantigas de Santa María ou as Cantigas de Amor e as obscenidades das de Escarnio. Mais a lenda desta muller traspasa os séculos e segue inspirando a autores e autoras dos nosos días que a ven como unha avanzada do carpe diem, leda e gozadora, e tamén como un ar de liberdade nas ríxidas normas coas que o sistema patriarcal marcou sempre o territorio feminino. Neles, María Balteira renace outra, como se a literatura, que antes a abaixou, a quixese rehabilitar agora e elevar á categoría de heroína patria. En todo caso, María Balteira é excepción ou é a punta do iceberg dun conxunto de mulleres ousadas? Non se esqueza, de calquera xeito, que ela pertence a unha nación, Galicia, cunha marcada tradición artística feminina, desde as puellae cantoras a que se refiren clásicos como Estrabón ou Lilio Itálico, ata na continuación diacrónica, a "meniña gaiteira", de Rosalía de Castro.
Autor/a da biobibliografía: Marica Campo (2007)
Extras sobre María
“A mulher nos cancioneiros. Notas para um anti-retrato descortês”.
“María Balteira, muller leda sen lei: a loanza oculta no poema de Lorenzo Varela”.
María Pérez, Balteira, ou, María Balteira na Literatura medieval. Escolma de textos
María Balteira na literatura contemporanea
“María Balteira, señora do tempo pasado”.
A verdadeira cruzada de Maria Pérez
Fascinante cantante e compositora. Así presenta Patricia Adkins Chiti a María Pérez Balteira en "Las Trobairitz"
VENTURA, Joaquim: "O contrato de María Pérez Balteira con Sobrado"
Multimedia...
- A QUENLLA: María Balteira. Letra: Darío Xohán Cabana. Música: Xosé Luis Rivas.
- SUSANA CALIGARIS, soprano. ANDRÉS SPILLER, director. María Balteira. Letra: Lorenzo Varela. Música: Julián Bautista.

















Ligazóns...
- Informa da composición Catro cantos galegos do músico Julián Bautista. É o resultado de lle pór música aos “Catro poemas para catro grabados” de Lorenzo Varela.
- Arredor da pregunta de se a literatura satírica galego portuguesa é literatura ou socioloxía.
- Carlos Barros estuda os paradoxos da historiografía no desenvolvemento da literatura medieval. No epígrafe “A muller: ou santa ou soldadeira” sinala o desfase entre literatura e realidade.
- Textos para a historia das mulleres en Galicia. Coord. Mª Xosé Rodríguez Galdo.
Bibliografía...
- MENÉNDEZ PIDAL, R., Poesía juglaresca y juglares. Aspectos de la historia literaria y cultural de España, 8ª e. Madrid, Espasa-Calpe, 1983.
- BREA, M. ET AL., “As cantigas de escarnio e maldicir”, en Galicia, Literatura. XXX , A Coruña, Hércules, 2000.
- DOBARRO PAZ, X.M., “María Balteira”, en Gran Enciclopedia Galega. XXVII, Lugo : El Progreso-Diario de Pontevedra, [2003].
- GARCÍA NEGRO, Mª P: “Estudo introdutorio”, en CAMPO, M., Confusión de María Balteira, A Coruña, Biblioteca-Arquivo teatral “Francisco Pillado Mayor”, 2006.