Porque as Letras viven máis aló do dezasete, a piques de rematar o Ano de María Mariño como escritora central do Día das Letras do ano 2007, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propuxo este encontro para o debate, a análise e a celebración. A escolla de María Mariño abriu os portóns a unha obra e a unha autora que resistiu silenciosa e escura nas marxes do canon literario e dos andeis. Meses despois compría ver se realmente entrou o aire, se se iluminou a estancia, se podemos entrar e entramos na casa literaria de María Mariño. Non se trata de recompor o crebacabezas senón de entender as súas pezas e as súas crebas.
Presentación
Henrique Monteagudo e María Xosé Agra Romero presentan unha
xornada que se divide en dúas partes: mesa redonda e recital poético
.
A Mesa redonda
Plantexouse unha reflexión en torno a estas cuestións:
Para que serviu o ano de María Mariño? Remocicaron as Letras
nas sombras do Courel e da autoría? Que fica tras os pasos á
procura do mundo dos furados? É Noia distinta? Crebar a lingua, tensar
o idioma, abríronse os portóns? Que vento escoitamos agora na
fosa de altura? Cóase Palabra no tempo e Verba que comenza polas fendas
do canon? Independizouse María Mariño dos adxectivos? Lémola?
Lerémola outra? Meses despois, que sabemos?, que queremos saber?
Foi presentada e moderada por Rosario Álvarez.
E contou coa participación de Carmen Blanco, Pilar García Negro,
Helena González e Esperanza Mariño
Primeira parte
Segunda parte
.
.
O recital: María Mariño na voz das poetas dos noventa
O segundo libro de María Mariño edítase en 1994 o que
a convirte nunha poeta máis dos anos noventa do século XX. Neste
sentido sentido son tamén poetas dos noventa as catro poetas que dan
forma a este recital presentado por Ana Romaní e no que Yolanda Castaño,
Lupe Gómez, María Lado e María do Cebreiro fan a lectura
dun poema de María Mariño e outros da súa propia autoría
.
.
Presenta Ana Romaní 00:00
Yolanda Castaño 02:25
Inda vou na mesma meniña... (poema de Maria Mariño), Maquillaxe,
A historia da transformación
Lupe Gómez 12:43
Palpas os tempos, lambes as terras... (poema de Maria Mariño), Carta
para un armario, Poema cheo de zapatos, A nena Fela
María Lado 26:01
Aqui che deixo meu peito canso... (poema de Maria Mariño), No cabo
máis occidentalda costa..., Iso parece...
María do Cebreiro 30:42
Está caendo a folla e en min nace primaveira... (poema de Maria Mariño),
Todo o ouro do mundo