- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
Xénero e documentación II: A recuperación da memoria do Movemento Feminista
![]() O desenvolvemento do movemento feminista e, máis concretamente, a emerxencia de grupos e colectivos de terceira onda (segunda metade de século XX), resultan de interese fundamental á hora de entender e explicar as transformacións cualitativas e cuantitativas relacionadas co lugar social ocupado polas mulleres no escorrer da historia galega e universal e é unha das chaves para entender o enfoque de xénero. Este aglutina unha parte importante das investigacións máis actuais e constitúe a base sobre a que as institucións elaboran programas e medidas para corrixir as desigualdades entre os sexos. Consciente disto e, seguindo a liña de actuación iniciada en 2007 coas xornadas Xénero e documentación I, no ano 2012 a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega propón ás persoas vinculadas con arquivos, centros de documentación e bibliotecas unha achega ao tratamento da documentación (recuperación, conservación, posta en valor e difusión) producida por organizacións de mulleres, en agrupacións autónomas e mixtas, identificadas co feminismo. As xornadas xénero e documentación dirixironse ao persoal que traballa en centros documentais, ao estudantado ou tituladas/os nos ámbitos de Biblioteconomía, Documentación e Humanidades e, a persoas que de maneira individual ou colectiva se interesan na conservación deste tipo de fondos. Xénero e documentación II. A recuperación da memoria do movemento feminista |