- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
Zambrano-Dieste: O legado de dúas figuras insubornables
![]() A recuperación da memoria vén sendo xa un lugar común que deixa de ter sentido se non serve como espazo de transformación. María Zambrano Alarcón (1904-1991), unha das figuras claves da filosofía do século XX, e Rafael Dieste (1899-1981), escritor da xeración do 27, son dúas persoas comprometidas e enraizadas na cultura popular. A súa relación intelectual iníciase na Segunda República e estréitase a través da súa participación nas Misións Pedagóxicas e noutras iniciativas culturais. Pensar as súas relacións e producións é pensar tamén no futuro. Zambrano e Dieste asomen non só o peso da nosa memoria histórica senón tamén a necesidade de repensar as súas motivacións e as súas achegas. Rafael Dieste e María Zambrano deixáronnos unha obra construtora de pontes, altamente renovadora, aberta a tempos e espazos de pluralismo. Foron capaces de xerar unha nova canle expresiva portadora da palabra precisa para construír espazos de opinión pública. Ela e mais el conxugan o rigor da palabra e a liberdade vital. Non obstante, fan parte dos e das novas “non cidadás”, das e dos “transterrados”, dos e das “olvidadas” da nosa historia recente. É por iso que esta xornada tivo como obxectivos: achegarnos ás súas obras, pensamentos e relacións; propiciar un espazo para o estudo e a emerxencia de novas lecturas; e recuperar o noso legado próximo, o legado de dúas figuras insubornables. |