- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
inicio / cartografias / Mary Quintero
Mary Quintero
María del Carmen Quintero Corredoira (Melide, 9 de novembro de 1931) foi a maior de catro irmáns nunha familia dedicada á fotografía. O seu pai, Aurelio, e a súa nai, Amadora, posuían un estudo onde a precoz fotógrafa medrou aprendendo técnica e arte a un tempo. A súa nai destacara na técnica de dar cor a fotografías en branco e negro, técnica artística moi en boga antes da Primeira Guerra Mundial e da que en Galicia non se coñecen outros precedentes de mulleres que a practicasen. Sendo aínda adolescente, estudou en Madrid retoque fotográfico con Pedro Jaraba e pintura con Carlos Pascual de Lara. Nesa etapa coñeceu o fotógrafo húngaro Juan Gyenes.
Mary Quintero foi o seu nome profesional desde a súa primeira exposición, cando tiña 16 anos, no Círculo das Artes de Lugo, a onde se trasladara o estudo familiar. Casada co empresario José Manuel Álvarez Varela -que sempre apoiou a súa vocación e co que tivo dous fillos e dúas fillas-, trasladouse a Vigo logo de facer varias exposicións de moito éxito. O seu estudo, de gran sona na época, estivo no centro da cidade durante décadas e chegou a contar cun equipo de ata once persoas.
Interesada polos grandes avances técnicos que experimenta a fotografía na segunda metade do s. XX, foi incorporando novidades ao seu traballo, entre elas salienta un proxector de fondos que chamou moito atención pola importancia para ambientar as súas composicións fotográficas. Desde os anos 70, foi frecuente a súa presenza en encontros profesionais en España e no exterior. Alén de ser considerada unha notable cronista da sociedade do seu tempo, fixo incursións no cartelismo ao recibir o encargo de facer as fotografías de candidatos a diferentes convocatorias electorais.
Colegas seus coma Schommer, Maspons, Lucas ou Vargas tiveron en alta consideración a súa figura, que tamén acadou o recoñecemento institucional co nomeamento como Viguesa Distinguida e coa Medalla de Bronce da Xunta de Galicia.