- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
inicio / cartografias / Pascuala Campos de Michelena
Pascuala Campos de Michelena
Construír un refuxio con fío e papel. Fíxoo Pascuala Campos de Michelena como traballo de aula en segundo de carreira e trazou aí, sen sabelo, algunhas das marcas que logo conformarían a súa personalidade como arquitecta. A súa é unha obra ganduxada cos materiais da vida, moi afastada nalgunhas das súas formulacións das medidas e dos volumes canónicos da súa profesión. Esa heterodoxia dótaa dunha perspectiva singular. A preocupación pola vida cotiá das persoas comúns e a necesidade crear outros espazos para acoller outros corpos e vidas máis felices nutren a súa maneira de pensar a arquitectura: “A organización xerárquica do espazo ten que ver con corpos invadidos. A recreación do espazo ten que ver con corpos habitados”.
A República e a Institución Libre de Ensinanza marcaron os primeiros anos de vida de Pascuala Campos de Michelena malia que naceu en 1938, na posguerra dunha contenda que marcaría a fondo a súa vida de nena en Xaén. O seu pai, Francisco Campos Carrasco, veterinario e capitán do exército republicano, vai ser encarcerado tres veces, sálvase da pena de morte pola mediación dun familiar. A nai, María del Carmen de Michelena Morales, foi unha mestra educada segundo os principios da Institución Libre de Ensinanza, que ela mesma aplicará na educación das súas fillas. Pascuala Campos de Michelena medra aí, nese mundo, unha illa luminosa na escuridade da España da ditadura.
En 1960 aproba o exame de ingreso na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e comeza os seus estudos nunha profesión de forte pegada masculina, só catro mulleres se matriculan en primeiro naquel ano. Co tempo Pascuala Campos de Michelena formará parte do conxunto de mulleres que, desde os anos 70, traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos.
A súa preocupación pola análise do espazo construído e a reflexión sobre feminismo e arquitectura van parellas á súa propia experiencia vital. A finais dos anos 70 forma parte do grupo inicial de Feministas Independentes Galegas (FIGA), participa na organización das Xornadas de Feministas de Vigo e asiste ás de Donostia e Granada. Asiste tamén aos Congresos Internacionais de Mulleres Arquitectas de París e Berlín e participa no Seminario Permanente Mujer y Ciudad, no que codirixe, entre outros, o curso sobre "Urbanismo y Mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado". Foi pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia neste campo. Cunha investigación titulada Espazo e Xénero, consegue a cátedra de Proxectos Arquitectónicos da Universidade da Coruña. É a primeira muller que obtén este título no conxunto das universidades do Estado.
Considera que as decisións sobre o espazo foron tomadas polo colectivo masculino con base en intereses propios, interésanlle as arquitecturas que acompañan, os espazos que favorezan as relacións humanas, as arquitecturas para a vida e apunta: “Habitar unha casa significa ser libre para poder permanecer nela”.