- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
inicio / cartografias / Xohana Torres
Xohana Torres
Autora de referencia imprescindible na literatura galega contemporánea
“Sen que ninguén o impida son a dona dos mapas,
anego estancias, adiántome ás eclipses,
entro nas furnas, tomo baluartes...”
anego estancias, adiántome ás eclipses,
entro nas furnas, tomo baluartes...”
A intensidade da voz poética de Xohana Torres nace dunha altísima esixencia: o respecto a si mesma e polo tanto a lectores e lectoras. Así, nesa coherencia, constrúe unha obra literaria que atravesa a segunda metade do século XX e o que ha vir, coa irreverencia da súa propia necesidade. Estamos diante dunha voz necesaria. Pode pois, sen que ninguén o impida, adiantarse as eclipses, entrar nas furnas, tomar baluartes. E faino.
Autora de referencia imprescindible na literatura galega contemporánea a súa é unha obra escollida e esixente que se construíu orixinalísima nuns tempos complexos. Innovadora e enriquecedora das tendencias que marcaron a poesía galega desde os anos cincuenta, ao longo das décadas foi elaborando un corpus creativo de gran solidez. Poeta, dramaturga, narradora, a medida voz literaria da autora modelase contida e afastada, nos últimos anos, do espazo publico.
O seu periplo vital esténdese do Ferrol da infancia e mocidade ao Vigo da madurez onde reside, pero a paisaxe emocional afírmase tamén nas ribeiras do Avia coa poderosa imaxe da súa avoa, e nos mares das navegacións reais, viaxa por Europa, Asia e África, e as soñadas. Mar, tempo, terra no substrato dunha poética da indagación que sorprende a critica e lectores e lectoras desde os seus primeiros libros. Situada na Xeración das Festas Minervais a pegada da súa obra supera contextos xeracionais e esténdense plena e cómplice nas poéticas últimas nas que a súa voz resoa. Nos anos de mocidade desenvolve unha intensa actividade cultural, colabora en revistas, participa en recitais poéticos, actos literarios, rexistros sonoros en homenaxe a Cunqueiro, Castelao... O labor cultural de Xohana Torres ampliase ademais a ámbitos menos frecuentados nos anos sesenta, a súa relación co grupo Teatro Estudio de Ferrol evidencia o seu interese polo xénero que logo cultivaría como autora. En Radio Ferrol realiza o programa “Teresa” e no ano 1965 dirixe, na emisora La Voz de Vigo, “Raíz e Tempo”, o primeiro programa cultural en lingua galega trala guerra civil . É autora así mesmo dun ensaio sobre San Andrés de Teixido, traballos sobre teatro, traduce ao galego, escribe literatura para o publico lector mais novo, e publica con tempo medido obras de narrativa, teatro e poesía. A revisión contemporánea da súa obra subliña a amplitude dun territorio poético singular e persoal
Tal vez pola singularidade da súa obra literaria, e tal vez tamén polo seu afastamento do espazo publico e os medios de comunicación, os outros labores culturais de Xohana Torres pérdense na sombra, escasas referencias documentan un traballo que precisa ser revisado. Esta cartografía do Álbum de mulleres asoma con ese obxectivo: procurar as superficies, os perfís, os ángulos desa obra, achegar materiais para a documentación e relectura do labor literario e cultural de Xohana Torres, a dona dos mapas.


















Bibliografía básica
- vv.aa.: Festa da Palabra Silenciada. Especial Xohana Torres, nº 4, p. 3-48, 1987
- Novo, Olga: “A voz interna, conmovida, última: análise temática da obra de Xohana Torres”. Unión Libre, nº 1, p. 131-147, 1996
- Bermúdez, Teresa: Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres, Vigo Xerais, 2002
- Rodríguez, Luciano. “As mareas poéticas de Xohana Torres”, en Xohana Torres, Poesía reunida (1957-2001), p. 7-53, PEN Clube de Galicia/ Danú, Santiago de Compostela, 2004
- Pérez Durán, Gabriel: “A perpetuidade do xogo da ourela. Unha achega ao teatro de Xohana Torres”, Anuario de Estudos Literarios Galegos, p. 102-119, 2005
- Blanco, Carmen: “Morrer no mar de mulleres desecado. Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres” en Galicia & Terranova & Labrador: Comparative studies on economic, political and socio-cultural processes, Xaquín S. Rodríguez Campos e Xosé M. Santos Solla (eds.), p. 181-191, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicació
- Domíguez Pérez, Mónica: “Polo mar van as sardiñas y sus traducciones”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, nº 11, p. 25-33, 2008.