- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Inicio
Especiais
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Viaxeiras por Galicia
- Mulleres e alfabetización en Galicia
- Aborto. Corenta anos de mobilizacións
- Mulleres e teatro en Galicia
- Mulleres e mar
- 8 de marzo
- Mulleres e artes visuais
- As letras das mulleres
- Mulleres e ciencia en Galicia
- De nenas e de libros
Cartografías
Xornadas
Biobibliografias
Liñas do tempo
Ligazóns de interese
Agradecementos
inicio / cartografias / Mabel Rivera
Mabel Rivera
Percorrer o mapa vital de Mabel Rivera é emprender unha viaxe vertixinosa pola historia recente do teatro galego, unha viaxe que arrinca no esforzado mundo amador do Ferrol industrial e insubmiso dos 60 para traernos ata este presente dominado pola incerteza.
Faremos parada nos tempos esperanzados de Abrente e mais na promesa de futuro que foron os 80, cando contra vento e marea unhas e outros erguían a casa común da escena galega, sobre os alicerces dun Centro Dramático Galego polo que semella que aínda imos ter que seguir a loitar. Despois virían o espellismo da dobraxe e as series da TVG, permitindo que as xentes do noso teatro entrasen nos fogares dunha cidadanía que, en boa medida, as descoñecía, e aínda os vencellos coa industria cinematográfica, que tantas e tan boas e bos profesionais atopou no noso país, e que por algúns intres levounos, da man de Mabel, pola alfombra vermella da fantasía.
No entanto, Mabel Rivera seguiu a medrar, no persoal e no artístico, preocupada sempre por arrequentar unha formación que a súa xeración sabe heterodoxa, e velaí a loita pola ESAD, tanto tempo un soño e hoxe unha realidade firme: o berce da profesión do mañá.
Foi pioneira en moitas aventuras que puñan en diálogo as nosas táboas coas dramaturxias máis vangardistas, cultivou as amizades, creou personaxes xa inesquecibles na memoria de varias xeracións… e pelexou pola dignidade do gremio, asumindo a presidencia da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. A traxectoria de Mabel Rivera axúdanos tamén a entender o significado da palabra ‘compromiso’ nun país como Galicia, onde os dicionarios sempre semellan estar incompletos.