1927

O 19 de xullo nace María Wonenburger Planells en Montrove (Oleiros). A familia do seu pai, Julio Wonenburger, é orixinaria de Alsacia; a da súa nai, Amparo Planells, de Valencia. A súa é unha infancia feliz na que goza do contacto coa natureza e dos xogos infantís tradicionais.

1931

Ingresa no Colexio Francés da Coruña para comezar os seus estudos, axiña descobre a súa destreza e afección polo cálculo matemático. Para ela é particularmente atraente o concepto da multiplicación.

Fonte da imaxe: álbum fotográfico de María J. Wonenburger

1934

Múdase coa familia para O Temple, parroquia do concello de Cambre próxima á cidade da Coruña, onde vai continuar a súa formación escolar.

1936

Ingresa no Colexio del Ángel da cidade da Coruña. Neste período ten dupla residencia; durante a semana vive na cidade coas tías e, nas fins de semana, na casa familiar no Temple.

1937

A familia de María Josefa Wonenburger Planells regresa de novo á cidade da Coruña. Ela ingresa no instituto coruñés Eusebio da Guarda para cursar o bacharelato.

Fonte da imaxe: http://www.urbanity.es

1944

Termina os estudos de ensino secundario coa vontade de cursar a carreira de Matemáticas, mais, por decisión familiar e por causa da situación política no territorio español, atrasa o ingreso na universidade por un ano. Nesa tempada dedícase á lectura de libros de matemáticas. Destaca entre os seus preferidos Elementos de análisis algebraico de Julio Rey Pastor.

Fonte da imaxe: http://www.mercadolibre.com.ar/

1945

María trasládase a Madrid e instálase na Residencia de Señoritas situada na rúa Fortuny. Matricúlase na Universidad Central de Madrid para cursar estudos de Matemáticas e en San Bernardo para cursar alemán os sábados á tarde. A súa amizade coa afillada do mestre Guerrero ábrelle posibilidades para asistir a espectáculos artísticos do momento.

Fonte da imaxe: http://pueblosespana.es

1947

Finaliza o segundo ano de carreira e durante o verán dedícase ao estudo dalgúns problemas de álxebra tradicional propostos por Ricardo San Juan. Estes coñecementos sonlle de grande axuda no coñecemento das ecuacións diferenciais, ás que se vai enfrontar no curso seguinte.

Fonte da imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Roessler_attractor.png

1948

A Variable Complexa e a Xeometría Descritiva son dúas das materias que aborda María Josefa Wonenburger Planells no cuarto curso da carreira cos profesores Tomás Rodríguez Bachiller e Germán Ancochea, respectivamente.

Fonte da imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Color_complex_plot.jpg

1949

No quinto curso matricúlase, entre outras, da optativa de Álxebra –a súa gran paixón–, que dá o profesor Germán Ancochea.

Fonte da imaxe: http://www.darienps.org/

1950

Finaliza os estudos de licenciatura coa primeira promoción de licenciadas e licenciados en Matemáticas pola Universidad Central de Madrid, coa carreira feita en cinco anos. Ata entón a licenciatura viña sendo de catro anos e denominábase Ciencias Exactas.

Fonte da imaxe: álbum fotográfico de María J. Wonenburger

1950

Inicia os estudos de doutoramento na Universidad Central de Madrid. Esta etapa ten unha duración de tres anos e consiste na asistencia a encontros matemáticos e a conferencias. Algunhas delas déronas profesores como Erns Witt ou Julio Rey Pastor, que lle propuxeron diversas colaboracións.

1951

O falecemento do seu pai lévaa a trasladarse para A Coruña durante o primeiro semestre do segundo curso de doutoramento.

1953

María termina neste ano os estudos de doutoramento. É unha alumna destacada, polo que os seus mestres non dubidan en animala a continuar a súa formación en universidades estranxeiras.

1953

Na primavera María recibe a confirmación de que lle outorgaron a bolsa Fullbright (1ª edición). Realiza a súa viaxe aos EE UU no Constitution, barco que parte do porto de Xibraltar o 15 de xullo e chega ao seu destino cinco días despois. María fai unha primeira parada na cidade de Nova York para solucionar cuestións burocráticas, unha semana máis tarde trasládase a Siracusa para facer un curso de formación na Universidade desta cidade durante seis semanas. Pasado este período chega á Universidade de Yale e comeza os seus estudos baixo a dirección de Nathan Jacobson, un dos alxebristas máis destacados do século XX.

Fonte da imaxe: http://www.todoababor.es/

1957

María Josefa Wonenburger obtén o título de doutora coa investigación On the Group os Similitudes and Its Projective Group dirixida por Nathan Jacobson. Durante os meses de verán traballa no Laboratorio de Física de Yale, colaborando na obtención das solucións dunha ecuación de tipo Coulomb.

Fonte da imaxe: álbum fotográfico de María J. Wonenburger

1958

María J. Wonenburger, xa de volta en España, recibe unha bolsa de investigación de tres anos. Durante este tempo, por causa de que non lle convalidan o título de doutora obtido o ano anterior en Yale, realiza novos cursos de doutoramento no Instituto Matemático Jorge Juan do CSIC e traballa nunha nova tese de doutoramento, dirixida por Germán Ancochea.

Fonte da imaxe: http://www.kalipedia.com/

1960

María comeza a elaborar artigos para revistas especializadas. Publica “El grupo simpléctico” en Gaceta Matemática e tres artigos máis na Revista Matemática Hispanoamericana: “Study of a semi-involutive similitude”, “Irreducible representations of the projective group of unitarian similitudes” e “The spin representation of the unitary group”. Neles destaca o seu interese polos problemas de clasificación dos grupos. Ocúpase máis en concreto dos grupos simples porque permiten determinar todos os grupos.

Fonte da imaxe: David A. Richter

- “El grupo simpléctico”, Gaceta Matemática, Instituto "Jorge Juan" de Matemáticas & Real Sociedad Matemática Española, n.º 3-4 (1960), p. 85–88. [Descargar en PDF]
- “Study of a semi-involutive similitude”, Revista Matemática Hispanoamericana, n.º 420 (1960), p. 34–45. [Descargar en PDF]
- “Irreducible representations of the projective group of unitarian similitudes”, Revista Matemática Hispanoamericana, v. 4, n.º 20 (1960), p. 147–176. [Descargar en PDF]
- “The spin representation of the unitary group (I)”, Revista Matemática Hispanoamericana, n.º 4 (1960), p. 79–128. [Descargar en PDF]
- “The spin representation of the unitary group (II)”, Revista Matemática Hispanoamericana, n.º 20, (1960), p. 238–250. [Descargar en PDF]

Fonte dos artigos: Biblioteca CFMAC-CSIC

1960

María Josefa Wonenburger defende e publica a segunda tese de doutoramento, dirixida por Germán Ancochea, co título Representación espinorial de los grupos de semejanza. No entanto, por cuestións puramente administrativas, María non recibe o título de doutora correspondente a este traballo ata o ano 2008.

1960

Por recomendación de Jacobson, María J. Wonenburger recibe un convite do profesor Israel Halperin para solicitar unha bolsa de posdoutoramento para traballar na Queen University en Kingston, Ontario, que consegue e que a leva a permanecer dous anos nesta cidade.

Fonte da imaxe: álbum fotográfico de María J. Wonenburger

1961

María continúa elaborando artigos para revistas especializadas. Publica “The spin representation of the unitary group” en Memoria Matemática e “Anillos de división” na Gaceta Matemática.


- “Anillos de división”, Gaceta Matemática, n.º 13 (1961), p. 3–8. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca CFMAC-CSIC
-“The spin representation of the unitary group”, Memoria Matemática, Instituto “Jorge Juan” de Matemáticas, n.º 24 (1961). [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca de María Josefa Wonenburger

1962

María J. Wonenburger acepta unha oferta de traballo para dar aulas na Universidade de Toronto; é, daquela, a única muller que ocupa un posto de Assistant Professor de matemáticas nesta institución.

Fonte da imaxe: http://i169.photobucket.com

1962

María Josefa Wonenburger, en coautoría de destacados matemáticos, escribe dous artigos científicos. Asina xunto con George Grätzer o titulado “Some examples of complemented modular lattices”, publicado no Canadian Mathematical Bulletin, e con Israel Halperin “On the additivity of lattice completeness”, publicado no Pacific Journal of Mathematics.

Fonte da imaxe: http://rawarchitecture.net


- WONENBURGER, M.ª J., GRÄTZER, G.: “Some examples of complemented modular lattices”, Canadian Mathematical Bulletin, v. 5, n.º 2, (1962), p. 111-121. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://math.ca/cmb/
- HALPERIN, I.; WONENBURGER, M.ª J.: “On the additivity of lattice completeness”, Pacific Journal of Mathematics, v. 12, n.º 4 (1962), p. 1289-1299. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://projecteuclid.org/


1962

Cos resultados obtidos na súa tese de doutoramento, presentada anos atrás na Universidade de Yale, María Wonenburger escribe tres artigos, que publica en revistas especializadas. No Canadian Journal of Mathematics publica “The Clifford algebra and de group of similitudes” e “Study of certain similitudes”, e en The American Journal of Mathematics publica “The automorphisms of the group of similitudes and some related groups”. Este último está dedicado a Julio Rey Pastor e dá continuidade ao estudo dos automorfismos do grupo de semellanzas, do grupo de semellanzas directas e os seus grupos proxectivos correspondentes.

Fonte da imaxe: arquivo de Enrique Macías Virgós


- “The automorphisms of the group of similitudes and some related groups”, American Journal of Mathematics, n.º 84 (1962), p. 600–614. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca de María Josefa Wonenburger
-“The Clifford algebra and the group of similitudes”, Canadian Journal of Mathematics, n.º 14 (1962), p. 45–59. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://math.ca/cjm/
- “Study of certain similitudes”, Canadian Journal of Mathematics, n.º 14 (1962), p. 60–68. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://math.ca/cjm/

1962

María J. Wonenburger publica neste ano dous artigos dedicados ao automorfismo de grupos de semellanzas en revistas especializadas: “The automorphisms of PO8+ (Q) and PS8+ (Q)”, en The American Journal of Mathematics, e “ The automorphisms of PS4+ (Q)”, na Revista Matemática Hispanoamericana.


- “The automorphisms of PS4+ (Q)”, Revista Matemática Hispanoamericana, v. 4, n.º 22 (1962), p. 185–195.
Fonte do artigo: Biblioteca de María Josefa Wonenburger [Descargar en PDF]
- “The automorphisms of PO8+ (Q) and PS8+ (Q)”, American Journal of Mathematics, n.º 84 (1962), p. 635–641.
[Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca CFMAC-CSIC

1963

Co título “The automorphisms of the group of rotations and its projective group corresponding to quadratic forms of any index”, María publica un novo artigo dedicado ao automorfismo de grupos de semellanzas no Canadian Journal of Mathematics. Por outra banda, no artigo titulado “Matrix ?-rings”, publicado nos Proceedings of the American Math Society, estuda as ideas de continuidade e completude relativas a un cardinal infinito N en retículos complementarios modulares.

Fonte da imaxe: Greg Egan


- “The automorphisms of the group of rotations and its projective group corresponding to quadratic forms of any index”, Canadian Journal of Mathematics, n.º 15 (1963), p. 302–303. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://math.ca/cjm/
- “Matrix ?-rings”, Proceedings of the American Mathematical Society, n.º 142 (1963), p. 211–215. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo “Matrix ?-rings”: http://www.ams.org/journals/

1963

Cinco son as recensións publicadas por María Josefa Wonenburger durante este ano: “J. J. Dionísio: Non-negative matrices” na Universidade de Lisboa. Revista da Faculdade de Ciências; “Israel Halperin: Elementary divisors in von Neumann rings” na Acta Scientiarum Mathematicarum (Szeged); “D. K. Harrison: Abelian extensions of arbitrary fields” en Transactions of the American Mathematical Society; “J. J. Dionísio: Non-negative vectors of a subspace of Rn and positive solutions of linear system” na Universidade de Lisboa. Revista da Faculdade de Ciências; e “J. J. Dionísio: On the dominant eigenvalue of a non-negative matrix” na Universidade de Lisboa. Revista da Faculdade de Ciências.

1964

María aborda de novo os automorfismos de grupos de semellanzas nos artigos “The automorphisms of Un+ (k, f) and PUn+ (k, f)” e “Triality principle for semisimilarities”. Están publicados na Revista Matemática Hispanoamericana e no Journal of Algebra respectivamente.


- “ The automorphisms of Un+ (k, f) and PUn+ (k, f)”, Revista Matemática Hispanoamericana, v. 4, n.º 24 (1964), p. 52–65. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca CFMAC-CSIC

1964

A procura dunha resposta á cuestión formulada por Coxeter sobre o número de involucións necesarias para expresar unha transformación ortogonal como produto de involucións ortogonais centra o interese de María Wonenburger no artigo “A decomposition of orthogonal transformations”, publicado no Canadian Mathematical Bulletin.

Fonte da imaxe: http://www.physicsforums.com


- “A decomposition of orthogonal transformations”, Canadian Mathematical Bulletin, v. 7, n.º 3 (1964), p. 379-383. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://math.ca/cmb/

1964

Catro son as recensións publicadas por María Josefa Wonenburger durante este ano: “Lowell A. Hinrichs, Ivan Niven, and C. L. Vanden Eynden: Fields defined by polynomials” no Pacific Journal of Mathematics; “F. Ayres: The expression of non-singular row-finite matrices in terms of Strings” en Annales Universitatis Scientarium Budapestinensis de Rolando Eötvös Nominatae Sectio Mathematica; “H. Davenport and A. Schinzel: Two problems concerning polynomials” no Journal für die reine und angewandte Mathematik (Crelles Journal); e “R. L. Graham: Complete sequences of polynomial values” no Duke Mathematical Journal.

1965

María Josefa Wonenburger publica catro recensións: “Paul Ponomarenko: The Galois theory of infinite purely inseparable extensions” no Bulletin of the American Mathematical Society; “E. A. M. Seip-Hornix: Clifford algebras of quadratic quaternion forms. II” en Nederl. Akad. Wetensch. Proc. Ser. A 68 = Indag. Math.; “Murray Gerstenhaber: On infinite inseparable extensions of exponent one” no Bulletin of the American Mathematical Society; e “Alexandre Froda: Discriminants attachés aux systèmes isogonaux —complets ou non— d’un espace unitaire” en Analele Stiin tifice ale Universitatii "Alexandro Ioan Cuza" din Iasi informatica. Serie Nou. Matematic.

1966

Robert Moody, coa dirección de María Wonenburger e baixo o título Lie Algebras Associated With Generalized Cartan Matrices, defende a súa tese de doutoramento. A finais deste curso, María dá por terminada a súa estadía en Toronto.

Fonte da imaxe: “Special unitary group” na wikipedia

1966

María trasládase a Búfalo, permanece un ano na universidade desta cidade como Associated Professor e dá Álxebra.

Fonte da imaxe: //buzzligo.com

1966

María Wonenburger publica dous novos artigos no Journal of Mathematics and Mechanics. Un deles,“Simultaneous diagonalization of simetric bilinear forms”, aborda o estudo da diagonalización simultánea; o outro, “Transformations which are products of two involutions”, está dedicado ao estudo das involucións ortogonais e á súa notoria importancia. Este é o artigo desta matemática máis referenciado noutras investigacións desde a súa publicación ata a actualidade.

Fonte da imaxe: Oleg Alexandrov


- “Transformations which are products of two involutions”, Journal of Mathematics and Mechanics, v. 16, n.º 4 (1966), p. 327–338. [Descargar en PDF]
- “Simultaneous diagonalization of simetric bilinear forms”, Journal of Mathematics and Mechanics, v. 15, n.º 4 (1966) 617–622. [Descargar en PDF]

Fonte dos artigos: http://www.iumj.indiana.edu/

1966

Dúas son as recensións publicadas neste ano por María Josefa Wonenburger: “R. A. Rankin: A campanological problem in group theory. II”, nos Mathematical Proceedings of the Cambridge Philosophical Society; e “P. Vermes: Linear independence in basic sets of polynomials”, nos Annales Universitatis Scientiarum Budapestinensis de Rolando Eotvos Nominatae Section Mathematica.

1967

María incorpórase como Full Professor á Universidade do estado de Indiana, onde permanece ata 1983. Aquí desenvolve un importante labor docente e investigador e conta entre os seus compañeiros con destacados matemáticos como Zorn, Halmos ou Azumaya.


Fonte da imaxe: www.roxanamarquez.com.ar

1967

As recensións publicadas por María Josefa Wonenburger Planells ascenden a un total de sete. Son: “David M. Bloom: The subgroups of PSL(3, q) for odd q.” en Transactions of the American Mathematical Society; “Ion Creang?: Sur l´equation de l´associativité pour les algèbres AF” en Analele Stiin tifice ale Universitatii "Alexandro Ioan Cuza" din Iasi informatica. Serie Nou. Matematic; “D. Ž. Djokovi?: Product of two involutions” en Archiv der Mathematik (Basel); “Shûichirô Maeda: On atomistic lattices with the covering property” no Journal of Science of the Hiroshima University SER. A-I. Mathematics; “P. J. McCarthy: Maximal fields disjoint from certain sets” nos Proceedings of the American Mathematical Society; “J. Sonn and H. Zassenhaus: On the theorem on the primitive element” en The American Mathematical Monthly; e “Hans Zassenhaus: On the fundamental theorem of algebra” en The American Mathematical Monthly.

1968

Robert Moody publica a tese de doutoramento presentada dous anos atrás e que realizara baixo a dirección de María Josefa Wonenburger Planells. Trátase da investigación que dá orixe ás álxebras coñecidas na actualidade co nome de Kac-Moody e polas que a comunidade científica recoñece a Wonenburger como unha matemática de primeira liña.

1968

María Wonenburger publica tres recensións: “Benno Artmann: On coordinates in modular lattices with a homogeneous Basis” no Illinois Journal of Mathematics; “Mary Katherine Bennett: A lattice characterization of convexity” en The Journal of Combinatorial Theory; e “G. E. Wall: A characterisation of PSL2 (Zp_) and PGL2 (Zp_)” no Journal of the Australian Mathematical Society.

1969

No artigo “Automorphisms of Cayley algebras”, publicado no Journal of Algebra, María Wonenburger estuda a descomposición dun automorfismo de álxebras de Cayley como produto de involucións.

Fonte da imaxe: “Teoría de grupos” na wikipedia


- “Automorphisms of Cayley algebras”, Journal of Algebra, v. 12, n.º 3 (1969), p. 441–452. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca de María Josefa Wonenburger

1969

María Wonenburger publica oito recensións. Dúas, “An introduction to nonassociative algebras by R.D. Schafer” e “Noncommutatuve rigs by I. N. Herstein”, no Bulletin of the American Mathematical Society. As seis restantes son: “J. F. Carlson: Automorphisms of groups of similitudes over F3” no Pacific Journal of Mathematics; “Mariano Gasca González: A criterion on the exact number of simple roots of an algebraic equation” en In Honor of Prof. Dr. Iñíguez y Almech on the Occasion of his Seventieth Birthday and Academic Retirement (Spanish); “Benoît Lemonnier: Sur léxistence dún élément neutre dans certains anneaux” en C. R. Acad. Sci. Paris S’er; “Shûichirô Maeda: Modular pairs in atomistic lattices with the covering property” nos Proceedings of the Japan Academy; “Pavle M. Milicic: Les endomorphismes du corps des quaternions qui conservent les valeurs absolues et le groupe du cube” en Univ. Beograd. Publ. Elektrotehn. Fak. Ser. Mat. Fiz.; e “A. Sinkov: The number of abstract definitions of LF(2, p) as a quotient group of (2, 3, n)” no Journal of Algebra.

Fonte da imaxe: http://www.math.niu.edu/~rusin/known-math/images/17b.gif


- “An introduction to nonassociative algebras by R.D. Schafer”, Bulletin of the American Mathematical Society, v. 75, n.º 4 (1969), p. 712-714. [Descargar en PDF]
- “Noncommutatuve rings by I. N. Herstein”, Bulletin of the American Mathematical Society, v. 75, n.º 15 (1969), p. 714-717. [Descargar en PDF]

Fonte dos artigos: http://projecteuclid.org/


1970

Wonenburger publica en C. R. Acad. Sci. Paris S´er a recensión do artigo “Quelques applications de la dimension de Krull” de Benoît Lemonnier, e no Indiana University Mathematics Journal a de “Products of two involutions in the general linear group” de Frederick Hoffman e Eugene C. Paige.

1970

Yik-Hoi Au-Yeung, no seu artigo “A necessary and sufficient condition for
simultaneous diagonalization of two hermitian matrices and its application”, toma como referencia o teorema proposto en 1969 por María J. Wonenburger no artigo “Simultaneous diagonalization of symmetric bilinear forms”.


- A necesary of- YIK-HOI AU-YEUNG: “A necessary and sufficient condition for
simultaneous diagonalization of two hermitian matrices and its application”, Glasgow Mathematical Journal, n.º 11 (1970), p. 81-83. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://journals.cambridge.org/action/

1971

Stephen Berman le a súa tese de doutoramento realizada baixo a dirección de María Josefa Wonenburger Planells e titulada On the construction of simple Lie álgebras.

Fonte da imaxe: http://owpdb.mfo.de/detail?photo_id=9105

1971

Dúas son as recencións publicadas por María Josefa Wonenburger neste ano: “Margarita Benito Ramalho: Semi-anéis: morfismos; ideais” en Doctoral dissertation, Universidade de Lisboa e “D. Ž. Djokovi?: The product of two involutions in the unitary group of a hermitian form” no Indiana University Mathematics Journal.

1972

Richard Lawrence Marcuson defende a tese de doutoramento dirixida por María Josefa Wonenburger Planells titulada Some new B-N pairs.

1972

O traballo conxunto de María Wonenburger, Stephen Berman e Robert Moody arredor do concepto de matrices de Cartan finitas e matrices de Cartan con raíces nulas dá lugar á publicación do artigo “Cartan matrices with null roots and finite Cartan matrices” no Indiana University Mathematics Journal.


- BERMAN, S.; MOODY, R.; WONENBURGER, M.ª J.: “Cartan Matrices with Null Roots and Finite Cartan Matrices”, Indiana University Mathematics Journal, v. 21, n.º 12 (1972), p. 1091-1099. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://www.iumj.indiana.edu/

1973

María Josefa Wonenburger publica catro recensións: “J. V. B. Palma Ramos: On a normed module” na Revista de Ciência Matemática da Universidade Lourenço Marques A; “J. Eldon Whitesitt: Principles of modern algebra” en Addison-Wesley Publishing Co., Reading, Mass.-London-Don Mills, Ont.; “D. Ž. Djokovi?: A characterization of minimal left or right ideals of matrix algebras” en Linear and Multilinear Algebra; e “F. Tomás: An analogue of the direct sum for systems of normal subgroups” no Anuario del Instituto de Matemáticas de la Universidad Nacional Autónoma México.

1974

Wonenburger publica en Studies in mathematics (in honor of A. Almeida Costa) a recensión do libro de Margarita Benito Ramalho Demi-anneaux: morphismes et id´eaux. II.

1975

Dúas son as recensións publicadas por María Josefa Wonenburger neste ano: “ChanÑan Chang: The structure of a symplectic group over the integers of a dyadic field” no Journal of Algebra e “C. S. Ballantine: Some involutory similarities” en Linear and Multilinear Algebra.

1976

Bette Warren defende a tese de doutoramento dirixida por María Josefa Wonenburger Planells e titulada A study of nilpotent and abelian linear groups with applications to finite group structure.

Fonte da imaxe: Silvia Sokolovsky

1976

María Wonenburger publica no Journal of Algebra o artigo titulado “A generalization of Z?groups”. Contén unha xeneralización da estrutura dos grupos Z e estuda algunhas das caracterizacións suficientes para que un grupo resoluble teña un grupo conmutador nilpotente.

Fonte da imaxe: : John Savard


- “A generalization of Z-groups”, Journal of Algebra, v. 38, n.º 2 (1976), p. 1091–1099. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Biblioteca de María Josefa Wonenburger

1976

As recensións publicadas por María Josefa Wonenburger neste ano son: “Edward A. Connors: The automorphisms of O+4 (V ) in the anisotropic Case” en Proceedings of the American Mathematical Society e “William H. Gustafson: On maximal commutative algebras of linear transformations” no Journal of Algebra.

1977

Wonenburger publica en Linear Algebra and its Applications a recensión "Michael F. O’Reilly: Matrix algebras with direct product".

1978

María Josefa Wonenburger publica a recensión “C. S. Ballantine: Products of involutory matrices. I” en Linear and Multilinear Algebra.

1979

María Josefa Wonenburger publica no Bulletin (New Series) of the American Mathematical Society a recensión titulada “General theory of Lie algebras by Yutze Chow, Gordon and Breach”.


- “General theory of Lie algebras by Yutze Chow, Gordon and Breach”, Bulletin (New Series) of the American Mathematical Society, v. 1, n.º 6 (1979), p. 978-985. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://projecteuclid.org/

1979

Co título On the duality and eigenvalues of the finite unitary reflections groups, Edward George Gibson publica a súa tese de doutoramento dirixida por María Josefa Wonenburger Planells.

Fonte da imaxe: Bill Casselman

1983

Por motivos persoais e familiares, concretamente por causa da delicada saúde da súa nai, María decide regresar á Coruña e deixar a súa carreira profesional. Isto non significa que abandone a disciplina matemática. Ata a actualidade continúa mantendo un contacto diario coas matemáticas a través da lectura de libros e revistas de álxebra que conforman a súa valiosa biblioteca persoal e a través da redacción dalgún artigo. Segue a cultivar tamén as súas afeccións pola música, polo teatro, pola lectura, o aprecio polas amizades e a alegría de vivir.

2000

Falece Amparo Planells, nai de María Wonenburger.

2001

María Josefa Wonenburger Planells, xunto coa súa descendencia matemática, asiste no Banff Centre de Canadá á xornada Reflections in Symmetry.


Fonte da imaxe: http://owpdb.mfo.de/detail?photo_id=9105

Acceda á arbore xenealóxica-matemática de María J. Wonenburger:
http://www.genealogy.math.ndsu.nodak.edu/id.php?id=3151

2002

No transcurso dun congreso sobre Xeometría Alxebraica realizado na USC, o profesor Federico Gaeta reivindica a distinción da matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells. Anima a María José Souto Salorio, da UDC, a que dea a coñecer esta importante matemática de destacada fama internacional e descoñecida en España

2003

A nova edición da Gran Enciclopedia Galega engade a entrada “Wonenburger Planells, María” no volume 44.


- SAMPAYO YÁÑEZ, M.: “María Josefa Wonenburger Planells”, Enciclopedia Galega, 2003, XLIV, p. 140.
[Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Gran Enciclopedia Galega

2004

A revista Gamma , no seu número de setembro, publica o artigo de María Wonenburger Planells titulado “Aplicación dun pequeno teorema”.

Fonte da imaxe: http://thesaurus.maths.org/mmkb/media/png/Gamma.png


- “Aplicación dun pequeno teorema”, Gamma, IES Sofía Casanova de Ferrol, n.º 4 (setembro 2004), p. 35. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Revista Gamma

2005

Os artigos “Twisted Frobenius-Schur indicators of finite symplectic groups” de C. Ryan Vinroot e “Reality properties of conjugancy Classes in G2” de Anupam Kumar Singh toman como referencia o teorema proposto por María J. Wonengurger en 1966 no seu artigo “Transformations which are products of two involutions”.


- Symplectic VINROOT, C. RYAN: “Twisted Frobenius-Schur indicators of finite symplectic groups”, Journal of Algebra, v. 293, n.º 1 (2005), p. 279-311. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://www.math.wm.edu/~vinroot/symplectic.pdf
- Reality SINGH, ANUPAM KUMAR: “Reality properties of conjugancy Classes in G2”, Isreal Journal of Mathematics [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://arxiv.org/PS_cache/arxiv/pdf/0804/0804.1243v1.pdf

2006

O teorema proposto por María J. Wonengurger en 1966 no seu artigo “Transformations which are products of two involutions” volve ser referenciado por C. Ryan Vinroot no artigo “A note on orthogonal similitude groups” e por Anupam Kumar Singh no power point Reality Properties of Conjugacy Classes in Algebraic Groups.


- VINROOT, C. RYAN: “A note on orthogonal similitude groups”, Linear and Multilinear Algebra, v. 54, n.º. 6 (2006), p. 391–396. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://www.math.wm.edu/~vinroot/orthogj.pdf
- SINGH, ANUPAM KUMAR: Reality Properties of Conjugacy Classes in Algebraic Groups [Descargar en PDF]
Fonte do power point: http://www.math.tifr.res.in/~anupam/tifr-coll.pdf

2006

Ana Dorotea Tarrío Tobar e María José Souto Salorio publican na Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española o artigo titulado “María Josefa Wonenburger Planells: mujer y matemática”. Supón un exercicio de recuperación para a memoria colectiva desta destacada matemática e alxebrista galega. Para a súa elaboración, as autoras contaron coa participación de María Wonenburger a través das súas propias lembranzas.


- SOUTO SALORIO, M.ª J., TARRÍO TOBAR, A. D.: “María Josefa Wonenburger Planells: mujer y matemática”, Gaceta de la Real Sociedad Matematica Española, v. 9, n.º 2 (2006), p. 339-364. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Gaceta de la Real Sociedad Matematica Española

2006

A revista Marineda de El País de los Estudiantes publica o artigo titulado “Maruja Wonenburger una mente prodigiosa”. Pola súa banda, a revista Hipatia publica o artigo titulado “María Wonenburger ou a paixón polas matemáticas”.


- “María Wonenburger ou a paixón polas matemáticas”, Hipatia, ano 1, n.º 2 (maio 2006), p. 1 e 4. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Hipatia

2006

No III Congreso da Asociación Galega de Profesores de Ensino das Matemáticas (AGAPEMA), que tivo lugar en xuño, acórdase nomear socia de honra da Sociedade a María Josefa Wonenburger Planells.

2006

O 16 de decembro María Josefa Wonenburger Planells é homenaxeada na xornada de presentación da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. O discurso inaugural da xornada foi pronunciado por Ana Dorotea Tarrío Tobar.

Fonte da imaxe: Xosé Enrique Pujales


- TARRÍO TOBAR, A. D.: Discurso inaugural no recoñecemento-homenaxe da Unidade Muller e Ciencia á matemática coruñesa María Josefa Wonenburger Planells [mecanoscrito]. [Descargar en PDF]
Fonte: Ana Dorotea Tarrío Tobar
- ÁLVAREZ, ELISA: “Un homenaje a la Einstein gallega”, La Voz de Galicia, (16-12-2006). [Descargar en PDF]
Fonte: La Voz de Galicia


2007

No mes de xaneiro José María Villot, co título “María Wonenbuger en el reino de Einstein”, publica no xornal El Ideal gallego a entrevista que lle fixo a esta famosa alxebrista.


- Villot, José María: “María Wonenbuger en el reino de Einstein”, (14-1-2007). [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: El Ideal Gallego.

2007

María Josefa Wonenburger Planells é unha das cincuenta científicas galegas homenaxeadas no libro de Iolanda Casal Investigadoras galegas.


- CASAL, I. : “María Josefa Wonenburger P.” Investigadoras galegas, Grupo Correo Gallego, 2007, p. 106-107.
Fonte do artigo: CASAL, I. : Investigadoras galegas, Grupo Correo Gallego, 2007. [Descargar en PDF]

2007

No mes de febreiro María Josefa Wonenburger Planells é nomeada socia de honra da Real Sociedad Matemática Española (RSME). O galardón por esta distinción élle entregado no mes de xullo, no acto de clausura da Escola de Educación Matemática Miguel de Guzmán, no Pazo de Mariñán. Neste contexto, a presidenta da RSME fai a entrega do galardón de socia de honra a María Josefa Wonenburger Planells.

Fonte da imaxe: La Voz de Galicia


- “Reseña biográfica de María Josefa Wonenburger” Boletín de la Real Sociedad Matemática Española, n.º 79 (febreiro 2007), p. 1. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Boletín de la Real Sociedad Matemática Española.

2007

No mes de marzo, María Josefa Wonenburger Planells recibe o premio Mulleres Ciencia Arte. Trátase da I edición dun premio creado pola Oficina de Igualdade de Xénero da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Comunicación da Universidade da Coruña que ten a finalidade de recoñecer e facer visible o traballo de mulleres nos diferentes campos científicos e artísticos. Xornais como La Voz de Galicia, La Opinión ou El País difunden esta nova en varias edicións.

Fonte da imaxe: Xosé Enrique Pujales


- “Mujeres de ciencias y de letras”, (7-3-2007) [Descargar en PDF]
- “Premio a la matemática”, (8-3-2007) [Descargar en PDF]
Fonte dos artigos: La Voz de Galicia
- ROUCO, LAURA: “La cara amable de las matemáticas”, La Opinión (11-3-2007)[Descargar en PDF]
Fonte do artigo: La Opinión

2007

No mes de xullo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou que os premios anuais da Unidade Muller e Ciencia pasen a denominarse María Wonenburger.


- “O María Wonenburger premiará o traballo tecnolóxico e científico das mulleres”, xornal.com, (13-7-2007) [Descargar en PDF]
Fonte: xornal.com

Máis información sobre o premio
Ligazón internet:
http://www.unidadedamullereciencia.es/?q=node/70

2007

A revista de matemáticas Gamma do IES Sofía Casanova de Ferrol, no seu número de setembro, publica o artigo de Xosé Enrique Pujales “María Wonenburger ou a paixón pola investigación matemática”.


- PUJALES, X. E.: “María Wonenburger ou a paixón pola investigación matemática”, Gamma, n.º 7 (setembro 2007), p. 107-109. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Gamma

2007

O día 15 de setembro, o programa Efervesciencia da Radio Galega dedica a súa emisión a María Josefa Wonenburger Planells. A destacada alxebrista é entrevistada no programa.

Fonte da imaxe: María José Souto Salorio

Escoita a entrevista: [AUDIO]

2008

No mes de marzo, publícase no xornal La Voz de Galicia a entrevista realizada a María Josefa Wonenburger por Fernando Molezón titulada “Disfruto haciendo Sudokus como la que más”. Dous meses máis tarde é La Opinión a que publica a entrevista que lle fai Isabel Bugallal.


- MOLEZÓN, FERNANDO: “Disfruto haciendo Sudokus como la que más”, La Voz de Galicia, (9-3-2008). [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: La Voz de Galicia
- Bugallal, Isabel: “María Wonenburger Planells: tengo una mente abstracta, no soy nada práctica”, La Opinión, (14-5-2008) [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008051400_16_190183__Contraportada-Maria-Wonenburger-Planells-Tengo-mente-abstracta-nada-practica



2008

No mes de maio, a comunidade educativa do IES Eduardo Blanco Amor decide darlle o nome de María Josefa Wonenburger Planells á súa biblioteca.

Accede a máis información
Ligazón internet:
http://centros.edu.xunta.es/iesblancoamor/?q=category/8/56

2008

Incorporan a María Josefa Wonenburger Planells á exposición Mulleres matemáticas con panel propio. Trátase dunha exposición itinerante que percorre varios institutos de ensino secundario (Laracha, Guitiriz, Monelos) e se mostra tamén na Facultade de Matemáticas da USC. Varios xornais difunden a nova.

Acceda a máis información:
- “A Universidade de Vigo descobre mulleres matemáticas descoñecidas”, A Nosa Terra dixital (15-5-2008) [Descargar en PDF]
Fonte: http://www.anosaterra.org

2008

O 16 de maio a Universidade de Vigo, dentro das actividades do programa Matemáticas x matemáticas, acolle o relatorio de María José Souto Salorio titulado “María Wonenburger. Muller e matemática” no acto de clausura que tivo lugar no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

2008

A Universidad Complutense de Madrid faille entrega a María Josefa Wonenburger Planells do título de doutora. Este título obtivérao María cincuenta anos atrás coa tese de doutoramento presentada no Instituto Matemático Jorge Juan do CSIC.

2008

Publícase no número de xullo de reNOVA GALIza, Caderno de Pensamento Cívico o artigo de María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar “Unha científica pioneira: María Josefa Wonenburger Planells”.


- SOUTO SALORIO, M.ª J.; TARRÍO TOBAR, A. D.: “Unha científica pioneira: María Josefa Wonenburger Planells”, reNOVA GALIza. Caderno de Pensamento Cívico, n.º 3 (xullo 2008), p. 29-33. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: reNOVA GALIza. Caderno de Pensamento Cívico

2008

O libro de Matilde Ríos Fachal As mulleres nas matemáticas publicado en Baía Edicións dedica un apartado á figura de María Josefa Wonenburger Planells.

Máis información sobre o libro:
http://www.culturagalega.org/lg3/novidade.php?Cod_prdccn=1564

2008

Gena Borrajo publica o artigo titulado “María Wonenburger Planells. Insigne galega en terras de América”, no número 57 de Eduga. Revista Galega do Ensino.


- BORRAJO, G.: “María Wonenburger Planells. Insigne galega en terras de América”, Eduga. Revista Galega do Ensino, n.º 57 (2009), p. 8-15. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: Eduga. Revista Galega do Ensino

2009

Na súa asemblea de decembro, a delegación da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (AGAPEMA) da Coruña acorda solicitarlle ao Concello da Coruña o nome dunha rúa para a insigne matemática María Wonenburger.

2010

Varias entidades propoñen que o IES Cruceiro Baleares de Culleredo pase a chamarse IES María Wonenburger.

Fonte da imaxe: Boletín de Divulgación Matemática "Tetractis", do IES Monelos da Coruña (foto: Xosé Enrique Pujales)

2010

O teorema proposto por María J. Wonengurger en 1966 no artigo “Transformations which are products of two involutions” é utilizado como referencia por Johanna Rämö no artigo “Strongly Real Elements of Orthogonal Groups in Even Characteristic”.


- Rämö, Johanna: “Strongly Real Elements of Orthogonal Groups in Even Characteristic”, Sibirski? Matematicheski? Zhurnal, v. 51, n.º 2, (March–April, 2010), p. 241–248. [Descargar en PDF]
Fonte do artigo: http://www.maths.qmul.ac.uk/~jmr/StronglyReal180210.pdf

2010

O 18 de marzo María Josefa Wonenburger Planells, no marco do II Obradoiro de Investigación Científica “Unha profesión con futuro?” ,organizado por Precarios-Galicia na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, participa nun coloquio sobre o lugar da mocidade na investigación.

Acceda a máis información:
http://iesga.es/taller/ga/taller.html

2010

O 20 de setembro entre os actos de apertura do ano académico 2010-2011 ten lugar o investimento de María Wonenburger como Doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña.

Fonte da imaxe: http://www.udc.es/

2010

O 28 de outubro de 2010 ten lugar en Compostela a xornada María Josefa Wonenburger Planells na creación do coñecemento, organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e a USC coa colaboración coa UDC.

Acceda ao programa das xornadas