1956

Recibe o Premio da Asociación de la Prensa de Vigo polo poema “Nuestra primavera, tojos”. [Descargar en PDF a información publicada en La hoja del lunes]

1970

O 24 de outubro dáse a coñecer o fallo da primeira, e única, edición do Premio Galicia convocado polo Centro Galego de Bos Aires, o certame literario mellor dotado en galego, con 200.000 pesetas. A novela premiada foi Adiós, María. Ao premio concorreron, entre outros, Eduardo Blanco Amor, que mostrou publicamente o seu desacordo co fallo, e Silvio Santiago.

1972

Recibe o Primeiro Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña polo seu ensaio Viaxe ao país do Teixido. Inédito (citado noutras fontes como San Andrés de Lonxe: mitos e ritos). [Descargar en PDF]

1981

Acada o Premio da Crítica de poesía galega da Asociación Española de Críticos Literarios por Estacións ao mar. [Acceda a máis información en PDF]

1992

Recibe o Premio á Creación Feminina da Xunta de Galicia na súa segunda e derradeira edición

1992

O Concello de Santiago de Compostela institúe en 1992 o Premio de Investigación Xohana Torres.

1994

No mes de xuño Un hotel de primeira sobre o río é posta en escena no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A representación correu a cargo do Grupo de Teatro Atide baixo a dirección de Rodolfo López Veiga. [Descargar o programa en PDF] Fonte da imaxe: arquivos de Victor Vez e de Rodolfo López Veiga

1995

No mes de outubro Pura Vázquez publica o “Poema a Xohana Torres” en Contemporánea , n.º 1 (p. 22-23).

1996

En 1996 recibe a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

2001

Por proposta de Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Méndez Ferrín e Xosé Luís Franco Grande, o 17 de marzo de 2001 é elixida para ingresar na Real Academia Galega, presidida naquela altura por Francisco Fernández del Riego.

2001

O día 27 de outubro Ingresa na Academia Galega. No acto da súa recepción fai lectura do discurso titulado Eu tamén navegar. A resposta correu a cargo do Señor Salvador García Bodaño. [Descargar en PDF]

2002

O 1 de febreiro, co gallo do pasamento de Concepción Arenal, o colectivo de mulleres Diálogos 90 de Vigo fai entrega do Premio Mulleres Destacadas a Xohana Torres, Aida Fernández e Rosa Fontaíña. Recolle no nome da poeta, a súa amiga Laura Pérez Landeira, que le poemas de Tempo de ría , o inédito “Ofelia” e “Penélope”.

2002

O 7 de marzo estréase o espectáculo poético-musical Son delas, no que cantantes como Uxía Senlle, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Guadi Galego, María Manuela e Ugia Pedreira interpretan poemas das principais escritoras galegas, entre elas, Xohana Torrres, escolmados por Ana Romaní. O espectáculo fixo xira nese mes por Compostela, Lugo e A Coruña.

2002

O 31 de agosto recolle o Premio Casa dos Poetas cadrando co cabodano de Celso Emilio Ferreiro. O acto tivo lugar na Sala da Lareira da Casa de Curros en Celanova e no seu discurso falou sobre a vinculación a Ribadavia e Curros. [Descargar en PDF]

2004

O Concello de Santiago de Compostela acorda dedicarlle unha rúa a Xohana Torres.

2006

Créase o I Premio Eu tamén navegar: para unha Galicia sen violencia de xénero organizado pola Xunta de Galicia, concedido ex aequo á Asociación de Promoción da Muller Liberanza e mais á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos.

2007

Na campaña conxunta da Xunta de Galicia e a Federación de Panaderías de Galicia Pan con poesía co gallo do Día da Poesía 2007, repartíronse bolsas de pan con poemas de diversas autoras como María Mariño, Marilar Aleixandre, Marica Campo, María do Carme Kruckenberg, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán e Eva Veiga e Xohana Torres. [Descargue o folleto da campaña en Praza das Letras]

2007

Concédeselle o II Premio Eu tamén navegar: para unha Galicia sen violencia de xénero organizado pola Xunta de Galicia, á Marcha Mundial das Mulleres.

2008

Inaugúrase o Ciclo de cine documental Historias de Lorref, adoptando o anagrama que empregou Xohana Torres para se referir á súa cidade natal.

2009

O 29 de outubro de 2009 ten lugar en Compostela a xornada Xohana Torres, a dona dos mapas, organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona. [Acceda ao programa das xornadas]

1972

Xohana Torres recibe o Pedrón de Ouro