1953
No n.º 3 de
Aturuxo. Revista de Poesía e Crítica aparece “Nai” é o primeiro poema en galego publicado de Xohana Torres sobre o paso de nena a adulta. Nese mesmo número recóllense poemas de Carvalho Calero, Luz Pozo Garza, Celso Emilio Ferreiro, Mario Couceiro e Concha Zardoya, entre outros. Xohana recolleuno, con algunhas variacións, no seu primeiro libro,
Do sulco.
Fonte da imaxe: exemplar da Fundación Penzol
1957
Poemario
Do sulco, o seu primeiro libro publicado como n.º2 da colección Illa Nova de Galaxia. Leva limiar do seu profesor, Carvalho Calero. Nel relata episodios da mocidade de Xohana Torres como a súa intervención como actriz nunha representación de teatro afeccionado no Teatro Jofre de Ferrol.
1958
No libro Ramón Otero Pedrayo. A súa vida e a súa obra. Homaxe da Galicia universal, preparado polos círculos galeguistas nos anos 50 e 60 e editado polo Centro Galego de Caracas, publícase o poema de Xohana Torres “Nun clamor de raíces”. Xohana como moitos mozos galeguistas, mantivo correspondencia con el.
1960
Sobre a obra de Xohana Torres
Antón dos Leis, novela curta inédita
O 14 de novembro de 1960 Piñeiro escríbelle a Fernández del Riego: “Estivo aquí [en Compostela] Xohana Torres. Sigue a traballar na súa novela e ten tamén un libro de versos”. Dous anos despois Piñeiro dille a Basilio Losada, nunha carta, que leu os primeiros capítulos dunha novela, moi interesante, de Xohana Torres. Tratábase do mecanoscrito do inédito
Antón dos Leis.
1965
Publica
Á outra banda do Iberr con ilustracións de Xohán Ledo .
Obra de teatro finalista do Premio Castelao. Protagonizada por Malen de Escó, debulla o desarraigamento do exilio e as dúbidas sobre se volver á patria de orixe, Galandia.
Fonte da imaxe: exemplar da Fundación Penzol
1965
Publica no n.º 8 da revista
Grial “Stanislawski e o teatro moderno” (p. 231-235). Comentario sobre as repercusións do método Stanislawski na formación de actores de cinema e teatro.
[Descargar en PDF]
1966
Recibe o II Premio Castelao por
Un hotel de primeira sobre o río.
Fonte da imaxe: Ilustración dun exemplar de Un hotel de primeira sobre o río. Fundación Penzol
1966
Comeza a súa andaina como tradutora traducindo dous libros infantís do catalán ao galego:
- Cots, Jordi:
O abeto valente, La Galera, Barcelona / Galaxia, colección A Galea de Ouro, Vigo.
- Vives de Fàbregas, Elisa:
O globo de papel, La Galera, Barcelona / Galaxia, colección A Galea de Ouro, Vigo. Con ilustracións de Fina Rifá,
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1967
O libro de Xohana Torres
Polo mar van as sardiñas publicado por Galaxia con Ilustracións de Ismael Balanyà, é o primeiro conto infantil orixinariamente escrito en galego nos anos 60. Nel nárranse as aventuras dun neno que sae ao mar e aprende a pescar. Traduciuse inmediatamente ás outras linguas do estado, dentro dun ambicioso proxecto de coedición de literatura infantil e xuvenil por parte de Galaxia e Edili coa editorial catalá La Galera. A versión en castelán reeditouse en 1969 cunha tirada de 7.250 exemplares.
Fonte da imaxe: exemplar da Fundación Penzol
1967
Publica en Galaxia e con ilustracións de Asun Bazola, a tradución do libro de Eulàlia Valeri escrito orixinariamente en catalán
Todos os nenos do mundo seremos amigos.
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1967
Publica “A dura maxestade do silencio”, poemas publicados no n.º 16-17 de Claraboya (p. 90-93) sobre poesía galega preparado por Basilio Losada (edición bilingüe galego/castelán).
1968
Publica en Galaxia
Un hotel de primeira sobre o río, con Ilustracións de Isaac Díaz Pardo. Obra de teatro, na que, a partir da protagonista, María, abórdase o desacougo da muller, o conflito rural/urbano, a industrialización e a emigración a Europa.
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1971
Publicase en Buenos Aires
Adiós, María nunha edición patrocinada polo Centro Gallego e máis o Instituto Argentino de Cultura Gallega de Buenos Aires, e, coa colaboración de Edicións Castrelos de Vigo
Fonte da imaxe: Exemplar da Biblioteca do CCG
1972
Publica “O tempo e a memoria” no n.º 37 de Grial (p. 307-322). O retorno ás vivencias na infancia en Ferrol e a constatación do paso do tempo son o fío desta colección de poemas que logo se recolle, como sección de seu, en Estacións ao mar.
1972
O folleto da exposición Lodeiro da Galería Jofer de Pontevedra entre os días 8 a 15 de xuño, inclúe textos de Xohana Torres e Álvaro Cunqueiro.
1979
Tradución do catalán de varios contos infantís publicados en Galaxia:
- Camps, Montserrat; Camps, Anna; Romagosa, Quima (adapt.),
O lobo lelo. Con Ilustracións de Francesc Bofill
- Camps, Montserrat; Camps, Anna; Romagosa, Quima (adapt.),
O traxe novo do emperador. Con ilustracións de Montserrat Ginesta.
- Desclot, Miquel (adapt.),
O demo Rapatú. Ilustrado por Rita Cullà
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1980
Publica na colección Dombate Poesía de Xerais
Estacións ao mar. Primeiro libro para adultos publicado logo da polémica xerada co Premio Galicia de 1970 e a ausencia da vida literaria da autora. Recolle coleccións de poemas publicados con anterioridade. Neles compre destacar a importancia da xenealoxía, a patria, a liberdade, a memoria da infancia e o diálogo coa súa avoa Lola.
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1980
O 26 de abril de 1980 ten lugar a grabación dunha homenaxe a Álvaro Cunqueiro con poemas do mindoniense recitados por Laura Pérez Landeira, Xoaquín Lens, Xohana Torres, Amelia García e música de Emilio Cao.
[Acceda aos audios]
Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia
1980
Publica en Galaxia o conto infantil
Pericles e a balea con ilustracións de Xosé Manuel Xiráldez. Nel o churreiro Pericles decide botarse a navegar a lombos dunha balea. Pasado o tempo saberase que segue a vender churros nas Antillas.
Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol
1984
Traducións:
-de Joxantonio Ormazabal ao basco: Perikles eta balea, Elkar-La Galera.
- de Basilio Losada ao castelán: Pericles y la ballena, La Galera.
- de Francesc Boada ao catalán: Pericles i la balena, La Galera.
1986
Publica no n.º 10 de Dorna “Chámome imaxe á malva luz da hora” (p.7).
Poema que logo ha incluír en Tempo de ría.
1988
Publica “Catro poemas” en Dorna, n.º 14, p. 5-8. Adianto de textos que publicaría, con variacións, en Tempo de ría.
1991
Publica o texto “Laxeiro en Vigo” na Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia, Citania Galería de Arte, p. 108,1991.
1992
Publica en Espiral Maior
Tempo de ría con ilustración da cuberta de Laxeiro.
Causou moita expectación por ter transcorrido once anos desde o seu anterior poemario publicado. Nel aparecen tres temas recorrentes na súa poesía: a orixe, o tempo e a existencia. Nel recóllese o seu poema máis coñecido, “Penélope”.
1992
Traduce a obra de Rudyard Kipling
Just so stories xunto con M. Dolores Martínez, tradutora literaria e sobriña súa. Publicase en Galaxia co título
Así foi.
1997
A Fundación Rosalía de Castro publica
Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas. Libro-Cd homenaxe con poemas a Rosalía de Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, María Xosé Queizán, Helena Villar, Chus Pato, Pilar Pallarés, Xela Arias, Ana Romaní, Yolanda Castaño e Xohana Torres. O título do seu poema é “Ti es para min isa barca...”.
[Accede aos audios]
1997
Escribe o “Limiar” da obra de Santiago Gutiérrez publicada en Xerais Merlín e a súa historia (p. 9-10).
1997
Distribúese un folleto co poema “Penélope” en galego e catalán co gallo da exposición bibliográfica Literatura galega de muller. Eu tamén navegar durante o congreso internacional Bellesa, dona i literatura do Centre Dona i Literatura da Universitat de Barcelona. A tradución é de Alfredo Salom e Sònia Garcia.
2001
Publícase en A Nosa Terra
Ferrol, corazón de navío, con Fotografías de Xan Carballa.
Escolma de poemas relacionados coa súa cidade natal publicados co gallo do seu ingreso na RAG. Na presentación do libro, que tivo lugar o 8 de novembro, interviñeron Pilar Pallarés, Luísa Villalta, Chus Pato, Laura Pérez Landeira, Cesáreo Sánchez, Xulio Valcárcel e Miguel Anxo Fernán-Vello.
[Accede á noticia na web de La Voz de Galicia]
2001
Reedición de Adiós María nunha colección popular de La Voz de Galicia, Biblioteca Galega.
2002
Publica “Paco” unha semblanza do editor e amigo Francisco Fernández del Riego en Homenaxe a Francisco Fernández del Riego en Xesús Ferro Ruibal(Ed.), p. 215, Fundación Premios da Crítica.
2002
O 9 de outubro, en representación da RAG, forma parte do Xurado do Premio Nacional de Poesía.
2002
O 26 de outubro estréase no Coliseo Noela Un hotel de primeira sobre o río da Escola Municipal de Teatro de Noia, dirixida por Víctor Vez.
2003
Publica no n.º 364 do
Boletín da Real Academia Galega “As navegacións oceánicas de Xosé Antón Avilés Vinagre” (p. 219-223). É o texto da intervención no acto institucional da Academia Galega celebrado o 17 de maio en Noia co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Avilés de Taramancos. Interviñeron Xohana Torres, Luz Pozo e Salvador García-Bodaño. O texto publicouse tamén en A Trabe de Ouro, 54 (2003).
[Descargar en PDF]
2004
O PEN Clube promove a edición preparada por Luciano Rodríguez
Xohana Torres. Poesía reunida (1957-2001).
A antoloxía escolma practicamente toda a obra poética publicada da autora, incluíndo dez poemas soltos non incluídos en ningún libro. O estudo preliminar de Luciano Rodríguez ofrece a primeira biografía extensa da autora e unha bibliografía exhaustiva.
2004
Galaxia reedita
Polo mar van as sardiñas, con ilustracións de Federico Fernández.
Deste xeito a Editorial Galaxia recoñecía o labor pioneiro de Xohana Torres como autora de literatura infantil e xuvenil e recuperaba este conto como un clásico da LIX galega. A presentación desta nova edición tivo lugar o 19 de marzo, Día da Árbore, na Praza da Ferrería de Pontevedra. Alí plantouse o rododendro Xohana Torres.
[Consulte a noticia na hemeroteca de La voz de Galicia]
2004
Publica no n.º 19 da revista Ferrol Análisis “A Hortensia Landeira in memoriam” (p. 260-261)
Texto dedicado á amiga de Ferrol que lle abriu a súa biblioteca na mocidade e nai de Laura Pérez Landeira, que ten recitado e representado a Xohana Torres en diversos actos públicos.
2005
Publícase
Olas atlánticas. Edición preparada por Luciano Rodríguez. E editada pola Deputación de Málaga. É unha antoloxía bilingüe, galego-castelán, da obra poética de Xohana Torres.
2005
Publícase en Espiral Maior o seu “Prólogo” ao libro de Lupe Gómez
O útero dos cabalos (p. 9-10)
[Descargar en PDF]
2005
Colabora cun texto na exposición Os gozos e as sombras: 10 poetas+10 artistas, novas visións comisariado por Antón Sobral e Yolanda Castaño que se inaugurou na Fundación Torrente Ballester de Compostela o 23 de maio
2006
Colabora no disco
Galicia e as Cantigas de Santa María, de Antoni Rossell & G. Courtly Music Consort (Consello da Cultura Galega) recitando textos medievais.
[Acceda aos audios]
2006
Gravación en voz da autora do seu poema máis coñecido, “Penélope” para a publicación do Consello da Cultura Galega
Poetas e narradores nas súas voces
[Acceda aos audios]
2007
Publica “No fondo dos camiños”. Texto incluído no libro de fotografías de Jorge Candán e Xurxo Lobato Mares de Finisterrae (p. 173)
2008
Inclúese un texto de Xohana Torres no catálogo da exposición Marieta Quesada que permanece na Casa de Galicia en Madrid desde o día 2 ao 31 de xullo.