1941

Carbalho Calero recorda á súa alumna:
Ficou Xohana catalogada como unha rapaza intelixente, dunha intelixencia desperta nos anos en que a maioría das intelixencias permanecen dormidas.
Carvalho Calero, Ricardo: “Prólogo”, en Xohana Torres: Do sulco, p. 10, Galaxia, 1957.

1931

Xohana Torres recorda a súa infancia:
Desde a xanela do Arsenal observábase un mar abreviado. Co xantar cotián estaba a oferta dos movementos das nubes, partes meteorolóxicos de Bares e Ventoso, a manobra dos remolcadores, o dique, a correntada... Pasei a miña infancia cunha buguina na orella á escoita do rumor da auga.
Torres, Xohana: Eu tamén navegar, p. 12, Real Academia Galega, 2001. [Descargar en PDF]

1957

No movemento literario de hoxe, non podía faltar a muller. A súa actividade está unida ao porvir histórico da terra.
Torres, Xohana: “Introducción ao recital no Círculo Mercantil en 1957” en Xosé Luís Franco Grande: Os anos escuros. A resistencia cultural dunha xeración, p. 389, Galaxia, 2004.

1957

Xohana Torres na vida cultural ferrolá:
Recordemos, por ejemplo, unas Brujas de Salem, maravillosamente representadas en el salón de actos del principal centro docente local... (Andaba Xohana Torres de por medio)
Torregrosa, José: "Apuntes para la historia de Teatro Estudio de Ferrol”, Ferrol Análisis, n.º 16, 2001. [Descargar en PDF]

1962

Carta de Ramón Piñeiro a Carbalho Calero na que fala da obra de Xohana Torres:
Si, a túa intelixente discípula Xoana Torres está agora entusiasmada e moi preocupada co teatro. Anda a preparar un libro de poemas para [a colección] Salnés e ten feita unha peza de teatro (...) A novela [Antón dos Leis], en troques, semella que sufriu bastantes viravoltas. Comezara con moito pulo. Logo refixo varios capítulos, aproveitando isas viaxes que fai polo Mediterráneo co seu home [José Luis Ellacuría]. Despois deixou de falar dela, mesmo como si a tivera abandonado momentaneamente
Alonso Girgado, Luís et al. (eds.): “Carta de Piñeiro de 15/01/1962” en Cadernos Ramón Piñeiro. V. Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carvalho Calero, p. 51, Xunta de Galicia/CIRP, 2004.

1965

Mónica Bar Cendón escribe sobre Á outra banda do Iberr :
Á outra banda do Iberr desarrolla unha problemática planteada tamén, con certa ironía, no teatro europea deste século, coma no caso de Exiliados de J. Joyce, ou Os emigrados de S. Mrozec. As tres pezas cadran en mostrar o desacougo e a sensación de fracaso”
Bar Cendón, Mónica: “Escritoras dramáticas gallegas: dos propuestas subversivas” en Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca), vol. VI, p. 227, Anthropos, 2000. Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol

1965

Manuel Lourenzo destaca Á outra banda do Iberr :
A comezos dos anos sesenta escribíronse obras interesantes. Eu lembro unha de Xohana Torres, Á outra banda do Iberr, cun ton críptico e alegórico, no que os personaxes tiñan nomes estranos, de resoancias nórdicas e chocábame o emprego do galego naquela contextos. Daquela non resultaba natural o emprego do galego para determinados personaxes que non o falaban na realidade.
Vieites, Manuel: “Entrevista con Manuel Lourenzo. Premio Nacional de Literatura Dramática” en ADE Teatro, p. 64-65 ,1998. Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol

1965

Ramón Piñeiro sobre Á outra banda do Iberr :
O libro de Xohana Torres [Á outra banda do Iberr] debe saír o Día das Letras Galegas. Ese día otorgarase o novo premio Castelao e entregaráselle a Xohana o exemplar editado do seu
. Fernández del Riego, Francisco: “carta de R. Piñeiro de 20/04/1965” en Un epistolario de Ramón Piñeiro, p. 216, Galaxia, 2000. Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol

1965

Sobre Á outra banda do Iberr :
[Malen] non cre nos falsos soños nin nas falsas promesas que os homes confiados ligan á volta da terra propia, pero tampouco non comunga coa renuncia dos que quedan na Cidade Allea (...). E aí queda exiliada
Blanco, Carmen: Sexo e lugar, p. 91, Xerais, 2006

1965

Sobre Á outra banda do Iberr :
Aparece en 1965 a súa primeira contribución ao teatro. Malia non ser o texto vencedor (…) o xurado decidiu motu propio publicalo, coa axuda de Galaxia, dada a súa excelente calidade
Pérez Durán, Gabriel: “A perpetuidade do xogo da ourela. Unha achega ao teatro de Xohana Torres” en Anuario de Estudos Literarios Galegos 2005 (2006. [Descargar en PDF]

1966

Basilio Losada escríbelle a Ramón Piñeiro sobre O abeto valente e O globo de papel:
Hai xa tres ou catro días que recebín O abeto valente e O globo de papel, os dous primeiros libros infantiles pubricados en galego si non ando trabucado. Xa os tiña visto na Esposición do Libro Infantil (...). Son unha verdadeira maravilla. Xohana Torres verteu o testo, non sei si con fidelidade, pero si cunha sensibilidade esquisita
Piñeiro, Ramón; Losada, Basilio: “Carta de Losada do 28/12/1966” en Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1964, p. 551, Galaxia, 2009. Fonte da imaxe: Exemplar da Fundación Penzol

1967

Sobre Polo mar van as sardiñas :
Polo mar van as sardiñas ha recuperado con el tiempo la importancia de ser una de las obras pioneras de la literatura infantil gallega
Domínguez Pérez, Mónica: “Polo mar van as sardiñas y sus traducciones” en Madrygal, n.º 11, p. 32, 2008. [Desgargar o artigo en PDF na web da UCM] Traducións: - de Nemesio Etxaniz ao basco: Goazen sardiñetara!, La Galera, Edili / Barcelona, 1967. - de Ismael Balanyà ao castelán: ¿Cómo es de rico el mar?, La Galera, Barcelona 1967. - de Eulàlia Valeri ao catalán: Com és de rica la mar?, La Galera, Barcelona, 1967.

1970

Mercedes Brea analiza Adiós, María:
é unha novela a ter en conta nestes aires que corren na literatura galega contemporánea; é un paso máis nese difícil camiño pra conquerir unha verdadeira novela galega
Brea, Mercedes, “Adiós María, de Xohana Torres: estructura e personaxes”, Grial, n.º 37, p. 352, 1972.

1971

Basilio Losada escribelle a Ramón Piñeiro sobre Adiós, María :
En xeneral, a novela da Xohana Torres gustou francamente. Todos falan ben dela –non garantizo que Blanco Amor e Silvio [Santiago] participen desa opinión-, e coido que se vende moi ben (xa van vendidos mil exemplares, según din)
Piñeiro, Ramón; Losada, Basilio: “Carta de Losada do 14/09/1971” en Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1964, p. 871, Galaxia, 2009.

1971

Ramón Piñeiro escríbelle a Basilio Losada sobre Adiós, María :
faleille a Xohana da posibilidade dunha xestión para editala en castelán. Díxome que lle escribira Lara interesándose pola edición castelá e que tamén o Ferrín lle transmitira unha oferta semellante por encargo doutra editora. A actitude da Xohana é que escribe en galego por lealtade á lingua e que unha tradución inmediata ao castelán (...) sería pouco consecuente co seu sentir (...) [Xohana] díxome tamén que ten escrita outra novela que se chama Os funcionarios, que entregará a Galaxia
Piñeiro, Ramón; Losada, Basilio: “Carta de Piñeiro do 14-IX-1971” en Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1964, p. 871-872, Galaxia, 2009.

1971

Sobre Adiós, María:
Xohana Torres somérsexe nesta novela no escuro polvorín da familia e nas complexísimas relacións femininas do patriarcado (...). Pois, para a neta, a avoa representa o principio de realidade, sempre negativo, e a verdade más amarga da diferencia sexual
Blanco, Carmen: “Morrer no mar de mulleres desecado. Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres” en Galicia & Terrranova & Labrador, p. 183, Xaquín Rodríguez Campos e Xosé Santos Solla (coord.), USC [Descargar o PDF na web da UB]

1971

Recensión crítica de Basilio Losada a Adiós, María :
O monólogo, longo e complexo, é un reflexo moi logrado da fala suburbial, cos modismos, as incorrecciós, os castelanismos e vacilacións semánticas dos galego erosionado dos arrabaldes. Verdadeira regalía pra lingüistas, documento vivo da situación da fala
Losada, Basilio: “Recensión crítica a Adiós María, de Xohana Torres”. Revista Colóquio/Letras, n.º 8, p. 99, 1972.

1971

Sobre Adiós, María :
Ferrol debería acordarse también de Xohana Torres -dice Laura [Landeira] (…). Pero como es callada y no hace apenas vida social, nos olvidamos de lo que significa aquí y afuera. Yo claro que me acuerdo: estando en la cárcel de La Coruña, en el 72, me envió por medio de la pianista Naty Lamas, un ejemplar dedicado de Adeus, María que aún conservo. Eso era exponerse, y mucho, en aquel tiempo”
Torregrosa, José. "Apuntes para la historia de Teatro Estudio de Ferrol” en, Ferrol Análisis, n.º 16, p. 38, 2001. [Descargar en PDF]

1971

Sobre Adiós, María :
Estamos pois diante dunha novela de concienciación, pero desprovista dunha progresión positiva, dun camiño ascendente. Polo contrario, en María Briz aflora a frustración, de maneira que non é unha heroína triunfante: a penas a toma de consciencia dun fracaso presente e futuro
Bermúdez, Teresa, Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres, Xerais, p. 71, 2002

1980

Sobre Estacións ao mar :
Da man de Lola, a neta Chuchiña irá coñecendo o mundo e aprenderá a voar coas ás de gaivota
Seara, Teresa: “Arte de grumete (diálogo co verso de Xohana Torres)” en Festa da Palabra Silenciada, n.º 17, p. 91, 2002.

1980

Sobre Estacións ao mar :
a poeta insiste coa súa «palabra no tempo» (como outra poetisa galega de postguerra, María Mariño) e non deixa de furgar na «hedra da memoria» que medra sobre o tempo da nenez, a terra e a morte. En efeito, estes son tres temas omnipresentes nas catro partes do libro
Blanco, Carmen: “[Recensión crítica a Estacións ao mar, de Xohana Torres” en Revista Colóquio/Letras, n.º 62, p. 106 , 1981.

1980

Sobre Estacións ao mar :
convertida en autora canónica é a evidencia da escritora afouta pero ferida. Ela, que tan activa foi desde finais dos cincuenta, ela que tamén fixo os deberes da normalización no seu momento e se meteu a escribir teatro e narrativa e literatura infantil, ela que escribiu NETA ou PATRIA como berro político... ela, en fin, que optou polo silencio, para poder, por fin, escribir
González, Helena: “Xohana Torres, a dona dos mapas” en Grial, n.º, 166, p. 139, 2005

1987

Publícase o Monográfico Festa da Palabra Silenciada, Especial Xohana Torres. [Descargar en PDF] O colectivo feminista FIGA reinvindicaba a Xohana Torres como modelo para a unha escrita feminista e comprometida con Galicia. Na sección de antoloxía publicáronse catro poemas inéditos de Tempo de ría, entre eles o seu poema máis coñecido, “Penélope”, que axiña se converteu en bandeira do feminismo cultural galego, singularmente o seu último verso: “EU TAMÉN NAVEGAR”. O monográfico incluía estudos de Margarita Ledo, Isabel Mouriz, Camino Noia, Carmen Blanco, M. Carme Ríos Panisse, Teresa Barro e Katlheen N. March e, entre outras, textos de M. do Carme Kruckenberg, Luz Pozo, María Xosé Queizán, Ana Romaní, Helena Villar e unha daquela descoñecida, María do Cebreiro.

1992

Sobre Tempo de ría :
Na recuperación do tempo ido, a través da memoria, xorde o símbolo positivo das Illas –con maiúscula-, que se albiscan desde a casa (...), que son ensoñación, a poesía mesma e, ao final (logo de seren patria, soño e poesía), as Illas singularízanse para expresaren os íntimos afectos
Villar, Rafael X: “[Recensión crítica a Tempo de ría, de Xohana Torres” en Revista Colóquio/Letras, n.º 137, p. 106.

1992

Publícase a escolma de escritoras galegas vivas coordinada por Camino Noia Palabra de muller que contén un retrato e unha biografía breve da autora.

2000

O día 5 de outubro a “Revista das letras” (RDL), suplemento de O Correo Galego, conforma un monográfico titulado ‘Xohana Torres’ no que se Inclúe o seu poema inédito “Ofelia” e poemas expresamente escritos para a ocasión de Luz Pozo, Ana Romaní, Lupe Gómez, María do Cebreiro e Chus Pato. Xohana Torres. Rdl, 334, supl. de (05/10/2000). [Descargar en PDF]

2002

No mes de xaneiro Laura Pérez Landeira publica “Xohana, los resplandores” en Razón Socialista, n.º 12, p. 30-31.

2003

Pedímoslle a cinco críticos que escollesen cada un cinco poemas dos 25 últimos anos. A idea era conseguir 25 composicións nunha antoloxía mínima do cuarto de século. (...) Varios críticos coincidiron en dous poemas, “Penélope” de Xohana Torres e “A un meu fillo” de Xosé Luís Méndez Ferrín
“Os mellores poetas dos 25 anos. Os antólogos escollen ‘Penélope’” en Cadernos de Pensamento e Cultura, 25 Letras en cambio, n.º 29, páx. 27.

2005

Sobre a obra de Xohana Torres:
unha das máis importantes tendencias literarias de Torres é aquela centrada na vivencia da terra, asentada nun arraigado sentimento nacionalista, por un lado, e por outro, nunha paixón natural de raíz telúrica. A terra é anceiada como patria libre e tamén como mundo natural. E directamente vencellada a esta dirección telúrica cabe sinalar outra visión do suxeito feminino na escrita de Torres
Novo, Olga: “A voz interna, conmovida, última. Análise temática da obra de Xohana Torres” enUnión Libre, n.º 1, p. 145, 1996

2009

O día 9 do mes de xullo publícase co título ‘Lupe Gómez’ o suplemento “Revista das letras” do xornal Galicia Hoxe. Trátase dun texto de creación construído en diálogo con Xohana Torres. [Acceda ao suplemento na web de ECG]