culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Fermín Casares y Bescansa

Un distinguido enxeñeiro de camiños

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Díaz Fierros-Viqueira, Francisco
  • Data de alta: 25/01/2016

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Díaz Fierros-Viqueira, Francisco ([2016], “Fermín Casares y Bescansa”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 08/12/2023] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=1036
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Santiago de Compostela 1868
  • Falecemento: A Coruña 1960
Primeiros anos

Nace en Santiago de Compostela no seo dunha familia de sólida tradición científica. Estuda enxeñería de camiños canles e portos en Madrid, obtendo seu primeiro destino en 1895, no Distrito de Ourense, e posteriormente na xefatura de A Coruña. Seus traballos estiveron ligados á construción de estradas, na División de Obras hidráulicas do Miño e no Servizo de Faros e Sinais Marítimas. En 1902 pide a excedencia e en condición de supernumerario vaise dedicar a realizar traballos privados, sendo o primeiro como contratista de Obras do Porto de A Coruña. En 1903, en colaboración con Estanislao Pan y Pérez, realiza o proxecto do Abastecemento de Augas de A Coruña desde os ríos Mero e Barcés. que se conclúe en 1908, ano en que Fermín Bescansa é nomeado Director Xerente de “Augas da Coruña”, posto no que cesou en 1912 para pasar logo á Compañía de Caminos de Hierro del Norte. En 1919, volve a ingresar na administración do Estado como profesor de Mecánica da Escuela de Ingenieros de Caminos de Madrid (EICCPM), asignatura da que estaba encargado desde o ano anterior.

Profesor en Madrid

Estivo encargado da cátedra de Mecánica da EICCPM ata 1938, ano da súa xubilación. De todas maneiras, por solicitude súa foi de novo readmitido no cargo ata 1940, ano da súa xubilación definitiva. En 1922 publicou un texto de Mecánica General que tivo unha ampla vixencia nas escolas técnicas españolas (en 1966 aínda se imprimiu a cuarta edición) e foi moi ben considerado pola crítica especializada. Tamén publicou traballos sobre formigón armado e outros temas técnicos na Revista de Obras Públicas. Pertenceu á Sociedade Matemática Española, da que foi socio fundador e membro, como vogal, da súa dirección, e tamén á Sociedad Española para el Progreso de las Ciencias.

Valoración científico-técnica

O seu labor como matemático non debeu pasar do seu traballo organizativo na Sociedade Matemática Española, pois só se coñece unha publicación súa sobre esta materia, unha ampla recensión dunha conferencia dada por Torre Quevedo no Ateneo de Valladolid sobre “El autómata ajedrecista” (Actas As. Esp. Progr. Ciencias, Tomo II). Publicou tamén varios traballos técnicos sobre o formigón e outros temas:“Cálculo de vigas de hormigón armado”, Revista de Obras Públicas, 1910; “La adherencia en el hormigón armado y las variaciones de volumen en el fraguado, Revista de Obras Públicas, 1916; Trazado de cambios de vía en curva, Madrid, 1919; “Más acerca de las aguas ascendentes en Canarias”, Revista de Obras Públicas, 1925).

A súa obra fundamental foi a Mecánica General, texto de uso na Escola Técnica Superior de Camiños de Madrid que chegou a ter catro edicións. J.M. Plans fixo unha eloxiosa crítica na Revista Matemática Hispano-Americana, destacando seu carácter totalizador e rigoroso, así como o feito de ser unha obra pioneira na bibliografía técnica española. No relativo aos principios fundamentais da Mecánica sinala que «la Mecánica de Newton es una primera aproximación con respecto a la de Einstein, pero agregando con razón que podemos tener confianza plena en sus deducciones para todos los casos que en la práctica se puedan presentar».




Bibliografía:




Fontes impresas:

CASARES BESCANSA, F. (1910): Cálculo de vigas de hormigón armado, Revista de Obras Públicas, 58, I : 437-443, 449-454, 461-464, 473-477.

CASARES BESCANSA, F. (1916): La adherencia del hormigón armado y las variaciones en el fraguado, Revista de Obras Públicas, 64, I : 49-53, 109-114.

CASARES BESCANSA, F. (1919): Trazado de cambios de vía en curva, Madrid.

CASARES BESCANSA, F. (1922): Mecánica General. Madrid: Libr. Victoriano Suárez.

CASARES BESCANSA, F. (1925): Más acerca de las aguas ascendentes de Canarias, Revista de Obras Públicas, 73, I: 502-503.


Bibliografía secundaria:

NÁRDIZ ORTÍZ, C.; VALERIO SOLSONA, C. El abastecimiento de agua a La Coruña. A Coruña: Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A.; Universidade de A Coruña.