culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Félix Domingo Estrada Catoira

Un médico comprometido con Galicia

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Bugallo, Ánxela
  • Data de alta: 28/04/2012

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Bugallo, Ánxela ([2012], “Félix Domingo Estrada Catoira”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 30/05/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=277
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Porto Príncipe (Cuba) 1853
  • Falecemento: A Coruña 1938
Residente en Galicia desde neno, logo de estudar o bacharelato no Instituto da Coruña e Peritaxe mercantil na Escola de Comercio (1866-1869), iniciou na Universidade de Santiago as carreiras de Medicina e Farmacia, e obtivo a licenciatura na primeira delas en 1874. Nada máis rematar exerceu como Profesor axudante de Patoloxía (1874-1875) e axudante de prácticas de Fisioloxía e Terapéutica. En 1875 obtivo o doutorado en Madrid.

Ingresou por oposición en Sanidade Militar, en marzo de 1877, e foi destinado a Burgos como Médico Segundo. En decembro ascendeu a Médico Primeiro para Ultramar e marchou destinado a Cuba, onde exerceu en varios centros médicos, entre eles o Hospital Militar da Habana. Na Universidade desta cidade continuou os estudos de Farmacia -doutorouse en 1880- e realizou ao mesmo tempo a carreira de Ciencias, na que tamén acadaría o doutorado en 1883. Nese mesmo ano conseguiu por concurso a cátedra de Historia Natural e Zootecnia na Escuela de Agricultura de la Isla de Cuba, que desempeñou durante cinco anos. A partir de 1885 simultaneou esta cátedra coa de Física e Química da Escuela de Artes y Oficios. Durante estes anos fixo diversas viaxes á Península e ocupou brevemente destinos en Córdoba, Ferrol e Vigo, pero sen retornar definitivamente ata 1895.

Nada máis chegar a Madrid, fiel ao seu interese por ampliar os seus coñecementos, cursou quinto de Dereito, para así rematar os estudos que iniciara en Cuba. Ascendido a Médico Maior en 1896, recalou no Hospital da Coruña, onde permaneceu dez anos, ata que foi destinado a Segovia, centro no que exercerá como Director a partir do 15 de xaneiro de 1908. Logo dun traslado a Alacante, volveu a Coruña en 1911 como Médico da Capitanía e Xefe de servizos do Hospital Militar da cidade. Realizou ademais funcións como Inspector Médico de Segunda, tal e como recolle a Sección Oficial da Revista de Sanidad Militar, que informa das indemnizacións aprobadas polo seu traballo en 1913. Retirouse do seu posto na Coruña en 1915.

En xuño de 1921, na toma de posesión como Director da Escuela de Artes y Oficios da Coruña, ofreceuse á sociedade herculina para todo o que redundara a prol do ensino e da cultura. Non era un discurso baleiro, pois nas memorias do centro dese ano (Estrada, 1921), sinala a necesidade de adaptar as ensinanzas ás condicións peculiares e ás necesidades da localidade, e nas do curso seguinte incide na importancia de que as escolas de Artes e Oficios non teñen un plan único e se especialicen nas industrias locais.

Durante a súa estadía na Coruña comprometeuse social e politicamente: realizou unha valiosa labor benéfico-social á fronte do Patronato de Caridad, Escuelas Populares Gratuítas, Cocina Económica, así como noutras entidades, e exerceu como concelleiro da cidade de 1931 a 1936.

O carácter universal e local

O núcleo da obra de Estrada Catoira son os diversos libros e folletos relacionados coas súas actividades científico-profesionais, entre elas Medios fáciles de investigar las adulteraciones de los alimentos más usados en Galicia, ou Enfermedades y mortalidad en el Ejército (Estrada, 1889), publicado durante a súa estadía na Habana, onde resalta o carácter universal e multidisciplinar da hixiene e fai unha análise das distintas condicións hixiénicas que deben observarse en tempos de paz, guerra e posguerra. Detalla tamén as doenzas máis comúns e salienta a importancia da vacinación obrigatoria, xa asumida por outros exércitos.

Estrada Catoira escribiu artigos de Medicina en revistas profesionais como Anales de da Sociedad Ginecológica Española, El anfiteatro anatómico español, El siglo médico, Revista de terapéutica ou Gaceta de Sanidad Militar, así como na prensa diaria, na que destaca a serie que publicou sobre a encefalite letárxica en La Voz de Galicia. Entre os escritos relacionados co seu labor como docente, inclúese o manuscrito conservado na Real Academia de Medicina da Coruña, no que adapta, baixo o título xenérico de Farmacia Químico-Orgánica, as explicacións do catedrático de dita materia na Habana, Manuel Vargas Machuca, lidas no curso 1880-81. Tamén cómpre citar Zootécnia. Programa de esta asignatura(Estrada, 1885), onde planifica a súa intervención didáctica na materia, centra o 1º curso na Anatomía, o 2º na Fisioloxía e Hixiene, o 3º na Patoloxía e Terapéutica dos animais domésticos, e trata temas tan innovadores como a piscicultura.

Outros traballos seus encádranse no estudo da Historia da Ciencia en Galicia, como El Sabio naturalista don Víctor López Seoane y Pardo Montenegro, Breves apuntes para la historia de los Hospitales de La Coruña, primeiro premio do Certamen del centenario del P. Feijóo, celebrado en Ourense. Tamén da Historia da Ciencia en América, con artigos como Los médicos en la conquista de América (Estrada, 1928), no que fai unha análise histórica dos precedentes, preparativos e contactos relacionados coa Medicina e a Ciencia, en xeral, nas viaxes de Colón. Así, relata os contactos co físico florentino Paolo Toscanelli, quen lle deu instrucións a Colón para a primeira viaxe.

O seu interese pola Historia Xeral pode contemplarse nos seus artigos na prensa diaria e en publicacións como a Revista General de Marina, onde escribe sobre temas militares e feitos acaecidos nas cidades de Vigo e A Coruña. O seu traballo Reseña de la reconquista de Vigo foi premiado en 1909 no Certame Histórico-Literario do Concello de Santiago. Mais o seu gusto por esa temática tamén deu obras como a publicada en 1930 sobre a historia da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (Círculo de Artesanos), institución da que foi presidente dende decembro de 1923 ata 1926. Nela analizaba, entre outras cuestións, o Entroido coruñés e referíase aos Apropósitos, textos irónicos que eran publicados polo Círculo con motivo da celebración desta festa. Tiñan lugar como despedida do Entroido e durante unha época os que ían ao enterro da sardiña paraban no teatro para ver a representación e logo seguían. Os Apropósitos conteñen información sobre cuestións médicas, case sempre expresadas de forma bufa: achacan a morte do Entroido aos excesos gastronómicos dos días anteriores, pero citan as doenzas máis xeneralizadas na época, como este de 1872 recollido por Estrada (1930): «El Carnaval que alegre/ ayer se nos mostró, / hoy triste y taciturno / lo dejo en un sillón./ No es gota lo que tiene / según dijo el doctor, / ni reuma, ni catarro, / ni menos sarampión. / Es que marcado se halla/ del tiempo en el reloj, / que en la Coruña, acaba / hoy mismo su misión».

Outras publicacións menores de Estrada Catoira, resultado de informes ou discursos nas distintas institucións das que formou parte, aparecen rexistradas nunha excelente relación bibliográfica realizada por Roldán (1975). Estrada foi membro de numerosas sociedades científicas: Sociedad Española de Historia Natural, Sociedad Antropológica Española, Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago, Círculo Agronómico de La Habana e outras moitas entidades. Como numerario e tesoureiro da Real Academia Galega, foi un dos membros da xunta de goberno que asinaron, o 24 de xuño de 1930, a circular dirixida aos restantes académicos onde manifestaban que o criterio acerca da bandeira de Galicia era que existira unha única para uso oficial (Barreiro; Villares, 2007). A súa implicación na Academia fixo del o autor de numerosos discursos de contestación lidos na recepción de novos académicos como Manuel Casás Fernández, David Fernández Diéguez e José García Acuña, entre outros. O seu interese cultural reflíctese tamén na publicación de numerosos artigos sobre distintos persoeiros das nosas artes, sendo dun interese especial a serie de 1934 na revista Galicia, de Madrid, dedicada a mulleres galegas poetas.

Cunha formación científica máis que completa (Medicina, Farmacia e Ciencias), Félix Estrada Catoira non foi só un observador privilexiado, senón que se mergullou nos problemas da sociedade que o rodeaba e utilizou o seu saber para poñelo ao servizo da súa mellora en medicina, en educación, en integración social, en política, demostrando, en definitiva, o seu compromiso como científico e como persoa. Félix Estrada Catoira finou na Coruña o 13 de marzo de 1938. O Concello dedicoulle unha rúa na zona de Catro Camiños.




Bibliografía:



Fontes documentais :

Félix José Domingo Estrada Catoira. Arquivo Histórico da Universidade de Santiago. Serie Expedentes Persoais, Cartafol 357, doc. 14-15.

Fontes impresas:

ESTRADA CATOIRA, F. (1885): Zootécnia. Programa de esta asignatura, La Habana: Cienaga-Escuela de Agricultura de la Isla de Cuba.

ESTRADA CATOIRA, F. (1889): Enfermedades y mortalidad en el Ejército, La Habana: Fernández y Cia.

ESTRADA CATOIRA, F. (1916): Historia de los Ejércitos Gallegos durante la Guerra de la Independencia, Santiago: Tip. El Eco Franciscano.

ESTRADA CATOIRA, F. (1919): Galicia en América: propagación de la vacuna, Almanaque gallego, Buenos Aires: Ed. Céltiga., pp. 56-62.

ESTRADA CATOIRA, F. (1921): Escuela de Artes y Oficios de La Coruña, Memoria del curso 1921-22, A Coruña: Imp. Artística.

ESTRADA CATOIRA, F. (1924): Informe acerca del capital de la Biblioteca del Real Consulado presentado al Consejo Provincial de Fomento por el vocal D. Félix Estrada Catoyra, A Coruña: Tip. de El Noroeste.

ESTRADA CATOIRA, F. (1925): Las matemáticas en la apologética científica contemporánea. Discurso leído ante la Real Academia Gallega por... David Fernández Diéguez en el acto de su recepción pública. Y contestación del señor D. Félix Estrada Catoyra el día 28 de marzo de 1925 en el paraninfo del Instituto Nacional de Segunda Enseñanza de La Coruña, A Coruña: Zincke Hermanos.

ESTRADA CATOIRA, F. (1928): Los Médicos en la conquista de América, Revista General de Marina, I: 195.

ESTRADA CATOIRA, F. (1929a): El Rvdo. P. Celestino García Romero, Boletín de la Real Academia Gallega, 18, 213: 177-178.

ESTRADA CATOIRA, F. (1929b): El sabio naturalista don Victor López Seoane y Pardo Montenegro, Galicia: revista del Centro Gallego de Montevideo, 151: 169-170.

ESTRADA CATOIRA, F. (1930): Contribución a la historia de la Coruña: La Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos en sus ochenta y tres años de vida y actuación, A Coruña: Tip. El Ideal Gallego.

ESTRADA CATOIRA, F. (1931a): Purificación de todos los individuos de la Real Universidad de Santiago y demás establecimientos literarios de Galicia, Boletín de la Real Academia Gallega, 20, 235-240: 254-267.

ESTRADA CATOIRA, F. (1931b): Autoaeronáutica, Revista del Autoaeroclub de Galicia, 2, 18: 1-3.

ESTRADA CATOIRA, F. (1932a): Contestación del académico de número D. Félix Estrada Catoyra. Discursos leidos en la recepción pública del Señor Don José García Acuña como académico de número el 15 de Noviembre de 1932, A Coruña: Academia Gallega, Imp. Moret.

ESTRADA CATOIRA, F. (1932b): Las Corridas de toros en La Coruña, Galicia: revista gráfica mensual, 1, 3: 24-25.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934a): Narcisa Pérez Reoyo, Galicia en Madrid, 3, 25: 1- 2.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934b): Filomena Dato Muruais, Galicia en Madrid, 3, 27: 2.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934c): Las fiestas del Apóstol en Compostela,. Galicia en Madrid, 3, 31: 1-2.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934d): El Poeta Francisco Añón y Paz, Galicia en Madrid, 3, 33: 5-6.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934e): San Cosme y San Damián, patronos de los médicos y farmacéuticos, Galicia en Madrid, 3, 34: 3-4.

ESTRADA CATOIRA, F. (1934f): Nuestros artistas: Manuel Abelenda, Galicia en Madrid, 3, 35: 5

ESTRADA CATOIRA, F. (1935): El Gran Hospital de Santiago, Galicia: revista gráfica mensual, 4, 19: 71-73.

ESTRADA CATOIRA, F. (1936a): Concepción Arenal y su apostolado. Discursos leidos ante la Real Academia gallega en la recepción pública de Manuel Casas Fernández el día 13 de marzo de 1936, A Coruña: Moret.

ESTRADA CATOIRA, F. (1936b): Los Famosos tesoros de Rande hace muchos años que no están en Rande, Cultura Gallega, La Habana, Ed. Facsímil, 1, 2: 8-9.

ESTRADA CATOIRA, F. (1978): Reseña de la reconquista de Vigo. Trabajo premiado en el Certamen Histórico-Literario promovido por el Excmo. Ayuntamiento de Santiago en el año 1909, Vigo: Grafinsa. Edición no venal patrocinada por Banco Industrial de Bilbao.



Bibliografía Secundaria:

ANÓNIMO (1908): Real Orden Circular (D.O. num. 12) disponiendo que los jefes y oficiales que se relacionan pasen á servir los destinos que se les señalan. Sección Oficial, Revista de Sanidad Militar y la Medicina Militar Española, II, 3: 69.

BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.; VILLARES, R. (eds.) (2007): Os símbolos de Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real Academia Galega.

MÁIZ ELEIZEGUI, I. (1961): Historia de la Enseñanza de Farmacia en Santiago. Cien años de vida de la Facultad: 1857-1957, Santiago: Universidad.

ROLDAN GUERRERO, R. (1975): Diccionario biográfico y bibliográfico de autores farmacéuticos españoles, Madrid: Imp. P.H.O.E.

ROMERO VÁZQUEZ, D. (1977): Galería de Médicos Gallegos Ilustres. Primera série: 93-100, A Coruña: Moret.