culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Jesús Carballo Taboada

O introdutor da Espeleoloxía científica

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Bugallo, Ánxela
  • Data de alta: 05/05/2012

Galeria


Jesús Carballo Taboada
CarballoTaboada3.jpg
CarballoTaboada3.jpg

Como citar esta páxina:

  • Bugallo, Ánxela ([2012], “Jesús Carballo Taboada”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 25/11/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=281
Untitled Document

Jesús Carballo Taboada

Datos biográficos:

  • Nacemento: Santiago de Compostela 1873
  • Falecemento: Santander 1961
Todos os escritos sobre Jesús Carballo Taboada apuntan a necesidade de afondar na rica documentación do seu legado para revisar as múltiples incógnitas dos seus primeiros anos e analizar polo miúdo o valor da súa contribución científica. A primeira dúbida xurde coa súa data de nacemento en Santiago: case todas as citas apuntan ao 15 de marzo de 1874, pero os traballos máis recentes sinalan o 13 de marzo do ano anterior (Crespo, 2000). Na cidade compostelá cursou os estudos de Primeira Ensinanza e comezou os de piano no Conservatorio de Música. Semella que desenvolveu a súa afección polas Ciencias Naturais mentres acompañaba ao director do Observatorio Meteorolóxico a facer as observacións que se transmitían a Madrid, unha influenza que sen dúbida o levará posteriormente a ser delegado da Sociedad Astronómica de Santander. En 1891 marchou ao Colexio Salesiano de Sarriá (Barcelona) e ingresou, con 18 anos, na Congregación Salesiana, sendo logo destinado a Vigo. Tras recibir as ordes menores en Tui, Turín (Italia) -onde estudou Filosofía, Teoloxía e Música- e Braga, recibiu a orde sacerdotal en Lisboa o 28 de abril de 1901. Logo de regresar a España, graduouse como bacharel en Soria e cursa a carreira de Ciencias Naturais na Universidade de Madrid, onde foi discípulo de Rodríguez Carracido nas materias de Química.

En 1904 chegou a Santander como director do Colexio Salesiano, cargo no que permaneceu ata 1908, cando pasou a dirixir o novo colexio de Alta. Interveu en varios aspectos da construción e dotación deste centro, orientado polo seu criterio científico. Mandou construír un alxibe para utilizar a auga da chuvia e tamén enriqueceu o Museo de Historia Natural do colexio con novos equipamentos (Crespo, 2000). Nos anos seguintes Carballo xestionou a súa saída da Congregación Salesiana, na que criticaban claramente a súa vocación científica, como se recolle nas notas da Visita Canónica ao Colexio del Alta, realizada por Miguel Foglino, en nome do Reitor Maior: «El. P. Carballo se halla demasiado engolfado en el estudio de las cosas profanas [...] por lo que es criticado por los salesianos y también por personas de fuera [...] En una discusión con un sacerdote, saltó con estas palabras: “La Filosofía y la Teología son cuentos; lo que hoy día importa son la Física y las Matemáticas”». Parte das razóns da súa marcha semellan claras, en palabras do propio Inspector José Manfredini, Secretario del Consejo Superior, en 1913: «¿Que influencia puede tener quien se ha ido diciendo que se ha marchado porque no se le permite estudiar?» (Bastarrica, 1981).

Décadas de investigación en patrimonio

O certo é que durante o período de dirección dos colexios salesianos de Santander, Carballo desenvolveu unha intensa actividade científica e realizou importantes descubrimentos durante a escavación de máis de trinta covas e simas, cuxos datos publicou con abondosa bibliografía no Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural. Entre 1908 e 1911 escribiu numerosos artigos sobre o tema, como “La espeleología en España” (Carballo, 1908), no que fai un pequeno estudo histórico dos seus predecesores, propón a recompilación nun catálogo de todas as grutas, cavernas, simas e fendas, e destaca a súa utilidade científica e industrial.

Foi un tempo no que tamén participou en grupos de estudo de Arqueoloxía e Historia Natural. En 1906 colaborou con Harlé no estudo da fauna da Cueva del Castillo (Madariaga, 1976) e con Hermilio Alcalde del Río, director da Escuela de Artes y Oficios de Torrelavega a quen Carballo consideraba un ilustre mestre, nas escavacións da mesma cova financiadas polo príncipe Alberto I de Mónaco. No mesmo artigo expuxo os obxectivos da creación dun grupo espeleolóxico dentro da Sociedad Española de Historia Natural para fomentar a práctica desta especialidade. Ese mesmo ano, no I Congreso de Naturalistas Españoles que se celebrou en Zaragoza, presentou o informe La Espeleología, ciencia nueva en España. En 1909, conseguirá que a Sociedad Española de Historia Natural acepte esta nova especialidade e que se funde na provincia de Santander a sección de Espeleoloxía, da que foi elixido secretario e que será transcendental para a creación do museo provincial.

En 1910 presentou diante do Congreso da Asociación Española para el progreso de las Ciencias, celebrado en Valencia, a comunicación Fauna espeleológica de la Montaña, na que deu conta do descubrimento nas covas da rexión de ósos de Ursus spelaeus, Hyena spelaea, Felis spelaeus, Cervus elaphus, Bos primigenius, Rinoceros tichorhinos, e outras especies das que non se tiñan novas ou seguridade da súa existencia en España.

En 1911 foi nomeado presidente da sección de Espeleoloxía e participou no descubrimento das covas burgalesas de Ameyugo e Las Conchas de Haro. Ao ano seguinte participou no estudo dos depósitos de La Paloma, Cueva de Rascaño, Cueva del Morín o del Rey, e deu a coñecer o exemplar de Elephas primigenius descuberto en San Miguel de Cabarga. No congreso de 1912, celebrado en Granada, presentou o traballo Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo (Carballo, 1912), no que se declarou positivista e manifestou que a evolución nos seus principios xerais tiña que ser admitida, afirmación sen dúbida comprometida para un sacerdote nese tempo, ademais de tratar de demostrar que o home do cuaternario, se ben estaba dotado dun cerebro menos desenvolvido que o noso, gozaba dunha mentalidade absolutamente humana.

Durante este período tamén realizou as súas primeiras exploracións en Prehistoria. En 1909 traballou baixo o patrocinio do Marqués de Comillas, ao que comunicou os seus descubrimentos, e remitiu pezas atopadas para integrar a súa colección e ser expostas no museo. Obtivo interesantes resultados en varias das covas que explorou en Cantabria, El Pendo, El Castillo, Los Hornucos de Soano, e atopou dúas estacións con gravados rupestres, a Cueva Cañuela e a estación ao ar libre de Cabrojo (C.A.E.A.P., 2003). De feito, o recoñecemento científico das industrias do Paleolítico Inferior de Cantabria produciuse nas dúas primeiras décadas do século XX e debeuse esencialmente a tres investigadores, Carballo, Alcalde e Sierra. Precisamente sobre este tema realizou Carballo o doutoramento na Facultade de Ciencias (Sección Naturais) da Universidade Central en 1922, coa tese El Paleolítico en la costa cantábrica, que non foi publicada e na que sinalaba que levaba quince anos traballando esa zona.

De novo en colaboración con Alcalde explorou, en Burgos, Atapuerca, en 1910, e descubriu os restos da Idade do Bronce e as pinturas que hai na boca e no interior da Cueva Mayor, coñecida como Portalón. Este depósito foi estudado entre 1911 e 1912 e xerou o interese dalgúns dos arqueólogos máis importantes da época. Ese mesmo ano de 1910 Carballo realizou catas na Cueva de El Pendo, acompañado de W. Beatty, enxeñeiro director da compañía de minas Orconera (Crespo, 2000). Parte da súa fama como investigador está unida a esta cova e aos valiosos materiais arqueolóxicos -entre os que destaca o famoso bastón de mando- que a fixeron merecedora de estar incluída na lista de Patrimonio da Humanidade, dentro do sitio Cueva de Altamira y arte rupestre paleolítico del Norte de España. Desgraciadamente os restos de pinturas vermellas, que describiu na entrada de El Pendo, non volveron a verse.

Jesús Carballo foi un investigador incansable: levou adiante un amplo estudo da Xeoloxía dos Picos de Europa, explorou as simas e outeiros da Serra de Silos, descubriu restos de mamut en Pámanes (Cantabria) e de arte rupestre en Sepúlveda, redactou o proxecto oficial de alumeado da cova de Altamira e realizou as primeiras campañas de escavacións na cidade romana de Julióbriga, publicando numerosos artigos entre 1941 e 1957. Tamén é súa a primeira sistematización sobre a Idade do Ferro (elaborou un pequeno artigo sobre os castros da rexión, aínda que moitos dos restos arqueolóxicos estudados eran, na realidade, castelos alto-medievais). Férreo defensor das teses celtocantabristas, Carballo publicou traballos sobre as estelas discoideas cántabras e os supostos túmulos e castros celtas, e defendeu a identidade celta dos cántabros.

O seu binomio: investigación-conservación

A bibliografía de Carballo é tan prolífica como variada, con temas que van dende o Paleolítico á Idade Media. A maior parte está no Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, ata 1920, e nas revistas Metalurgia y Electricidad e Minería y Metalurgia nas décadas posteriores. A súa produción de maior carácter histórico publicouna nos números da revista madrileña Ibérica, nas memorias da Junta Superior de excavaciones y antigüedades de Madrid, no Bull. of the Amer. School of Prehist. Research e na Rev. Di Scienze de Firenze, entre outras. A súa obra máis popular, sufragada polo marqués de Torrecilla, data de 1924, a Prehistoria universal y especial de España que, xunto a El hombre fósil de Obermaier e, salvando as diferenzas, foi a primeira obra española de síntese. Neste caso dous científicos con continuas discrepancias por cuestións da autoría do descubrimento de determinados obxectos da Cueva del Pendo. Tamén foi autor Carballo dunha serie de artigos sobre os alfabetos prehistóricos e os petroglifos galegos que abriron un camiño para a súa interpretación, o que provocou grande expectación nos medios prehistóricos internacionais.

Pódese contar entre as súas obras a creación dun museo dedicado á Prehistoria en 1926. Antes, pola ausencia dunha institución especializada no tema, as doazóns de materiais arqueolóxicos depositábanse no Museo Municipal de Santander. En 1925, a Deputación Provincial toma o acordo da creación dun Museo de Prehistoria no Instituto de Ensinanza Media, incorporándose a colección do Marqués de Comillas. A fundación oficial deste museo, polo que tanto pulou Jesús Carballo, tivo lugar o 29 de agosto de 1926, coa presenza de Alfonso XIII, quen lembraba a súa visita ás escavacións de 1917 e 1918 na Cueva de Morín, que Carballo rebautizou como Cueva del Rey. Varios anos despois deste éxito conseguiu o nomeamento de director e a fundación dunha comisión, que tamén dirixía, destinada ao recoñecemento de grutas que tiveran depósitos ou pinturas. A súa vida profesional xirou naqueles anos en torno a exploracións orientadas á obtención de materiais para o Museo, sobre todo a raíz do seu nomeamento en 1941 como Comisario Provincial de Escavacións. Durante a Guerra Civil, Carballo salvagardou os fondos do Museo e buscoulle unha sede definitiva (Suárez, 1995), que conseguiría en 1941, cando logrou que os materiais se trasladase aos baixo do edificio da Deputación e fora inaugurado o Museo Provincial de Prehistoria. Outro dos logros nesta disciplina foi a creación en 1934 do Centro de Estudios Montañeses, e da súa revista Altamira, onde se publicaron antes dos anos 50 dous artigos dedicados á Prehistoria, un deles do propio Carballo, socio da entidade, sobre a cova de Suano.

No Panteón de Personalidades Ilustres da capital cántabra, repousan, desde 2008, os restos do que está considerado o introdutor da Espeleoloxía científica en España e que, ademais, foi unha autoridade en Prehistoria e tratou de concienciar ás autoridades para que conservaran os restos arqueolóxicos.




Bibliografía:



Fontes impresas :

CARBALLO TABOADA, J. (1908): La Espeleología en España, Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, VIII: 141-144.

CARBALLO TABOADA, J. (1908): La célebre caverna de Altamira explorada por los franceses, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., VIII: 378.

CARBALLO TABOADA, J. (1909a): Hacha de porfirita encontrada en la cantera de Camargo (Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., IX: 79.

CARBALLO TABOADA, J. (1909b): Notas de Espeleología, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., IX: 153-158.

CARBALLO TABOADA, J. (1909c): Una necrópolis en las minas de Solía, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., IX: 325-330.

CARBALLO TABOADA, J. (1909d): Hallazgo de Elephas Primigenius en Pámanes (Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., IX: 455.

CARBALLO TABOADA, J. (1909e): La Espeleología, ciencia nueva en España, Memorias del I Congreso de Naturalistas Españoles, Zaragoza: Imp. Pedro Carra; pp. 252-260.

CARBALLO TABOADA, J. (1910a): Un antropolito robenhausense, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., X: 231-237.

CARBALLO TABOADA, J. (1910b): Más datos acerca de la necrópolis de Solía (Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., X: 271-275.

CARBALLO TABOADA, J. (1910c): De Espeleología. Recientes descubrimientos prehistóricos y geológicos, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., X: 468-481.

CARBALLO TABOADA, J. (1911a): De Espeleología. Sima y grutas de la Sierra de Silos. Una ilusión óptica geológica. Caverna de San García, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XI: 105-115.

CARBALLO TABOADA, J. (1911b): Conchas de Haro; caverna de Ameyugo, macizo de Pancorbo, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XI: 148

CARBALLO TABOADA, J. (1911c): Excursión geológica a Picos de Europa (provincia de Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XI: 216-225.

CARBALLO TABOADA, J. (1911d): Existencia de Sus seroja en el Cuaternario del Norte de España, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XI: 323.

CARBALLO TABOADA, J. (1911e): La Espeleología y sus aplicaciones científico industriales, Asociación Española para el Progreso de las Ciencias-Congreso para el Progreso de las Ciencias, Madrid: Imp. E. Arias.

CARBALLO TABOADA, J. (1911f): Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo, Asociación Española para el Progreso de las Ciencias-Congreso de Granada , Madrid: Imp. E. Arias; T V, pp. 5-14.

CARBALLO TABOADA, J. (1912a): Sobre el magdaleniense de la cueva de Mirones (Miera, provincia de Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XII: 190.

CARBALLO TABOADA, J. (1912b): Descubrimiento de restos de Mamuth y de otros mamíferos en el cuaternario ferrífero de Pámanes (Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XII: 193-195.

CARBALLO TABOADA, J. (1912c): Sobre el magdaleniense de la cueva de Mirones (Miera, provincia de Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XII: 190.

CARBALLO TABOADA, J. (1912d): Descubrimiento de restos de Mamuth y de otros mamíferos en el cuaternario ferrífero de Pámanes (Santander), Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XII: 193-195.

CARBALLO TABOADA, J. (1921): El Neolítico en el Norte de España, Bol. R. Soc. Esp. de Hist. Nat., XXI: 348-350.

CARBALLO TABOADA, J. (1923): Excavaciones en la Cueva del Rey, en Villanueva (Santander), Madrid: Junta Superior de Excavaciones y Antigüedades. Memoria nº 53.

CARBALLO TABOADA, J. (1924): Prehistoria Universal y Especial de España, Madrid: s.e.

CARBALLO TABOADA, J. (1926): El esqueleto humano más antiguo de España, Santander: s.e.

CARBALLO TABOADA, J. (1927a): Bastón de mando prehistórico procedente de la caverna del Pendo (Santander) , Santander: Tall. Tip. J. Martínez.

CARBALLO TABOADA, J. (1927b): De Prehistoria. Un notable bastón de mando prehistórico, Ibérica, 699: 246-251.

CARBALLO TABOADA, J. (1931): The American School of Prehistoric Research visits the cavern of El Pendo, Bulletin of American School of Prehistoric Research, 7: 24-27.

CARBALLO TABOADA, J. (1933): Gruta del Pendo. Nuevos hallazgos, Revista de Santander, 6-5: 32-238.

CARBALLO TABOADA, J. (1935): Lo admirable de Santander, Santander: Luis Santos.

CARBALLO TABOADA, J. (1941): Descubrimiento de una ciudad romana, Metalurgia y Electricidad, 43: 18-22.

CARBALLO TABOADA, J. (1942): La ciudad romana de Juliobriga. Nuevos descubrimientos, Metalurgia y Electricidad, 59: 16-17.

CARBALLO TABOADA, J. (1943): De metalurgia prehistórica. Caldero de la Edad del Bronce, Metalurgia y Electricidad, 66: 16-17.

CARBALLO TABOADA, J. (1944): Las célebres pinturas de la Gruta de Altamira, estudiadas en el extranjero. Composición química, Metalurgia y Electricidad, 81: 15-16.

CARBALLO TABOADA, J. (1945): La capital romana de Cantabria. Su industria,. Metalurgia y Electricidad, 106: 15-18.

CARBALLO TABOADA, J. (1947): Afirmaciones indiscretas de algunos hombres de ciencia, Metalurgia y Electricidad, 124: 44-47.

CARBALLO TABOADA, J. (1949a): Origen de los alfabetos prehistóricos: Las estelas gigantes de Cantabria: Minas romanas de calamina, Santander: Tall. Tip. J. Martínez.

CARBALLO TABOADA, J. (1949b): Las estelas gigantes de Cantabria, Cuadernos de Estudios Gallegos, IX: 5-21.

CARBALLO TABOADA, J. (1950): El Descubrimiento de la cueva y pinturas de Altamira por D. Marcelino S. de Sautuola, Santander: Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia.

CARBALLO TABOADA, J. (1951): La caverna de Suano, Reinosa. Datos geográficos e históricos, Altamira, 3: 233-252.

CARBALLO TABOADA, J. (1952): ¿Son Auriñacienses las pinturas de la Cueva ‘La Pasiega’?, Zephyrus, III: 75-78.

CARBALLO TABOADA, J. (1952): Una ciudad troloditica. Nueva caverna con pinturas, Minería y Metalurgia, 138: 9-32.

CARBALLO TABOADA, J. (1953a): Hierro céltico, Noticiario Arqueológico Hispano, I, 1-3: 199.

CARBALLO TABOADA, J. (1953b): Descubrimiento de una gran caverna prehistórica, Metalurgia y Electricidad, 185: 48-49.

CARBALLO TABOADA, J. (1953c): Caverne de ‘Las Monedas’ au Monte-Castillo (Puente Viesgo), Bulletin de la Société Préhistorique de l’Ariège, VIII: 69-74.

CARBALLO TABOADA, J. (1953d): Inside a troglodyte city of 20.000 years ago: New discoveries in a unique group of Spanish caves and drawings from the ‘Sanctum sanctorum of aurignacian art’, The Illustrated London News, 5943: 21-23.

CARBALLO TABOADA, J. (1953e): La cuarta caverna pintada en el Monte-Castillo (Puente Viesgo),
Minería y Metalurgia
, 150: 13-15.

CARBALLO TABOADA, J. (1953f): Las cavernas con pinturas del Monte del Castillo (Puente Viesgo, Santander), Archivo de Prehistoria Levantina, IV: 67-73.

CARBALLO TABOADA, J. (1953g): Santander, capital de la España Prehistórica, Tierras del Norte, 7-8: 106-108.

CARBALLO TABOADA, J. (1953h): El Museo Provincial de Prehistoria, Tierras del Norte, 7-8: 214-221.

CARBALLO TABOADA, J. (1954a): Las cuevas pintadas del Monte Castillo. Historia de las investigaciones y últimos descubrimientos, Revista di Scienze Preistoriche, IX, 1-2: 114-120.

CARBALLO TABOADA, J. (1954b): A veritable Paleolithic oratory in the troglodyte city of Monte Castillo: 20.000 year old drawing from the Newly Discovered ‘Chimeneas Cave’ at Puente Viesgo, Norhern Spain, The Illustrated London News, 6022: 464-466.

CARBALLO TABOADA, J. (1954c): Francisco Fernández Montes. Nota neurológica, Altamira, 3: 179.

CARBALLO TABOADA, J. (1956): La cueva de Altamira y otras cuevas con pinturas en la provincia de Santander, Santander: Patr. Cuevas Prehist. Prov. de Santander.

CARBALLO TABOADA, J. (1957a): The giant stelae of the Buelna Valley, unique celtic monument of Northern Spain wich confirm the ancien links between Galicia and the British Isles, The Illustrated London News, 6160: 1076-1077.

CARBALLO TABOADA, J. (1957b): Las estelas gigantes de Cantabria, Investigaciones Prehistóricas, I: 61-84.

CARBALLO TABOADA, J. (1957c): El comercio y la industria de Cantabria en época romana, Aportación al estudio de la historia económica de la Montaña, Santander: Banco de Santander; pp. 71-90.

CARBALLO, J.; LARÍN, B. (1933): Memoria. Exploración en la gruta de “El Pendo” (Santander) , Santander: Tipografía de Archivos.

CARBALLO, J.; MARCOS, R. (1965): Les grottes d’Altamira et les autres grottes a peintures de la province de Santander, Santander: Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia.

CARBALLO, J.; SOLANA, M. (1957): Albores de la vida económica de la Montaña, Aportación al estudio de la vida económica en La Montaña, Santander: Banco de Santander; pp. 15-82.



Bibliografía Secundaria:

BASTARRICA, J.L. (1981): Don Jesús Carballo, director y eminente hombre de ciencia, Los Salesianos en Santander, Pamplona: Eds. Don Bosco; pp. 85-108.

C.A.E.A.P. (2003): Las investigaciones del C.A.E.A.P. y su aportación a la arqueología de Cantabria (1978-2003), Veinticinco años de investigaciones sobre el Patrimonio Cultural de Cantabria, Santander: Ayto. de Camargo, Consejería de Cultura; pp. 15-37.

CRESPO LÓPEZ, Mario (2000): Jesús Carballo Taboada: apuntes biográficos, bibliografía y documentos inéditos de su época salesiana (1873-1913), Altamira, 56: 281-295.

MADARIAGA DE LA CAMPA, B. (1976): Historia de Ios descubrimientos prehistóricos, La Prehistoria en la Comisa Cantábrica, Santander: Inst. Cult. de Cantabria, Inst. de Preh. y Arq. "Sautuola".

MADARIAGA DE LA CAMPA, B. (1979): Jesús Carballo, un prehistoriador olvidado, Historia 16, 34: 113-119.

MADARIAGA DE LA CAMPA, B.; VALBUENA, C. (1971): El Instituto de Santander (Estudios y Documentos), Santander: Institución Cultural de Cantabria; pp. 255-261.

SUÁREZ CORTINA, J. (Ed.): Historia de Cantabria. Un siglo de Historiografía y Bibliografía 1900-1994, Santander: Fundación Marcelino Botín.