culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Josep Joan Vicente del Seixo

Un Ilustrado interesado nas prácticas agrícolas, prolífico divulgador

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 26/05/2012

Extras de Josep Joan Vicente del Seixo: 

Extras sobre Josep Joan Vicente del Seixo:

Galeria


Tertulia de ilustrados

Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Josep Joan Vicente del Seixo”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 22/07/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=292
Untitled Document

Tertulia de ilustrados

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ourense 1747
  • Falecemento: Madrid 1802
Fillo de Joan Martín del Seixo, escribinte real, semella que viviu durante neno á beira da praza Maior de Ourense para despois cursar, entre 1758 e 1760, tres anos de Filosofía na Universidade compostelá e matricularse, en 1764, no primeiro curso de Artes que rexentaba Fr. Benito Lemos, segundo a documentación aportada por Meijide (1977a). En 1766 recibiu o grao de Bacharel en Leis na Universidade e Colexio de Santa Catalina de Osma para despois practicar a xurisprudencia en distintos estudos de recoñecido prestixio en Madrid. Entrou a traballar na Dirección Xeral da renda de Loterías en 1770, e pasou a desempeñar a responsabilidade deste organismo en Cuenca cinco anos máis tarde. Dende alí retornaría a Madrid, onde se ocupou de distintas empresas, como o secretariado da Diputación de la Caridad do seu barrio e a contadoría de compañías de cobre de Salamanca.

Membro da Sociedad Económica de Amigos del País de Madrid por un período de seis anos dende 1792, realizou informes sobre varias obras presentadas á sociedade, como a memoria sobre o liño de Luís Carlos de Zúñiga ou os papeis sobre economía agrícola de José Ferstari. Por outra banda, Vicente del Seixo é autor de numerosas obras que abarcan moi distintos temas. Dedicou especial atención a agricultura, sobre a que publicou numerosos traballos redactados cun estilo cualificado de pretensioso por algúns autores. Trátase de obras de divulgación, de contidos diversos, que non teñen gran profundidade científica pero si unha gran compoñente práctica. Ideoloxicamente situábase na intransixencia relixiosa, matizada con certas influenzas de Rousseau que o levaban a propugnar a separación entre a Igrexa e o Estado.

A súa obra máis extensa, e a primeira da que temos noticia, é Lecciones prácticas de Agricultura y Economía que da un padre... (Seixo, 1792-1795), cinco tomos que suman máis de 1200 páxinas en 4ª e nos que trata da extensión da terra, dos abonos, dos prados, da cría de animais, etc. A parte máis salientable da obra é a dedicada ao cultivo das viñas, ás súas enfermidades, variedades, etc.

Tamén resulta de interese o seu traballo Cartilla de labradores (...) (Seixo, 1800a), no que trata fundamentalmente sobre o cultivo dos melóns, das árbores da froita e da destrución de insectos. Por esas mesmas datas publicou os seus Experimentos de Agricultura y Análisis Químico agronómico (...) (Seixo, 1800b), escritos nos que, segundo o propio autor, reproduce experimentos feitos en 1788 pola Academia de Ciencias de Lisboa.

As obras anteriormente citadas constitúen o corpo que deu lugar a outras publicacións de menor entidade, como Observaciones prácticas del ganado vacuno, Observaciones prácticas sobre el mejor modo de cojer las aceitunas ou Reflexiones sobre los progresos de la Agricultura y pastoría. A algunhas das súas obras de divulgación acostumaba a darlles títulos que hoxe resultan case ridículos, como Las delicias del campo y ocupaciones de una digna esposa (...), que non deben ser analizados fóra do seu contexto cronolóxico e social.

Da súa pluma saíron tamén varias obras de carácter relixioso, como algunha tradución ou o opúsculo publicado en 1788 baixo o título Qué origen tuvo la tolerancia que usa la Iglesia romana con la griega, que lle valeu a censura da Inquisición. Un dos aspectos máis relevantes da obra de Seixo na discusión científica actual, é a que reflicte a visión dos ilustrados con respecto á educación das mulleres, cuestionando ou asumindo as diferenzas á hora de educar ás nenas. Así o vemos nos traballos de Sarasúa (2002), Meijide (1989), Barreiro (1997) ou Agra (2006).



Bibliografía:



Fontes impresas:

SEIXO, Vicente del (1769): Compendio de observaciones que forman el plano de un viage político y filosófico que debe hacerse dentro y fuera del Reyno en que nacemos [...], en el qual se trata de las excelencias, riquezas y origen de ls artes de los tres reynos de la naturaleza…, Madrid: Imp. Pantaleón Aznar.

SEIXO, Vicente del (1788): Que origen tuvo la tolerancia de que usa la Iglesia romana con la Iglesia griega, Madrid: Antonio Muñoz del Valle.

SEIXO, Vicente del (1790): Instrucción moral christiana, política y civil, sobre la que se forma la felicidad de un estado, y la particular de cada vasallo, se afianza la educación de los hijos, y asegura la prosperidad de una familia, sin diferencia de clases ni estados, Madrid: Don Gerónimo Ortega e Hijos de Ibarra.

SEIXO, Vicente del (1792-1795): Lecciones prácticas de agricultura y economía que da un padre a su hijo, para que sea un buen labrador en qualquiera país del mundo [...], 5 tomos, Madrid: Imprenta de Pantaleón Aznar.

SEIXO, Vicente del (1796): Compendio de observaciones que forman el plano de un viage politico y filosófico que debe hacerse dentro y fuera del Reyno en que nacemos: y luego por la Europa y demás partes de la tierra : en el cual se trata de de ... origen de las Artes : de los tres Reynos de la naturaleza : y de toda la economía animal, vejetal y mineral : de las qualidades y conocimientos que deben concurrir en un viajero, En Madrid : en la imprenta de Pantaleon Aznar : se hallará en las librerías de Barco ... de Quiroga ... y de Francés ..., 1796.

SEIXO, Vicente del (1797): Tratado práctico ó pastoria de las colmenas: medios faciles de aumentar las colmenas [...]; a este tratado se unen otras reflexiones sobre los progresos de la Agricultura y Pastoría, sobre la falta de cultivo en tierras, artes, industria y comercio, En Madrid : por Pantaleon Aznar, 1797.

SEIXO, Vicente del (1798): Ensayos políticos, científicos y militares sobre la instrucción y estudios de la juventud española, Madrid: Pantaleón Aznar.

SEIXO, Vicente del (1800a): Cartilla de labradores, distribuida por los meses del año en razón de las labores que deberán ejecutarse cada mes. Contiene, además, el cultivo de los melones, un lunario, el cultivo de los árboles frutales, destrucción de insectos y el cultivo del cáñamo, Madrid.

SEIXO, Vicente del (1800b): Experimentos de Agricultura y Análisis Químico agronómico sobre los medios más convenientes de beneficiar las tierras y suplir la falta de los estiércoles animales en donde éstos escasean (...), Madrid.

SEIXO, Vicente del (1999): Discurso filosófico y económico político sobre la capacidad ó incapacidad de las mugeres para las ciencias y las artes [...], Sarmiento, 3: 273-295 (Reprodución literal do orixinal).


Bibliografía secundaria:

AGRA ROMERO, Mª Xosé (2006): Defensa da muller : Benito Feixóo, Martín Sarmiento, Vicente do Seixo, Festa da palabra silenciada, 22: 16-22.

ANTÓN RAMÍREZ, B. (1865): Diccionario de bibliografía agronómica y de toda clase de escritos relacionados... , Madrid: Imp. Rivadeneyra.

BARREIRO BARREIRO, Xosé L. (1997): Ilustración, censura e reivindicación das mulleres, Vicente do Seixo (1747-1802), Censura e Ilustración: XX aniversario da fundación da Facultade de Filosofía e CC. da Educación, Xosé Luís Barreiro Barreiro, Luís Rodríguez Camarero, Martín González Fernández (Coord.), Santiago: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da USC; p. 95-138.

JAIME LORÉN, Jose Mª de; JAIME RUIZ, Pablo de (2004): Dos autores apícolas orensanos en la Ilustración: Vicente del Seixo y Benito Feijóo, Boletín Auriense, 34: 167-180.

MEIJIDE PARDO, Mª Luísa (1977a): Un agrónomo del siglo XVIII: el orensano Vicente del Seixo, Boletín de la Real Academia Gallega, 32, 359: 183-206.

MEIJIDE PARDO, Mª Luísa (1980): Vicente del Seixo y la Sociedad Económica de Amigos del País de Madrid, Boletín da Real Academia Galega, 33, 360: 355-372.

MEIJIDE PARDO, Mª Luísa (1981): Vicente Seixo y la lotería en Cuenca y Galicia en el siglo XVIII, Madrid: Ministerio de Hacienda, Servicio de Publicaciones.

MEIJIDE PARDO, Mª Luísa (1989) Vicente do Seixo (1747-1802): reforma agrícola y emancipación de la mujer, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

SÁNCHEZ BELLO, Ana (1999): A Aportación da Ilustración galega ó concepto de igualdade sexual, Vicente do Seixo (1747-1802), Sarmiento, 3: 265-272.

SARASÚA, Carmen (2002): Aprendiendo a ser mujeres: las escuelas de niñas en la España del siglo XIX", Cuadernos de Historia Contemporánea, 24: 281-297.