culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Juan Rodríguez Sardiña

Un especialista en bacterioloxía agrícola

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Fernández Prieto, Lourenzo
  • Data de alta: 26/09/2012

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Fernández Prieto, Lourenzo ([2012], “Juan Rodríguez Sardiña”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 22/07/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=351
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Veracruz (México) 1894
  • Falecemento: A Coruña 1978
Aínda que nado en México, era fillo de galegos e viviu desde a infancia na Coruña. Modelo das primeiras fornadas de científicos españois da preguerra , a súa traxectoria investigadora e vital constitúe, en si mesma, o paradigma de toda unha época da Historia de Galicia e da Historia da Ciencia española do século XX. A súa formación no estranxeiro e a súa desbordante actividade profesional no primeiro terzo de século viuse freada e mutilada pola ruptura inherente á guerra civil e, sobre todo, polo illamento e as dificultades da longa posguerra.

Período de formación

Recoñecido por méritos propios como un dos mellores especialistas españois en bacterioloxía agrícola, a súa completa formación seguiu os patróns centroeuropeos da época e incluíu o traballo cos mellores especialistas. Foi alumno colaborador da Junata para Ampliación de Estudios na sección de Botánica mentras estudaba, impartindo cursos na rede primaria xunto a persoeiros como Crespí, Humasqué, Caballero y Bellido, Martínez Risco ou Alvarado grazas ao asaber facer de Antonio García Varela. En 1924 rematou os seus estudios de enxeñería na E.T.S. de Enxeñeiros Agrónomos de Madrid, orientándose de inmediato cara á patoloxía vexetal (nematoloxía, bacterioloxía e micoloxía). En 1925 e 1926 tivo unha pensión da International Education Board da Fundación Rockefeller e con axudas da JAE no Laboratorio de Bacterioloxía do Biologische Reichsanstalt que dirixía en Berlín o Dr. D. C. Stapp. Con este bacteriólogo e mais co fitopatólogo O. Appel realizou a súa tese de doutoramento sobre a formación de anticorpos nas plantas, Beitrag zum studium der inmunität bei den höheren pflanzen, defendida na Escola Superior de Agricultura berlinesa. Con eles e cos doutores K. Snell e O. Schlumberger, especializados no cultivo e nas enfermidades da pataca, mantivo relacións científicas e de amizade ao longo da súa vida. En 1929 concedéuselle unha bolsa da Fundación del Amo, xestionada pola JAE par ir a USA, da que non fixo uso xa que estaba traballando no Jardín Botánico xunto ao tamén galego Luís Crespí Jaume.

Volta e experiencia en España

A volta de Alemaña, traballou no Laboratorio de Criptogamia do Museo Nacional de Ciencias de Madrid con R. González Fragoso e no de Fisioloxía Vexetal do Jardín Botánico de Madrid, cos profesores García Varela e Luís Crespí. En 1927 tivo o seu primeiro destino en Galicia, na recen fundada Estación de Fitopatoloxía Agrícola da Coruña, dirixida daquela por C. González de Andrés; pero a súa calidade foi considerada excesiva para un centro de provincias de futuro aínda incerto, razón pola que foi reclamado a fins dese mesmo ano para incorporarse á Estación Central de Fitopatoloxía de Madrid e logo na de Burjasot. Desde entón traballou sempre nos organismos estatais de investigación agrícola —denominado I. I. A. primeiro e I.N.I.A. despois—, en Madrid, Valencia, Vitoria e preferentemente na Coruña. Entre 1927 e 1934 publicou máis dunha ducia de traballos nos que recolleu os resultados das súas diversas investigacións, que abrangueron diferentes campos da Patoloxía Vexetal: a enfermidade dos plataneiros no Val da Orotava —illa de Tenerife—, a podremia da viña en Galicia, a blanqueta do pemento levantino, a podremia verde das mazás ou o estudo da etioloxía, por primeira vez no mundo, da enfermidade das fabas, causada por un fungo, “especie que, después de consultar la bibliografía que se indica, creemos nueva” e que el denominou Botritys Fabae.

Guerra civil e volta a Galicia

A guerra civil colleuno en Madrid, na Estación Central de Fitopatología, de onde pasou a Valencia e, a pesares de limitarse a proseguir co que era a súa labor estritamente científica, abríuselle expediente e a sanción consistiu nun "desterro intelectual", asignándoselle a un centro de inferior categoría como era a EFA da Coruña, onde foi acollido con agarimo por Pedro Urquijo —director da Estación de Fitopatoloxía Agrícola— e os demais investigadores do centro, que contribuíron a converter o seu longo exilio interior nunha fraternal e frutífera actividade investigadora. Actuaría ademais como subalterno del sendo máis vello, unha situación non habitual naquel momento.

Desde os anos corenta especializouse definitivamente en viroloxía vexetal, cuestión sobre a que publicou dezasete traballos entre 1941 e 1959, de carácter teórico uns, e outros expondo as aplicacións concretas das súas investigacións. Mais non descoidou outros campos da fitopatoloxía nin da agronomía, como asesor da Sociedad Española de Fomento del Lúpulo. Así, introduciu en España o secadoiro vertical e deseñou técnicas para o mellor e máis produtivo cultivo do lúpulo. A mediados dos anos corenta creou na Coruña o primeiro Centro de Estudio dos Virus Vexetais do Estado e, posteriormente, dirixiu a Sección de Viroloxía na Estación de Mejora de la Patata de Vitoria. Foi precisamente no campo da virose da pataca, sobre o que publicou arredor dunha ducia de artigos e libros, no que alcanzou maior renome internacional, participando, por exemplo, na Third Conference on Potato Virus Diseases celebrada en Wageningen —Países Baixos— no 1957, na que presentou unha técnica por el deseñada para diagnosticar a formación do virus nesta planta. Para comprender a importancia da súa contribución baste dicir que toda a produción española actual de pataca da semente, no que se refire á detección de certos virus transmisibles, segue a estar baseada nas técnicas que el deseñou e é desenvolvida polos equipos técnicos que el preparou.

Nos anos cincuenta, a súa propia calidade investigadora e o seu predicamento entre os fitopatólogos españois impuxo de feito a súa rehabilitación profesional, sendo nomeado membro do C.S.I.C. e converténdose no primeiro Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. Tamén foi membro da Sociedad Española de Microbiología, na que contribuíu a formar os grupos de viroloxía e fitopatoloxía microbiana. A principios dos cincuenta viaxou novamente a Alemaña e máis a Holanda para pórse ao día nos avances sobre viroloxía vexetal. O 18 de xullo de 1969 concedéuselle a “Gran Cruz de la Orden Civil del Mérito Agrícola”

Rodríguez Sardiña e a influencia na investigación

Xa salientamos ata que punto o traballo deste investigador non ficou illado, contribuíndo a crear grupos de investigación e a formar investigadores nas liñas por el emprendidas. Cómpre subliñar neste sentido que a súa sólida formación e os contactos internacionais por el establecidos na preguerra —e a duras penas mantidos despois—, convertérono nunha illa no marco do desolador panorama científico da longa e autárquica, tamén neste terreo, posguerra española. O desenvolvemento da fitopatoloxía en Galicia, nos seus aspectos máis sólidos e teóricos débelle en orixe case todo a Rodríguez Sardiña, pero a viroloxía española, por ter sido mestre de varias xeracións de investigadores e investigador pioneiro nos campos mencionados, tampouco pode explicarse sen as súas contribucións, que en ocasións alcanzaron mesmo dimensión internacional.

A calidade e a cantidade das súas contribucións á viroloxía fano merecedor dunha alta consideración no panorama da ciencia española contemporánea. Aínda máis se temos en conta as adversas condicións persoais que debeu de afrontar e o difíci1 marco político e organizativo no que tivo que desenvolver o seu traballo científico desde 1939.



Bibliografía:



Fontes documentais impresas

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1926a): Zur frage der antikörperbildung bei pflanzen, Angew. Bot, VII: 289-303.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1927): Sobre la inmunidad en las plantas, Boletín de Patología Vegetal. Ent. Agr., II: 1-10.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1929): Una especie nueva de Botryris que ataca a las habas, Boletín de Patología Vegetal. Ent. Agr., IV: 93-97.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1942): La obtención de plantas resistentes a enfermedades, Boletín de Patología Vegetal. Ent. Agr., XI: 43-96.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1944a): La degeneración de las patatas, Agricultura, XIII: 83-87.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1944b): La Estación agronómica nacional de Sacavém, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1944c): La Estación agronómica nacional de Sacavém, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1944d): La Clasificación de los "virus", Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1944e): Plan de lucha contra las plagas del campo que actualmente pueden ser combatidas , A Coruña: Jefatura Provincial del Movimiento.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1945): Enfermedades de la patata, Madrid: Dirección General de Agricultura.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1946a): El Invernadero para estudio de virosis de la Estación de Fitopatología Agrícola de La Coruña, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1946b): La Cuestión de la sintomatología de las virosis, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1947): La Epidemiología vegetal o Epifitología, Boletín de la Patología Vegetal. Ent. Agr., XV: l-52.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1951a): Examen de los medios de lucha contra los virus : ensayos españoles de lucha química, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1952): La Virología vegetal, Zaragoza: C.S.I.C.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1953): Progresos en Virología Vegetal, Boletín de la Asociación Nacional de Ingenieros Agrónomos, III: 2-5.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1953-1954): Apuntes de virología vegetal, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (1959): Acerca de la asociación de bacterias y virus fitopatógenos, Madrid : Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y CAÑIZO, J. del (1926b): Sobre los nemátodos parásitos de la remolacha, Boletín de la Estación de Patología Vegetal, 1: 48-52.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y URQUIJO, P. (1943): Las fórmulas reducidas en el tratamiento del mildeu de la vid, Hojas Divulgadoras del Ministerio, l9.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y MARTÍNEZ CORDÓN, F. y RUBIO HUERTOS, M. (1948a): Tinción de inclusiones en las virosis vegetales, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y MARTÍNEZ CORDÓN, F. y RUBIO HUERTOS, M. (1948b): Tinción rápida de plastosomas , Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y MARTÍNEZ CORDÓN, J. (1950): Acción de algunos fármacos sobre las virosis de las plantas, Boletín de la Patología Vegetal. Ent. Agr., XVII: l-14.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y URQUIJO, P. (1951b): Utilidad de la fotografía con luz infrarroja y ultravioleta en fitopatología, Madrid: Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y RIVAS GODAY, S., BELLOT, F. et al.(1952): Conferencias forestales, Zaragoza: Institución "Fernando el Católico".

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y ORAD y PÉREZ SAN ROMÁN (1957): Some observations about techniques of diagnosing potato leaf roll virus, Proceedings of the third Conference on Potato Virus Diseases, Wageningen; p. 59-70.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y URQUIJO, P. y SANTAOLALLA, G. (1961): Patología vegetal agrícola: enfermedades de las plantas, Barcelona: Salvat.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y NOVALES LAFARGA (1963): Un caso de falsa sarna común de la patata, originado por el díptero Pnyxia scabei (Hopkins), en Galicia, Boletín de Patología Vegetal. Ent. Agr., XXVI: 145-152.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y NOVALES LAFARGA, J.(1973): “Una virosis de la alfalfa con producción de "enations", Anales del Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias, 3: 131-146.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. y TORRES BARROS, J. (1975): “Studies on lucerne enation virus”, Third International Congress for Virology, Madrid.

RODRIGUEZ SARDIÑA, J. (s/d): Principales plagas y enfermedades de la berza, repollo y demás coles y su tratamiento, A Coruña: Jefatura Agronómica de La Coruña, Sección de Plagas del Campo.


Bibliografía secundaria:

BERNÁRDEZ SOBREIRA, A. e CABO VILLAVERDE, M. (1996): Ciencia y dictadura: La investigación agronómica en Galicia durante el primer franquismo (1936-1950), Noticiario de Historia Agraria, 12: 119-139.

CABO VILLAVERDE, M. (1994): A Estación de Fitopatoloxía Agrícola de A Coruña, 1926-1951. Tese de licenciatura inédita.

CABO VILLAVERDE, M. (1999): A Estación de Fitopatoloxía Agrícola da Coruña: (1926-1951), Santiago de Compostela: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CABO VILLAVERDE, M. (2003): Prensa agraria en Galicia, Ourense: Duen de Bux.

FERNANDEZ PRIETO, L. (1988a): “Infraestructura e organización da investigación agropecuaria en Galicia durante o primeiro tercio do século XX”, Ingenium, 1: 11-25.

FERNANDEZ PRIETO, L. (1988b): A Granxa Agrícola-Experimental da Coruña, 1888-1928 : Contribución ao estudio da renovación técnica da agricultura galega, Santiago de Compostela: Consellería da Presidencia e Administración Pública.

FERNANDEZ PRIETO, L. (1992a): Labregos con ciencia, Vigo: Xerais.

FERNANDEZ PRIETO, L. (1992b): Breve historia da granxa agrícola da Coruña: da creación á plenitude (1888-1939), 100 anos de investigación agraria 1888-1988: conmemoración do centenario da creación da Granxa Escola Experimental de A Coruña, actualmente CIAM, Santiago de Compostela: Consellería de Agricultura, Gandería e Montes: p. 11-25.

FERNANDEZ PRIETO, L. e FRAGA VÁZQUEZ, X. A (2011): A Granxa Agrícola Experimental de Galicia, A Coruña: Museos científicos coruñeses/Consellería do Medio Rural.

GURRIARÁN RODRÍGUEZ, R. (2006): Ciencia e conciencia na universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.

MAINER, A. (1979):Biografía y publicaciones D. Juan Rodríguez Sardiña, Anales de I.N.I.A., 12.