culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Saturnino Montojo y Díaz

Responsable de estudos no Colexio Naval e redactor do seu primeiro plan de estudos

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 18/10/2012

Extras de Saturnino Montojo y Díaz: 

Extras sobre Saturnino Montojo y Díaz:

Galeria



Montojo1.jpg
Montojo1.jpg

Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Saturnino Montojo y Díaz”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 26/05/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=359
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ferrol (A Coruña) 1796
  • Falecemento: San Fernando (Cádiz) 1856
Realizou estudos militares na Academia de Guardias Marinas de Ferrol, sentando praza de garda mariña en 1812 e obtendo o ascenso a alférez de fragata en 1815. Ao ano seguinte desprázase a Madrid para ampliar estudos baixo a dirección do profesor Juan Mieg, que tiña establecida a súa cátedra na Academia do Palacio Real, e catro anos máis tarde xa se atopa desempeñando a cátedra de Física do Ateneo de Madrid, no que aparece como consiliario asinando os estatutos fundacionais en 1820. En 1821 foi destinado polo Goberno para a Comisión Central de la Carta Geográfica de España e, en 1823, xa como alférez de navío, embarca durante un longo período no que participará en numerosas accións militares en América e Filipinas. Se ben ten curtos destinos en terra, a súa volta definitiva non se producirá ata 1829.

De regreso á Península foi destinado definitivamente ao Observatorio de San Fernando, creado en 1753 como dependencia anexa á Academia de Guardias Marinas de Cádiz e, a partir de 1798, trasladado á illa de León –despois de San Fernando-, xa con independencia orgánica da Academia dende principios do XIX. Nel ocupou varias veces a dirección de forma interina ata que en maio de 1847 obtivo definitivamente o nomeamento de director, que desempeñaría ata a súa morte. Comisionado polo Goberno desprazouse a Inglaterra en 1841 para estudar os seus principais establecementos científicos e, posteriormente, cando en 1845 se crea en España o Colegio Naval, foi nomeado prefecto de estudos do mesmo.

Montojo foi membro honorario da Sociedad Científica de Gibraltar e correspondente da Real Academia de Ciencias de Madrid, acadando na carreira militar os honores de brigadier da Armada e numerosas condecoracións. No campo científico cómpre citar os seus traballos de rectificación da posición dun gran número das estrelas contidas no catálogo da Sociedade Astronómica de Londres, publicándose os resultados das súas investigacións nas Memorias da devandita Sociedade do ano 1842 e nos catálogos posteriores.

Traduciu ao español a obra de J. T. W. Herschel Tratado de Astronomía e foi o encargado de redactar o plano de estudos do Colegio Naval en 1848. Froito do seu traballo neste centro foron os libros Tratado elemental de Aritmética, publicada en 1849 a primeira edición, o Tratado elemental de Álgebra, publicado en 1850, e o Tratado elemental de Trigonometría, obra póstuma aparecida en 1865.

No campo da divulgación debemos mencionar o seu artigo “Ocultaciones de las estrellas por la luna” que, dirixido aos afeccionados á astronomía, dá indicacións para, utilizando un material modesto, conseguir calcular a lonxitude xeográfica dos distintos lugares do globo mediante a observación das estrelas ocultas pola lúa, para o que proporciona unha táboa que facilita a identificación no ano 1851.

En 1855 comisionóuselle para o estudo e investigación dos adiantos marítimos estranxeiros aplicables á Armada española. Percorreu moitos países europeos e, á súa volta, comezou a redacción dunhas memorias nas que daba conta dos seus estudos e observacións, pero que non completou por mor do seu falecemento.



Bibliografía:



Fontes impresas:

MONTOJO, Saturnino (1849): Tratado elemental de Aritmética, Cádiz: Imp. de la Rev. Médica (2ª ed., 1855, San Fernando: Imp. y Librería Española).

MONTOJO, Saturnino (1850): Tratado elemental de Algebra, Cádiz: Imp. de la Rev. Médica (2ª ed., 1860, San Fernando: Imp. y Librería Española).

MONTOJO, Saturnino (1851): ”Ocultaciones de las estrellas por la luna”, Revista de los Progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, II: 188-189.

MONTOJO, Saturnino (1865): Tratado elemental de Trigonometría, San Fernando: Lib. Española.


Bibliografía secundaria:

ANÓNIMO (1880): “Excmo. Sr. D. Saturnino Montojo y Díaz", El Gallego, periódico semanal, órgano de los intereses de su nombre, I, II, 42: 332; 43: 339.

ANÓNIMO (1929): “Montojo y Díaz (Saturnino)”, Enciclopedia Universal Ilustrada, Madrid-Barcelona: Espasa-Calpe S.A.

MORENO, Ricardo (2004): 13 matemáticos galegos, Madrid: Grupo Anaya SA.

PALAU CLAVERAS; PONCE DE LEON (1943): Ensayo de Bibliografía Marítima Española, Barcelona: Diputación.