culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Valeriano Fernández Bacorell

Un profesional da farmacia ao servizo da industria, a investigación e a docencia

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Sisto Edreira, Rafael
  • Data de alta: 30/11/2012

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Sisto Edreira, Rafael ([2012], “Valeriano Fernández Bacorell”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 17/08/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=381
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ferrol (A Coruña) 1876
  • Falecemento: Santiago de Compostela 1924
Graduouse Bacharel no Instituto de A Coruña en 1896, estudando de seguido a carreira de Farmacia na Universidade de Santiago. Obtivo a licenciatura en 1900 con premio extraordinario e exerceu como boticario en Corcubión ata que en 1906 pasou a dirixir a fábrica de xabóns de La Toja. No ano 1905 doutorouse en Madrid, sendo nomeado Auxiliar interino da Facultade de Farmacia de Santiago en 1911 e en propiedade ao ano seguinte, desempeñando as cátedras de Técnica Física e Análise Química durante varios anos.

A produción científica de Fernández Bacorell comeza coa tese Técnica microbiológica sobre los bacilos de Eberth y Escherich, publicada en Madrid en 1911. Na obra leva a cabo un estudo técnico microbiolóxico de cada un dos bacilos, falando dos seus cultivos, da súa bioloxía, da inoculación en animais experimentais, das propiedades patóxenas, da inmunización e da diagnose bacteriolóxica entre outras cousas. O autor indica tamén os medios de diferenciar os bacilos cando viven en común en augas ou residuos fecais, concluíndo da súa investigación oito caracteres diferenciais, tanto morfolóxicos como analíticos.

Unha das súas grandes vocacións foi a botánica, o que o levou a acompañar ao Padre Merino en varias excursións de mostreo. Froitos deste interese son a memoria premiada polo Colexio de Farmacéuticos de Barcelona en 1916 titulada Flora de la comarca del Grove, e a premiada no ano seguinte Flora de la Ría de Arosa (Galicia). Tamén ten escrito algún artigo en revistas profesionais como La farmacia Española ou El Restaurador farmacéutico, por exemplo os traballos “Jabón de aceite de coco” e “La química farmacéutica”.

Valeriano F. Bacorell interesouse tamén pola historia da ciencia, e nese campo cómpre destacar a súa serie de tres artigos sobre a química farmacéutica do século XVIII na Revista de Farmacia ou o texto sobre a actividade académica de Sandalio González Blanco na mesma revista.



Bibliografía:




Fontes impresas:

FERNÁNDEZ BACORELL, Valeriano (1911): Técnica microbiológica sobre los bacilos de Eberth y Escherich, Madrid: Establecimiento tipográfico de Juan Pérez.

FERNÁNDEZ BACORELL, Valeriano (1914): La Química farmacéutica en 1700 (III), Revista de Farmacia, 10: 301-306.

FERNÁNDEZ BACORELL, Valeriano (1915a): Jabón de aceite de coco, La Farmacia Española, 47: 41.

FERNÁNDEZ BACORELL, Valeriano (1915b): La química farmacéutica, El Restaurador Farmacéutico, 70: 15.

FERNÁNDEZ BACORELL, Valeriano (1918): D. Sandalio González Blanco, Revista de Farmacia, 2: 101.


Bibliografía secundaria:

MÁIZ ELEIZEGUI, L. (1961): Historia de la enseñanza de la Farmacia en Santiago. Cien años de vida de la facultad. 1857-1957, A Coruña: Imp. Moret; pp.: 135-136.

ROLDAN GUERRERO, R. (1975): Diccionario biográfico y bibliográfico de autores farmacéuticos españoles, Madrid: Imp. P.H.O.E.; II: 139-140.