culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Juan Suárez Casas

Un emigrante retornado protagonista da renovación agropecuaria galega

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Fernández Prieto, Lourenzo
  • Data de alta: 23/12/2012

Extras sobre Juan Suárez Casas :

Galeria


Juan Suárez Casas chegou a ser alcalde de Ribadeo ao tempo que proseguía coas súas investigacións e escribía no xornal local da Mariña "Las Riberas del Eo". Fotografía dunha rúa da vila do Eo a comezos do s. XX.

Como citar esta páxina:

  • Fernández Prieto, Lourenzo ([2012], “Juan Suárez Casas ”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 29/06/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=389
Untitled Document

Juan Suárez Casas chegou a ser alcalde de Ribadeo ao tempo que proseguía coas súas investigacións e escribía no xornal local da Mariña "Las Riberas del Eo". Fotografía dunha rúa da vila do Eo a comezos do s. XX.

Datos biográficos:

  • Nacemento: Ribadeo (Lugo) 1851
  • Falecemento: Ribadeo (Lugo) 1916
Despois de exercer a medicina na illa de Cuba, volveu a Galicia e como tantos habaneiros retornados comprometeuse de modo decisivo e apaixonado nas circunstancias da súa terra en momentos de mudanza. A preocupación polo mundo rural que atinxe daquela a capas urbanas e ilustradas de Galicia convértese, no caso de Suárez Casas, en paradigmática, ao igual que con Valeriano Villanueva, abandonando ambos dous a súa auténtica profesión para dedicarse en corpo e alma ás cuestións agropecuarias, mesmo desde un punto de vista experimental. Suárez Casas forma parte, xa que logo, dese amplo espectro de entusiastas innovadores que non se dedican profesionalmente á agricultura. Instalado en Ribadeo, chegou a ser alcalde da vila ao tempo que proseguía coas súas investigacións e escribía no xornal local da Mariña Las Riberas del Eo.

O estudo teórico da mellora da gandería galega

Este autor ribadense contribuíu de modo decisivo, se ben pouco coñecido, a fixar as posicións de partida da mellora xenética da raza vacúa do país cara á súa constitución nunha auténtica raza autóctona. O seu interesante folleto Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina y riqueza agrícola-industrial en la Región Noroeste de España, editado en 1897 e primeiro premio nos Xogos Florais de Lugo de 1896 con 250 pesetas ofrecidas polo industrial radicado en Madrid Venancio Vázquez López, constitúe o guión do programa de renovación xenética da raza do país. Nel facía fincapé nas cuestións de mellora da raza vacúa en Galicia e, ao tempo, insistía na mellora da alimentación e hixiene do gando estabulado. Presenta o traballo ao tema 21, sección 2ª, onde se tiña que amosar cal era a mellor raza de vacas e touros sementais para a zona montañosa de Galicia, que alimentación sería a idónea tanto para os propios animais como para o labrego e cal debería ser o sistema de cortes para evitar enfermidades. Para Suárez Casas, o vacún en xeral e, en primeiro termo as vacas leiteiras, conformaban o elemento esencial para a economía de Galicia.

A virtude de Suárez Casas consistiu en facer unha formulación teórica do citado programa case dez anos antes da súa posta en práctica definitiva. Nun momento no que a crise de exportación a Inglaterra concitaba as preocupacións de todos os arbitristas, el participa no debate aberto sobre a mellora gandeira cunha proposta, por primeira vez, adaptada ás necesidades da agricultura campesiña realmente existente en Galicia e afastada das veleidades de grande empresa agrícola que caracterizan á maioría dos enunciados dos seus coetáneos. Basicamente propón a urxente necesidade de reconstitución da raza do país, de acordo coas necesidades mixtas das explotacións (carne, leite e traballo), rexeitando así unha imposible especialización. Para realizar o cruzamento sinala entre outras a raza que ao cabo será utilizada, a suíza Simmenthal, de características morfotípicas semellantes ás razas comúns galegas e adaptada a un medio económico que garda certas similitudes co noso.

Estas ideas móstraas no estudo presentado, divido en tres partes. Na primeira, titulada “Estudio y demostración de las razas de vacas y toros sementales que más convienen a Galicia indicando los medios conducentes a tan importante mejora”, analiza as razas Durham, Holandesa, Schwytz, Friburgo e Holstein en comparación coa propia de Galicia, considerando como superiores as estranxeiras e concluíndo na necesidade de realizar cruzamentos, nunca unha substitución de animais, xa que isto supón incrementar os problemas de adaptabilidade. Aposta pola introdución da raza Normanda na variedade contentina. Por último, aposta pola directa intervención do Estado e dos municipios mediante o fomento das explotacións gandeiras. Na segunda parte do seu estudo, “Alimentación más adecuada y económica para el desarrollo del ganado vacuno, estudiando bajo sus múltiples aspectos los diversos climas, la productividad del suelo, los principios nutritivos de las plantas y la aplicación de todas estas circunstancias al desarrollo de algunas industrias que, en combinación con la pecuaria, pudiera explotarse en nuestros campos”, Suárez Casas relaciona o progreso da gandería co desenvolvemento da agricultura, tanto nos cultivos que deben producir as terras como nas industrias derivadas: leite, queixos, manteiga. Por último, no terceiro apartado, “Análisis de los diferentes sistemas de cortes, examinándolos comparativamente para deducir cial es el más aprovechable para nuestra región, considerados económica e higienicamente”, analiza as construcións estabulares ideais atendendo aos últimos progresos construtivos e propón diminuír o número de animais no espazo, unha axeitada ventilación e desbotar as cortes con estrume.

As súas preocupacións calaron fondamente no seu fillo, Henrique Suárez Couto, activo técnico e propagandista agrario, director de varias explotacións experimentais.


Bibliografía:




Fontes impresas:

SUÁREZ CASAS, J. (s.d.): Los abonos minerales y el problema agrario en España, Madrid: Centro de Estaciones Experimentales de Abonos.

SUÁREZ CASAS, J. (1897): Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina y riquena agrícola-industrial en la Región Noroeste de España, Luarca.


Bibliografía secundaria:

CONDE GÓMEZ, D. (2007): Apuntes para unha biografía de Juan Rof Codina. Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia “antre dous séculos” (1874-1931), Traballo de Investigación Tulelado inédito. Universidade de Santiago.

FERNANDEZ PRIETO, L. (1992): Labregos con ciencia, Vigo: Xerais.