culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Francisco Romero Molezún

Prestixioso especialista e catedrático de Oftalmoloxía e arqueólogo

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Xosé Ramón Fandiño Veiga
  • Data de alta: 11/01/2013

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Xosé Ramón Fandiño Veiga ([2013], “Francisco Romero Molezún”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 28/07/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=398
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Santiago de Compostela 1872
  • Falecemento: Santiago de Compostela 1938
Fillo do catedrático de Anatomía Descritiva, Francisco Romero Blanco, catedrático e por tres veces Reitor da Universidade de Santiago á que representou como senador, o profesor Romero Molezún licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago, doutorouse na de Madrid e en 1910 obtivo a cátedra de Patoloxía e Cirúrxica da universidade compostelá, que desempeñou ata 1913, ano en que pasou a ocupar as de Otorrinolaringoloxía e Oftalmoloxía, materias nas que foi considerado como un dos máis reputados especialistas, e sobre as que publicou moi importantes traballos.

Ademais de excelente médico e profesor, Romero Molezún dedicou parte do seu tempo á arqueoloxía e, sobre todo, á historia, publicando ao respecto artigos en distintos periódicos da época. En unión dos seus irmáns instituíu unha fundación académica e benéfica en Lousame, onde nacera seu pai.

Entre os cinco folletos que publicou Romero Molezún no campo da súas especialidade, hai que salientar o moi elemental sobre terapéutica de enfermidades otorrinolaringolóxicas dirixido aos médicos xerais, un Estudio Crítico de los medios de tratamiento de las disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea e un pequeno traballo no que, a partir das súas observacións en catro casos de hematomas de tabique secundarios e traumatismos nasais, describe a clínica e o tratamento indicado segundo se trate de hematomas simples, abscesos ou deformacións consecutivas a estes últimos.



Bibliografía:




Fontes impresas:

ROMERO MOLEZUN, F. (1897): Articulaciones falsas o de la calavera, Santiago: Imp. de la Gaceta de Galicia.

ROMERO MOLEZUN, F. (19??): Estudio Crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea, Santiago: Tipografía La Comercial.

ROMERO MOLEZÚN, F. (1913): Exploración clínica de las fosas nasales y sus anexos, Santiago: Tipografía La Comercial.

ROMERO MOLEZÚN, F. (1913?): Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas, Santiago: Tipografía La Comercial.

ROMERO MOLEZÚN, F. (1913): Nociones de terapéutica de las enfermedades de la naríz, garganta y oídos: para uso del médico práctico, Santiago: Tip.La Comercial.


Bibliografía secundaria:

BALTAR DOMÍNGUEZ, R. (1968): La Escuela Médica Compostelana,
Santiago: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

CARRO OTERO, X. (1998): Materiais para unha Historia da Medicina Galega, 2 tomos, Santiago: Xunta de Galicia.