culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Manuel Jacobo Fernández Mariño

Impulsor do uso médico das augas

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Galdo Fernández, Fausto; González Guitián, Carlos
  • Data de alta: 03/05/2013

Extras de Manuel Jacobo Fernández Mariño: 

Extras sobre Manuel Jacobo Fernández Mariño:

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Galdo Fernández, Fausto; González Guitián, Carlos ([2013], “Manuel Jacobo Fernández Mariño”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 22/07/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=442
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) 1784
  • Falecemento: 1861
Estudou medicina en Santiago, onde obtivo o grao de Bacharel, e Valladolid, e revalidou o título de Doutor en Madrid en 1808. Foi Profesor en Valladolid, cidade na que editou un Opúsculo sobre las enfermedades de los ojos (1822), segundo consta na Gran Enciclopedia Gallega (Anónimo, 1974).

Médico titular da súa vila natal de Santa Uxía de Ribeira, Tui e Padrón, no 1812 chegou a Caldas de Reis, onde comezou a interesarse polas augas minerais. Asesorou a Pedro Acuña e Malvar, Secretario de Estado de Gracia e Xustiza, na andaina de facer un novo balneario na “Burga da ponte grande do Umia”, xunto a capela do San Sebastián, con planos do arquitecto Melchor de Prado. As análises das augas encargáronselle ao profesor de Química do Colexio de Farmacia, Gabriel Fernández Taboada. O proxecto, non lucrativo, tiña como finalidade manter unha escola na parroquia de Santa María.
No ano 1816 concorreu á primeira oposición de Médicos Directores de Balnearios, acadando o número 23. Solicitou a dirección das Caldas de Reis e das Termas de Cuntis, nas que xa levaba traballando desde case cinco anos antes. Neste derradeiro Balneario era copropietario dalgunha das fontes.

En 1824 foi nomeado substituto na Facultade de Medicina de Santiago. Opositou á cátedra de Medicina en 1827. Dende 1843 encargouse de Materia médica, Medicina Legal e Forense. Pola lei de incompatibilidades de 1846, tivo que deixar a dirección dos balnearios por non permitírselle a duplicidade nos cargos, aínda que se ofreceu a renunciar ao soldo. Na Dirección das augas substituíuno Rey Perfume. En 1851 encargóuselle impartir o ensino de Patoloxía Xeral, Nocións de Anatomía Patolóxica, Terapéutica, Materia médica e Arte de receitar. Editou un coidado programa de 32 páxinas, no que salienta, pola novidade, a introdución, na que aconsella os libros dos que vai a guiarse e comprométese a ampliar os temas con outros textos, especialmente as doutrinas de Trousseau, o célebre hixienista tan de moda. Detalla 145 leccións, sete adicadas ás augas minerais, do mar e artificiais.

Acadou a “Categoría de Ascenso” en 1855. Foi o Síndico fiscal da Universidade Compostelán, médico en propiedade do Real Acordo e Tribunal Superior deste Reyno, do Colexio Maior de Fonseca e académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias.

Como hidrólogo foi moi activo. Publicou varias memorias sobre os establecementos que dirixiu. Participou na polémica sobre a necesidade do Médico-Director nos Balnearios. Nas Cortes españolas cuestionábase a súa utilidade, de xeito especial polos deputados galegos Vázquez de Parga, Fontán e Falero, que miraban no control dos médicos un medio de acadar mellores ingresos. Escribiu algúns artigos e apoiou ao portavoz dos hidrólogos, Mariano González Crespo, entón Director nos Baños de Caldelas de Tui.

Nunhas reformas que fixo en Cuntis no verán de 1831, para a mellora das fontes, atopou unha pía ou poza cadrada de cantería cunha escultura en bronce de 30 centímetros, a modo de cano, unha especie de “minerva-médica” ou “edil armado de espada e escudo” que depositou no Museo da Universidade compostelá, onde se extraviou. O achádeo comunicouno na Real Xunta Superior Gobernativa de Medicina e Cirurxía.

Fernández Mariño foi o responsable da formalidade do recoñecemento e acreditación, no ano 1841, da “Utilidade pública” para as augas minerais recen descubertas na illa de Louxo ou “Toxa Grande”, na ría de Arousa. As inspeccións e as análises van firmados xunto co seu auxiliar Rey Perfume.

As súas publicacións hidrolóxicas están cheas de curiosas precisións que abranguen moitos campos: o achádeo da pía romana nas Termas de Cuntis; a colocación na “Casa de Acuña de un tubo de estaño puro de cuatro varas” para mellorar a captación; recomendacións encol do xeito de aproveitar mellor os baños quentes, alternando os dous Balnearios; as augas para bebida misturando leite de “pollina”; ou comentarios encol da Talasoterapia ou terapéutica con baños de mar nas praias da Ría de Arousa.



Bibliografía:




Fontes documentais:

Memoria que sobre el examen químico de las aguas minerales de San Juan de Coba [Manuscrito]. Presentaron Manuel Mariño y Vicente Tavoada, Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, Expedentes persoais, cartafol 400, doc. N.11 (1815), 28 p.

Observaciones sobre las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis correspondientes a la temporada de baños del año 1832 [Manuscrito]; [13] f., Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.


Fontes impresas:

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1814): Topografía físico-médica de la villa de Caldas de Reis, Santiago (citado por Couceiro Freijomil, A. vol.II, p.57).

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1822): Opúsculo sobre las enfermedades de los Ojos, Valladolid.

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1828): Anuncio sobre las aguas minerales de Caldas de Reyes y Caldas de Cuntis, en la provincia de Santiago de Galicia con la enumeración de sus virtudes medicinales y las enfermedades en las que conviene su uso en bebida y baño, Santiago: Imp. de Campaña.

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1841): Cánones Generales fundados en reiteradas observaciones físicas, químicas y médicas practicadas en el discurso de treinta años para gobierno de los que necesitan las aguas y baños minerales de los establecimientos de las Caldas de Reyes y Cuntis. En la próxima temporada de 1841, Santiago: Tipografía de D. José Fermín Compaña.

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1842): Establecimientos de aguas y baños minerales de Caldas de Reyes y Cuntis en la provincia de Pontevedra, Boletín de Medicina, Cirujía y Farmacia, 88: 127-128.

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1851): Universidad literaria de Santiago. Curso de 1851 a 1852. Programa de las lecciones de tercer año de la Facultad de Medicina que se han de esplicar por el catedrático en dicha asignatura, Doctor D. ..., Santiago: Imp. y Litografía de D. Juan Rey Romero.

FERNÁNDEZ MARIÑO, M. J. (1851): Programa de las lecciones de tercer año de la Facultad de Medicina. Curso 1851 a 1852. Por el catedrático..., Santiago: Imp. y Lit. de D. Juan Rey Romero.


Bibliografía secundaria:

ANÓNIMO (1974): Fernández Mariño, Manuel Jacobo, Gran Enciclopedia Gallega, Santiago: Editor Silverio Cañada; T.12, p. 71.

BARREIRO FERNÁNDEZ, XR. (Coord.) (2003): Historia de la Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela: Universidad, Parlamento de Galicia; v. II, p. 291-292.

CARRO OTERO J, FERNÁNDEZ VIRGOS P, GARCÍA CORTÉS R. (1990): Médicos y cirujanos gallegos del siglo XIX, Medicina Galaica, 49(48): 2-9.

COUCEIRO FREIJOMIL, A. (1952): Diccionario Bio-Bibliográfico de Escritores , Santiago de Compostela: Editorial de los Bibliófilos Gallegos.

GALDO, F. (1995): Introducción a la Historia de las Aguas Minerales de Galicia, Sada: Ediciós do Castro.

GALDO F (2001): Quinientos años de reumatología en Galicia, A Coruña: Real Academia de Medicina y Cirugía. p. 23-4.

GONZÁLEZ GUITIÁN, C. (2008): Bibliografía Médica Gallega del siglo XIX, Valencia: Universitat.

MARTÍNEZ REGUERA, L. (1897): Bibliografía Hidrológico Médica Española. Segunda Parte (manuscrítos y Biografías), Madrid: Establecimiento tipográfico de Sucesores de Rivadeneira.

MURGUÍA, M. (1999): Diccionario de escritores gallegos, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

SAÁ BRAVO, H. (1984): Caldas de Reis. Páginas históricas de la villa y linajes de la misma y su contorno, Pontevedra: El Museo de Pontevedra, XXXVIII: 215- 233.