culturagalega.org

Indice alfabético


Disciplinas científicas

Ramón Rúa Figueroa

Enxeñeiro de minas e membro da xeración provincialista de 1846

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Bermejo Patiño, Manuel; Fandiño Veiga, Xosé Ramón
  • Data de alta: 03/05/2013

Extras de Ramón Rúa Figueroa: 

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Bermejo Patiño, Manuel; Fandiño Veiga, Xosé Ramón ([2013], “Ramón Rúa Figueroa”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 24/03/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=443
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Santiago de Compostela 1820
  • Falecemento: Madrid 1874
Realizou os estudos de enxeñería de minas na Universidade de Madrid e chegou a desempeñar o cargo de enxeñeiro xefe do corpo de minas e director das minas de Almadén. Foi tamén un gran publicista, que estudou e elaborou informes técnicos sobre moitas ruínas do estranxeiro. Politicamente compartiu co seu irmán Xosé as ideas liberais, notablemente máis moderadas no caso de Ramón,e formou parte da xeración coñecida como provincialistas galegos, que interviñeron no pronunciamento de 1846. Esta xeración de mozos universitarios optimistas e loitadores viron freadas as súas ansias democratizadoras tralo levantamento de 1846, iniciado co pronunciamento do comandante Miguel Solís e concluído co fusilamento dos Mártires de Carral e co exilio de moitos deles. Agrupábanse na Academia Literaria de Santiago, á que pertenceron Añón, os irmáns Faraldo e Camino, Neira de Mosquera, os irmáns Rúa Figueroa, Romero Ortiz, etc., na que se promovían debates sobre temas filosóficos, históricos e se organizaban lecturas literarias de orixinais dos seus membros. A Academia Literaria fora fundada en 1831, pero o seu momento de maior vitalidade tivo lugar entre 1840 e 1842, baixo a presidencia de Domingo Díaz de Robles e Vicente Manuel Cociña, cando celebraban as reunións no mosteiro de San Martiño Pinario. Desapareceu en 1849 e foi substituída por El Liceo de la Juventud, con sede no convento de San Agustín, que tiña como unha das súas actividades principais as representacións teatrais de obras de autores consagrados no panorama español. Consta que en 1854 Rosalía de Castro deu vida na escena ao personaxe principal de Rosmunda, drama de Gil y Zárate e incluso é posible que actuase nalgunha outra representación.

As publicacións científicas de Rúa Figueroa son memorias moi completas e revisten particular interese pola información crítica que conteñen sobre os procedementos de explotación mineira en moitos xacementos. Nos seus informes realizaba propostas para a mellora das explotacións e analizaba os seus aspectos económicos. Sempre se mostrou contrario ao intervencionismo estatal, chegando a acusar a esta política proteccionista do Estado de abandono das industrias extractivas. Respecto ao estado da minería en Galicia, do que se ocupou en diversos estudios, en 1855 realizou un informe sobre a fábrica da cobraría de Xuvia, para coñecer o estado das industrias mineiras, metalúrxicas e demais relacionadas con esa fábrica, co obxecto de ver como se poderían revitalizar.

As súas ideas liberais levárono a publicar e a divulgar en revistas de ampla difusión noticias relativas á minería e á súa industria como motor do despegue dun país. De igual modo, con sentido de servizo a uns ideais e a un país, comezou, no ano 1857, xunto co seu grande amigo, o tamén enxeñeiro Euxenio Maffei, a obra de recompilación de datos biográficos e bibliográficos para os seus famosos Apuntes, que constan de máis de 5.000 descricións bibliográficas, xunto con datos biográficos dos autores citados. Esta obra, redactada con gran minuciosidade, é de gran fiabilidade para os historiadores da ciencia.



Bibliografía


Fontes impresas:

RÚA FIGUEROA, R: (1,854): La minería y la metalurgía española en la Exposición Universal de Viena, Madrid.

RÚA FIGUEROA, R: (1856): Memoria sobre la explotación y beneficio de los minerales de cobre de Rammelssberg (Harz), Madrid: Imprenta viuda A. Yenes.

RÚA FIGUEROA, R. (1857): Obstáculos que se oponen al desarrollo de la industria mineral, Revista Peninsular Ultramarina.

RÚA FIGUEROA, R. (1857): Sobre protección de la industria del hierro, El Economista.

RÚA FIGUEROA, R. (1858): Noticia sobre la fábrica de cobrería y antigua casa de moneda de Jubia, Madrid: Imprenta viuda A. Yenes.

RÚA FIGUEROA, R. (1859): Ensayo sobre las historias de las minas de Río Tinto, Madrid: Imprenta viuda A. Yenes.

RÚA FIGUEROA, R. (1861): Memoria sobre las minas deAlmadén y Almadenejos, Madrid; en colaboración con F. Bernáldez.

RÚA FIGUEROA, R. (1867): Mármoles de Galicia, El Miño.

RÚA FIGUEROA, R. (1868): Minas de Río Tinto. Estudio sobre la explotación y el beneficio de sus minerales, A Coruña: Tipografía de Eusebio Casconte.

RÚA FIGUEROA, R. (1871-72):. Apuntes para una Biblioteca Española de libros, folletos y artículos, impresos y manuscritos, relativas al conocimiento y explotación de las riquezas minerales y a las ciencias auxiliares, Madrid: Imprenta J. M. Lapuente; 2 vol.; en colaboración con E. Maffei.

RÚA FIGUEROA, R. (1872-73): Bibliografía mineral hispano-americana, Madrid; en colaboración con E. Maffei.


Bibliografía secundaria:

COUCEIRO FRE1JOIMIL, A. (1951): Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Santiago: Editoial Bibliofilos Gallegos.

FANDIÑO VEIGA, Xosé Ramón (2010): Antonio Neira de Mosquera, xornalista, Xornalistas con opinión 2. Vinte biografías, Santiago: Consello da Cultura Galega, Editorial Galaxia.

LOPEZ PIÑEIRO J. M. e outros (1983): Diccionario histórico de la ciencia moderna en España, Barcelona: Ed. Península.

OVILIO y OTERO, Manuel (1880): Hijos ilustres de la Universidad de Santiago, Santiago: Imp. de la Gaceta de Galicia.