culturagalega.org

Juan Antonio Rodríguez Bustillo

Químico, autor de obras de interese didáctico

comparte esta páxina:

Ámbitos de ocupación:

Autor/a da biografía:

  • Bermejo Patiño, Manuel; Sisto Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón
  • Data de alta: 07/05/2013

Galeria



Como citar esta páxina:

  • Bermejo Patiño, Manuel; Sisto Edreira, Rafael; Fandiño Veiga, Xosé Ramón ([2013], “Juan Antonio Rodríguez Bustillo”, en Álbum da Ciencia. Culturagalega.org. Consello da Cultura Galega. [lectura: 12/12/2017] [URL: http://www.culturagalega.org/
    albumdaciencia/detalle.php?id=444
Untitled Document

Datos biográficos:

  • Nacemento: Vigo (Pontevedra) 1819
  • Falecemento: Tui (Pontevedra) 1879
Despois de estudar Humanidades, cursou Filosofía na Universidade de Santiago e a carreira de Farmacia no Real Colexio de San Fernando en Madrid, onde recibiu os graos de bacharel, licenciado e doutor nesta especialidade. Exerceu profesionalmente en Tui, ao mesmo tempo que daba clases de matemáticas no Instituto e, máis tarde, de física e historia natural no Seminario. Foi subdelegado de Farmacia en Tui e vocal da súa Xunta de Sanidade e asesorou o xulgado de Primeira Instancia en varias análises por causas delituosas.

A súa obra máis importante, Tratado de química-analítica, foi publicada en Vigo en 1858. Trátase dunha obra de carácter xeral, pero centrada fundamentalmente na análise e composición dos corpos naturais e artificiais e contén unha serie de cadros sinópticos de grande interese didáctico para o autor. De marcado carácter pedagóxico son tamén os Cuadros sinópticos de los cuerpos simples, e os manuscritos Atlas completo de Química e Nociones de Historia Natural.

En 1859 Rodríguez Bustillo publicou en Valladolid un Catálogo de las plantas que se crían en el partido de Tuy, e un herbario seu, coas plantas da zona, foi premiado cunha mención honorífica polo Real Colexio de Farmacéuticos de Madrid ao ano seguinte. En 1867 esta Institución outorgoulle un diploma especial coma colaborador no Diccionario de Farmacia.

Deben citarse, así mesmo, un manuscrito coa Descripción de las principales toxinas del reino mineral y medios analíticos para descubrirlas en los casos químicos legales, e unha Memoria expositiva de los medios que deben adoptarse para contener el cólera, morbo, presentada á Xunta de Sanidade Militar. Roldán (1976) recolle ademais outros seis artigos publicados en datas posteriores a 1850 en El Restaurador Farmacéutico.

Rodríguez Bustillo foi socio correspondente do Real Colegio de Farmacéuticos de Madrid, do Instituto Farmaceútico Aragonés e dos Colexios Farmacéuticos de Sevilla e Barcelona. En 1867 foi nomeado académico correspondente da Real Academia de Arqueoloxía e Xeografía, e da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona en 1873.



Bibliografía:




Fontes impresas:

RODRÍGUEZ BUSTILLO, J. A. (1858): Tratado de química-analítica, Vigo: Establ. Tipográfico de Juan Compañel.


Bibliografía secundaria:

ROLDÁN GUERRERO, R. (1976): Diccionario biográfico y bibliográfico de autores farmacéuticos españoles, Madrid: I.M.P.I-I.O.E.; IV: 291-292.