culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / José Gutiérrez del Arroyo

José Gutiérrez del Arroyo
Pontedeume 1871 - Madrid 1908
Un dos mellores mestres da Institución Libre de Enseñanza
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


Gutierrez del Arroyo.jpg Documento sin título
oco
 
Extras de José Gutiérrez del Arroyo

oco
frecha  Manuscrito de José Gutiérrez del Arroyo. 1899
oco
oco
 

Ámbitos de ocupación:
Docente 


O mestre galego José Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, pertencente a unha familia eumesa, enlazada cos López-Cortón, logo de realizar os seus estudos primarios en Pontedeume e estudos secundarios en Betanzos, trasladouse por motivos familiares á Arxentina onde estivo entre os anos 1889 e 199l, ano este no que regresou, para comenzar de seguido os estudos de Maxisterio na Escola Normal Superior de Santiago de Compostela, ao tempo de poder tomar contacto vacacional nas terras betanceiras coa familia López- Cortón Viqueira, e quizais mesmo con Don Francisco Giner de los Ríos e con Don Manuél Bartolomé Cossio, nas estadías de verán que estes facían na casa de San Fiz de Vixoi, contrastando con eles algunhas das súas incipientes preocupacións pedagóxicas.

En 1895, estando en posesión do título de mestre superior, que o habilitaba para concursar a prazas de escolas completas, accedeu ao posto de profesor propietario da escola completa de Meis (Pontevedra), onde exerceu a súa docencia ata xuño de 1899. Neste tempo realizou, mediante exames libres,o Curso Normal na Escola Normal Central de Mestres en Madrid e tamén, de seguido, o Curso de pedagoxía especial para xordomudos e cegos, que lle permitiron alcanzar unha máis satisfactoria formación pedagóxica. Desempeñou a continuación a súa docencia na escola elemental completa de Ponteareas ata a primavera de 1902, momento este no que presentou a súa renuncia a este cargo ante o Rectorado da Universidade de Santiago, por ter sido nomeado administrativamente “conserxe” do Museo Pedagóxico Nacional.

Era a fórmula que lle permitía achegarse definitivamente a Madrid e entrar en relación estable coas actividades tanto da Institución Libre de Enseñanza, como do mesmo Museo Pedagóxico, pois xa no verán de 1901 José Gutiérrez del Arroyo fora un dos destacados profesores da colonia escolar de vacacións que o Museo Pedagóxico viña organizando en San Vicente de la Barquera, aplicando os principios pedagóxicos e a metodoloxía didáctica propia da Escola Nova. Naqueles momentos tamén se incorporou á ILE o seu irmán Luís (1877-1938) como profesor de matemáticas e xeometría, sendo os dous algúns dos excelentes profesores que Giner incorporou á escola da ILE.
Desde Madrid, José Gutiérrez del Arroyo, xunto con José López Cortón e con Ramón Tenrreiro, organizaron as colonias escolares de A Lagoa, nas terras das Mariñas, no verán de 1902, que foron as primeiras colonias escolares de A Coruña, e que se seguirían organizando con continuidade nos anos sucesivos; colonias nas que máis tarde colaborarían os destacados profesores Marcelino Pedreira e García Niebla, un dos máis recoñecidos educadores de Ferrolterra. Durante o curso de 1906-07 José Gutiérrez foi pensionado polo Ministerio de Instrucción Pública, pouco antes da creación da JAE, para realizar estudos na Escola Normal Superior de Saint Cloud en París e na de Bruxelas, tendo así ocasión de visitar escolas nas dúas cidades, de asistir aos cursos de ciencias naturais impartidos por Perrier, Houssay e Delage, a conferencias académicas, e de formarse en contacto con importantes pedagogos, en particular, co director da Escola Normal de Bruxelas Alexis Sluys, amigo persoal de Manuél Bartolomé Cossio.

Ao seu regreso a Madrid, José Gutiérrez, que estaba casado con Dolores Sama, filla de Joaquín Sama, un dos impulsores da ILE, volveu incorporarse como profesor da escola primaria da ILE, levando a cabo, como se escribiu no Boletín de la ILE, “una enseñanza llena de calor, con clases vividas por los alumnos en plena intimidad de espíritu y de interés con el maestro”. Pouco máis tarde pasou a exercer como mestre na escola madrileña do pobo de Santa Marta, con gran satisfacción dos escolares e das súas familias. Di o Boletín de la ILE (nº 585, de 31.XII.1908) que “ era inagotable el interés que sabía avivar en los niños; les contaba tantas cosas no oidas!; pero además, les enseñaba a apreciar su propia vida, como una cosa tan llena de valor y tan nueva!”. En tal desempeño morreu nese ano de 1908; morría un dos mellores educadores institucionistas, con profunda pegada entre os educadores coetaneos galegos influidos pola ILE.

Foto: Pontedeume. Fonte: TurGalicia
Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico


Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org