culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Aniceto Charro Arias

Aniceto Charro Arias
Vigo 1903 - Ourense 1979
Un científico dedicado á investigación e a docencia
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


charro-arias.jpg Documento sin título
Bibliografía...

VV.AA.: Gran Enciclopedia Gallega., T. 8, Santiago/Xixón, s/d.

VV.AA.: “In Memoriam”. Ilmo. Sr. Prof. Dr. Aniceto Charro Arias, Departamento de Bramatología-Toxicoloxía y Análisis Químico Aplicado de la Facultad de Farmacia. Sección de Química Analítica Bramatológica del Departamento de Investigaciones Farmacéuticas del C.S.I.C.Santiago, 1981.

RICARDO GURRIARáN, Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Universidade de Santiago. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Santiago, 2006.



Ámbitos de ocupación:
Docente 
Investigación / Científico 


Catedrático de Técnica física e Análise química da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, o profesor Charro Arias naceu en Vigo en 1903. Llicenciouse en Farmacia en Santiago en 1924 con expediente completo de Matriculas de Honor e Premio extraordinario e doutorouse en Madrid en 1926. Ao rematar a carreira foi reclamado por Casares Gil para traballar en Madrid nos laboratorios da Junta para Ampliación de Estudios. O mesmo ano do doutoramento a JAE concedeulle unha bolsa pa ampliar estudos de análise química e facer un curso especial de Farmacia química no laboratorio, en Burdeos, baixo a dirección dos profesores Labat e Golse. En 1930 oposita con éxito á cátedra de Técnica física e Análise química da Facultade de Farmacia de Santiago e logra o mérito de ser o primeiro profesor do século XX que logrou cátedra na Facultade na que se formara. E aínda que en dúas etapas (1920-23 e 1949-1955) completou a carreira de Medicina, na que, tamén en Santiago, se licenciou en 1955.

A incorporación de Charro á docencia en Santiago supuxo, sen dúbida, un importante impulso para o asentamento da investigación farmacéutica. Provisto das ideas da Institución Libre de Enseñanza e da JAE, o profesor Charro chega como catedrático a Santiago no momento que asume o reitorado o Dr. Rodríguez Cadarso, que, imbuído dos mesmos principios, puxo en marcha unha profunda renovación da investigación científica concretada en convenios de colaboración con universidades estranxeiras, bolsas para alumnos e profesores, Instituto de Idiomas, creación de laboratorios: “Se ha realizado un esfuerzo heroico, dotando a la Facultad de elementos indispensables para iniciar los trabajos de Laboratorio, nulos hasta la fecha”, escribiu o propio Charro (“Los nuevos laboratorios de Química Inorgánica y Analítica de la Facultad de Farmacia de la Universidad de Santiago”, publicado no nº 1 da Revista de Farmacia, en 1933). Charro identificase e colabora coa xestión reitoral de Cadarso, cronoloxicamente coincidente coa etapa de goberno republicano-socialista e, ligado ao Instituto de Estudos Rexionais que este fundara, crea o Instituto Galego de Bromatoloxía. No verán de 1931 foi becado pola Xunta de Goberno da Universidade para estudar a organización do ensino na Facultade de Farmacia de Xenebra. Ao mesmo tempo coopera como socio protector do Seminario de Estudos Galegos, asinou un manifesto de intelectuais apoiando o texto do proxecto de Estatuto de Autonomía proposto pola Asemblea de Municipios galegos en 1933 e participou na Semana Cultural Galega do Porto, organizada en 1935 polo SEG en colaboración coas universidades de Santiago e Porto.

En xullo de 1936, ao estalar a Guerra Civil, Charro Arias, sen militancia política, agachouse e desapareceu de Santiago para ver se amainaba a represión sobre o estamento universitario comprometido coa República. Por ausencia foi deposto do seu cargo de secretario da Facultade de Farmacia e sancionado con tres meses de suspensión de emprego e soldo en agosto do propio 36 e a mesma sanción, esta vez de dous anos, máis a prohibición de exercer cargos públicos, en 1937. Traballando no Laboratorio de Farmacia Militar, dedicado a fabricar medicamentos para o exército franquista, purgou as sospeitas de non profesar afección ao Movemento Nacional. Así, foi rehabilitado para a docencia e obrigado a pronunciar o discurso de apertura do curso 1940-41, que versou sobre La evolución de los medicamentos, remedios antiguos y modernos.

Reintegrado, pois, á súa cátedra, nomeada agora de Análise Química Aplicada e Bromatoloxía-Toxicoloxía desde 1944, aínda que sen apoios e con escasos medios seguiu tentando potenciar a investigación científica, aínda efectuou estudos sobre Cromatografía gaseosa e Espectrofotometría infrarroxa no Deutsche Forsschungsanstalt fur Lebensmittelchemie de Múnic e de Aplicación da cromotografía á investigación de residuos de pesticidas en alimentos no Food Science and Plant Health Division of The Ministry of Agriculture, Fisheries and Food de Londres, participou en numerosos congresos e reunións científicas. As súas publicacións están case todas orientadas cara á análise dos alimentos: composición, adulteración e, posteriormente, desde que asumiu o encargo de facerse cargo da asignatura de Historia da Farmacia, ao estudo de documentos que valesen para establecer a historia da Farmacia en Galicia. Foi vicedecano da Facultade de Farmacia desde 1946 a 1958, decano desde 1961 a 1971, membro do Consello Asesor Científico dos Laboratorios Zeltia, director do Laboratorio Municipal de Santiago, profesor do Consello Superior de Investigacións Científicas, correspondente da Academia de Farmacia Española e da Academia das Ciencias de Galicia, decano honorario da Facultade de Farmacia desde a súa xubilación en 1971, fundador e director do Museo da Farmacia que, por acordo da Xunta de Facultade leva o seu nome. Morreu en Ourense en 1979, pero antes, con motivo da súa xubilación, os seus alumnos e discípulos ofrecéronlle a edición en catro volumes da case totalidade dos seus traballos científicos.

Autor/a da biobibliografía: Xosé Ramón Fandiño Veiga


Obra de Aniceto Charro Arias
 
“Síntesis de medicamentos orgánicos”, en Revista de Farmacia, 1924.

“Análisis de aguas”, en Revista de Farmacia, Santiago, 1927.

“Contribución al estudio físico-químico de lasinero-medicinales de Galicia en Boletín de la Universidad de Santiago, II, Santiago, 1933.

“Cirioscopia de las leches de vaca en Galicia y su valor en la investigación del aguado de las mismas”, en Boletín de la Universidad de Santiago, 1948

“Cirioscopia de las leches de vaca en Galicia y su valor en la investigación del aguado de las mismas”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química, XLI, 1949.

La colaboración del farmacéutico rural en la fiscalización sanitaria de los alimentos, Porto, 1952.

“Contribución a la Historia de la Farmacia en Galicia. Una visita de botica en 1.614”, en Boletín Sociedad Española Historia de la Farmacia, Madrid, 1956.

“La toxicología en los análisis clínicos”, en Boletín Informativo. Consejo Superior General Colegio Farmacéuticos, Madrid, 1960.

Recherche des Epaississants dans les eaux gaseuses artificielles. Compterendu du IV Congres d´expertise chimique, Atenas, 1964. En colaboración con J. Cano.

La estufa anular de Weisz y su aplicación en análisis inorgánico, Madrid, 1970. En colaboración con J. Simal, J.Mª Creus e E. Álvarez.

Residuos de hidrocarburos en aguas de la Ría de Arousa. V coloquio de Investigaciones sobre el agua, San Sebastián, 1973.

“Contribución a la Historia de la Farmacia en Galicia “ Formulaciones dispensadas en Orense a finales del siglo XVI”, en Boletín de la Sociedad Española de Historia de la Farmacia, XXVI, nº 102, Madrid, 1975.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org