culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Roberto Nóvoa

Roberto Nóvoa
A Coruña 1885 - Santiago 1933
Figura emblemática da medicina do s.XX
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


32_novoa_01.jpg Documento sin título
32_novoa_02.jpg
32_novoa_03.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

DÍAZ TRIGO, A. E OUTROS, Homenaje de la Facultad de Medicna a la memoria del Prof. D. Roberto Nóvoa Santos, Madrid, ed. Gráfica Universal. 1935

SAL LENCE, J., En memoria de los doctores Gómez Ulla y Nóvoa Santos, A Coruña, Tip. El Ideal Gallego. 1945

CANDELAS BARRIO, J., La antropología de Nóvoa Santos, Barcelona, Pulso Editorial. 1971

GARCÍA SABELL, D., Roberto Nóvoa Santos (hombres que hicieron Galicia), A Coruña, Gráficas Galicia. 1981

Diccionario histórico das ciencias e das técnicas de Galicia. Autores, 1868-1936, Sada-A Coruña, Ed. do Castro, Public. do Seminario de Estudos Galegos. 1993

FERNÁNDEZ TEIXEIRO, J.J., Roberto Nóvoa Santos: una vida, una filosofía, A Coruña, Fundación Barrié de la Maza. 2001

GURRIARÁN RODRÍGUEZ, R., Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Servizo de Publicacións da USC. 2006



Ámbitos de ocupación:
Medicina 


Médico e investigador. Logo de estudar medicina en Compostela, comezou na docencia como profesor auxiliar de Patoloxía Xeral na Facultade de Medicina de Santiago. En 1911, foi un ano a estudiar Fisioloxía e Patoloxía a Francia, Austria e Alemaña (R.O. 26-V-1911), cunha bolsa da JAE. Nesta estadía publicou un total de seis traballos científicos. A súa volta obtivo a cátedra de Patoloxía en Santiago.

Home activo, con inquedanzas científicas, culturais e políticas, era un espécime raro na Compostela de primeiros do pasado século: “Y sus labios se plegan en una sonrisa fatalista al recordar sus años de luchador político (...) y me cuenta retazos de su vida de estudiantina, cuando con el ánimo pleno de ilusión y acometividad, creó desde Santiago aquella Internacional anarquista” (Galicia, Montevideo, nº 166, decembro de 1930). Fora axudante de Ramón Varela de la Iglesia, no departamento de Fisioloxía. Positivista no terreo científico e liberal radical no político, é de supoñer que entraría en contacto cos círculos institucionistas, con motivo da defensa da súa tese en Madrid; con avais tan importantes como os da familia Varela, pois dous deles eran considerados seus mestres, o citado Ramón e Manuel Varela Radío, principais axentes da JAE en Compostela.

Dous elementos de sintonía tiña Nóvoa coa JAE: a ansia de renovación das estructuras universitarias e a preocupación polas ciencias positivas e a investigación. Axiña se asentaría como docente e investigador, amosando especial interese pola sexualidade, a morte, o psiquismo e o darwinismo, como dan fe as súas obras, incorporando o freudianismo e o evolucionismo ao seu marco teórico. Segundo Abellan, Nóvoa podería encadrarse no arquetipo de médico-filósofo desa nova figura intelectual, preocupado pola realidade filosófica, social e cultural da súa época.

Os bos resultados da estadía en París e Estrasburgo -con Wenckebach e Blum-, e a creación dunha escola de Patoloxía, en Santiago, fixo que un dos seus primeiros discípulos, Pedro Pena Pérez, en 1917, obtivese unha bolsa para estudiar a mesma temática que anos atrás fixera o seu mestre. Pena foi o primeiro discípulo dunha saga de máis dunha ducia de alumnos e alumnas que ampliaron estudos no estranxeiro con bolsas da JAE: as irmás Fernández de la Vega, Rof Carballo, Outeiriño, Culebras Souto, Puente Veloso, os irmáns Jaso e os Goyanes…

Queremos salientar o espírito de colaboración e de traballo en equipo que caracterizaba a Nóvoa, pois con Pena enceta unha dinámica ata aquela descoñecida na Universidade de Santiago: a presentación de publicacións nas que aparece o nome do mestre xunto ao dos discípulos. En 1914 xa comeza a aparecer o nome do ilustre patólogo cabo de colaboradores, o que amosa unha aprendizaxe experimental a carón do laboratorio, de xeito continuado, e a creación de equipos estables de investigación, significando a insistencia da aprendizaxe lingüística como ferramenta de acceso á ciencia.

De Nóvoa, con motivo da súa prematura morte, Marañón escribía: “Fue arquetipo de la gran generación médica de la preguerra: la que trajo a la medicina española el aire impetuoso de fuera, el rigor en la investigación y la claridad en el método (...) Deja un hueco tan grave en nuestra medicina, en nuestra Universidad, en las filas de la legión entusiasta de hombres libres y liberais” (Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela, 1933).

Deixou máis de 200 traballos publicados. O seu Manual de Patología General (1916) foi un dos libros de medicina con maior número de edicións. No seu haber está a fundación e a dirección de varias revistas de divulgación científica e a potenciación de foros médicos en Galicia (Xornadas Médicas Galegas, Asociación do Cancro…), e o aproveitamento da rede da JAE para que os seus discípulos se achegasen á comunidade científica europea a ampliar estudos. Tamén desenvolveu actividade política, pois foi deputado efémero na Deputación da Coruña durante a Ditadura de Primo de Rivera, e, posteriormente, deputado nas cortes constituíntes de 1931, representando á FRG na mesma provincia.

Logo de estar canso de aturar iniquidades e inercias do pasado na vella facultade de Fonseca, carente do liberalismo que Nóvoa exercía naquela Compostela levítica, presentouse a unhas oposicións para obter traslado a Madrid, en 1928, arrastrando á capital a boa parte do equipo de xoves investigadores que tiña en Santiago. O sucesor na cátedra en Compostela foi o seu discípulo Pedro Pena Pérez.

Na Universidade Central quedou a súa pegada docente e a súa escola de investigación durante a media ducia de anos que lle permitiu vivir un cancro.

Pouco tempo antes de morrer, Nóvoa iría a Arxentina, durante catro meses, a explicar un curso en 1932, formando parte da cúpula da JAE, como xa fixera anteriormente, en 1928 (Cuba).

A súa filla Olga, valorando ao seu pai, dicía: “Es verdad que él era liberal y demócrata de los pies a la cabeza, muy en linea con el idearium de los hombres de la Institución Libre de Enseñanza” (El Correo Gallego, “Figuras de la Universidad de Santiago”, 6 de xullo de 1987, “Mi padre en zapatillas”). Por estas razóns sería depurado post-mortem polas novas autoridades xurdidas da sublevación de 1936, incautándolle aos familiares parte dos seus bens.

Ao noso entender, estamos diante dunha das figuras máis emblemáticas que deu a medicina galega do século XX, que viu a súa traxectoria interrompida por unha morte prematura aos 48 anos, vítima dun cancro.

Autor/a da biobibliografía: Ricardo Gurriarán


Obra de Roberto Nóvoa
 
Alcance y sistematización de las cromorreacciones de los albuminoides (tese de doutoramento), Madrid, Suc. de Rivadeneira. 1911

Manual de Patología General, Santiago, El Eco Franciscano. 1916

El problema del Mundo Interior (discurso inaugural de curso 1920-21), Santiago, Impr. Paredes. 1920

Physis y Psyquis, Santiago, El Eco Franciscano. 1922

El Instinto de la muerte, Madrid, Morata. 1927

La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos, Madrid, Espasa Calpe. 1929

La inmortalidad y los orígenes del sexo, Madrid, Espasa Calpe. 1931

Patografía de Santa Teresa y el Instinto de la Muerte, Madrid, Morata. 1932

El advenimiento del hombre y otras conferencias, Madrid, Morata. 1933

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org