 |
Inicio /
Fernández de la Vega

Fernández de la Vega
Veiga de Ribadeo 1895 -
0
As primeiras médicas formadas na USC
Untitled Document
|
|
|
Documento sin título
|
Extras de Fernández de la Vega
|
 |
|
|
|
 |
Bibliografía...
PÉREZ PEÑA, F: Exilio y depuración (en la Facultad de Medicina de San Carlos), Madrid
RODRÍGUEZ MÍGUEZ, L. E RODRÍGUEZ VILLAR, A.: “La mujer en los estudios médico-sanitarios en la Universidad de Santiago en el siglo XX”, en Evolución de la Medicina en el siglo XX, Ourense, Ed. RAM/Caixanova.
GURRIARÁN RODRÍGUEZ, R: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Servizo de Publicacións da USC. 2006
|
|
Estas médicas e investigadoras xemelgas eran fillas dun médico liberal de Lugo que nos veráns exercía de Director no balneario de Guitiríz. Comezarían os seus estudios en Santiago, no curso 1913-14, finalizando en 1919, coa obtención dun premio extraordinario, por parte de Jimena, pois só había un para a súa concesión. Foron discípulas de Nóvoa Santos, con quen se iniciarían na investigación nos Laboratorios e na Clínica de Patoloxía Xeral (catro anos). Baixo a súa dirección publicaron dous traballos experimentais, sendo alumnas. A fazaña destas dúas mulleres culminando os estudios de Medicina, obtería unha recompensa oficial: a concesión da Gran Cruz de Alfonso XII, por méritos académicos; probablemente fosen as primeiras mulleres matriculadas na Universidade de Santiago.
Unha vez remataron a carreira, trasladáronse a Madrid co obxecto de facer a tese de doutoramento. Elisa presenta a memoria co traballo: “Flatogenia del asma anafiláctico alimenticio”, dirixida polo catedrático de Terapéutica, Teófilo Hernando; no seu laboratorio realiza outros traballos de investigación. Especializouse en Pediatría, co catedrático Enrique Suñer (enfermidades da infancia); acudindo, tamén, ao laboratorio desta cátedra, onde tamén fai traballos de investigación. Solicita unha bolsa para ampliar estudos da súa especialidade en Berlín (Finkelstein e Gerny): Fisioloxía da Nutrición e do aparello dixestivo do neno. Ía avalada por dous catedráticos innovadores, da talla de Hernando e Nóvoa Santos, moi relacionados coa rede da JAE. Como case todos os alumnos de Nóvoa, indicaba que sabía alemán. Foille concedida por un ano de duración.
Tanto pola significado, como polos resultados obtidos, entendemos que o currículo desta médica é, cando menos, admirable, pois, aínda tendo posibles, o feito de irse a Madrid a doutorarse, e a especializarse, sen principiar a década dos anos 20 do século pasado, fai que sexa un fito na historia da muller e da medicina. Especialización na investigación nos laboratorios da Facultade de Medicina de Madrid, tese e tres traballos, avalan o seu quefacer na aproveitada estadía madrileña, xunto á concesión dunha bolsa para ampliar estudios no estranxeiro. Elisa non disfrutaría da bolsa, ao casar axiña co catedrático de Anatomía, Gumersindo Sánchez Guisande (1925), discípulo de Rodríguez Cadarso, de quen fora alumna en Santiago. Elisa morre axiña dunha neumonía en Zaragoza, en 1933, cidade na que seu marido estaba destinado.
A súa irmá Jimena tamén lle concederan unha bolsa dun ano, con prórroga doutro máis, para ir a Alemaña, Suíza e Austria, en 1925, onde levaría a cabo estudios de Xenética Experimental: “Metodología de la investigación hereditaria”. Primeiramente estivo en Berlín, con Kraus e Brugsch, medio ano. Logo en Hamburgo outros seis meses (Hamburgische Universität Anatomisches Institut). Despois estaría en Munich, no Instituto de Hixiene, co profesor Lenz. En 1926-27, estivo dous meses e medio como oínte na Allgemeine Poliklinik, de Viena, co profesor Bauer. Nesta estadía en centroeuropa publicou tres traballos científicos.
En 1934 obtería unha nova bolsa da JAE, para continuar os seus estudios xenéticos, durante sete meses, co profesor Fischer: “Trasmisión hereditaria de las formas de las distinciones formales de los glóbulos rojos humanos, en los gemelos”, entendemos que esta liña de investigación estaba interesada pola súa condición persoal (no Kaiser Wilhem-Institut für Anthropologie, menschl. Erblere und Eugenik, de Berlín). Previamente estivo en Xénova co reputado endocrinólogo Nicola Pende, no Instituto Clínico Universitario.
Nos últimos anos da década dos 20 defendería a súa tese: “Equilibrio ácido-básico, su estudio especial en relación con la narcosis”. Que ao pouco tempo sería distinguida pola Academia co premio Rodríguez Abaytúa, en 1930.
O itinerario seguido por esta investigadora, amosa que os centros que visitara eran os máis punteiros na especialidade escollida, entendemos que houbo un labor de dirección importante, sen que poidamos atribuírllelo a ningunha persoa en particular, posiblemente foi resolto de forma colectiva, aínda que Nóvoa Santos debeu ter unha boa parte na decisión e convencemento para que saíse ao estranxeiro, se nos guiamos polas liñas de investigación elixidas, a interrelación das disciplinas de estudio e a colaboración posterior que ambos tiveran. Jimena, desde a súa chegada a Madrid, colaborara con Marañón (endocrinoloxía) e se adestrara no laboratorio de parasitoloxía do doutor Pittaluga -dous anos, realizando estudos sobre as propiedades dos linfocitos-, e, unha vez que o seu mestre Nóvoa Santos ven a Madrid, en 1928, traballa na investigación xenética ao seu lado, abrindo liñas de investigación novidosas para aquel entón. Desde 1932, dirixe o Seminario de Xénética, creado por Nóvoa, adscrito á cátedra de Patoloxía. Realizou unha parte dunha das varias edicións da súa soada Patologia (1916). Do capítulo “Constitucion”: “La herencia biológica del hombre”. Tamén sería unha asidua participante nas Xornadas Médicas Galegas.
En 1936, ao comezar a guerra, Jimena marchou de Madrid cara a Sotillo de la Adrada (Ávila), onde permaneceu ata outubro. Logo presentouse ás autoridades en Burgos, ao que ía ser o principal responsable da depuración do profesorado, o catedrático de Pediatría Enrique Suñer. Despois foi a Vilagarcía, un tempo, ata que se asentou en Santiago, en febreiro de 1937. O resto da Guerra Civil estivo en Compostela, prestando os seus servicios no Hospital Militar de San Caetano. Nesta cidade fíxose cargo dos seus sobriños, pois seu cuñado marchara cara ao exilio arxentino, logo de estar agachado un tempo en Galicia. Seu irmán Virgilio fora deputado “portelista” por Lugo, en 1936. Era avogado e foi sometido a depuración, logo da Guerra Civil.
En 1945, seguindo a tradición familiar, Jimena oposita ao corpo de Baños, obtendo a praza do Balneario de Guitiriz. Logo se trasladaría a Montemayor (Salamanca), Cestona (Guipúzcoa) e Lanjarón (Granada), onde se xubilaría. Estes traballos estivais que complementarían os estipendios da profesión médica, no caso de Jimena, non sabemos se serían un labor secundario, pois continuou a investigación xenética ligado á cátedra de Patoloxía da Facultade de Medicina de Madrid, onde dirixiu o Seminario de Xenética humana, mais sen unha continuidade na investigación activa. Morreu en Santiago en 1984. Deixou publicados máis de trinta traballos científicos.
Temos que salientar o papel xogado por Nóvoa Santos na formación científica destas irmás, tanto como conductor como de “padriño” para ampliar a súa formación.
Autor/a da biobibliografía: Ricardo Gurriarán
|
Obra
de Fernández de la Vega
Las heces del hombre, diagnóstico funcional de las enfermedades del intestino. Fisiología y fisiopatología de los procesos digestivos traducción de Hupke. 1941
“Sobre la presencia de granulaciones grasientas en la sangre” en colaboración con Venero Sañudo, Galicia Médica, Santiago, números 5 e 7. 1916
“Somero estudio fisio-patológico del cerebelo”. Galicia Médica, Santiago, números 5 e 7. 1916
“El poder antitúpsico del suero”, Madrid. 1921
“Flatogenia del asma anafiláctico alimenticio” tese de doutoramento. 1921
“Modificaciones que los preparados iodados determinan sobre la fórmula leucocitaria del niño” Madrid. 1923
“Drosophila y mendelismo” 1926
“Estado actual de la Biología y Patología gemelar en sus relaciones con los problemas de la herencia”, 1926
“Raquitismo y Genética” 1926
“Uber Austauschvergänge zwischen Blut und Geweben” en colaboración coa doutora Kerti. 1927
“Los procesos degenerativos en el linfogranuloma”, Primeiras Xornadas Médicas, celebradas na Coruña, en colaboración con Rof Carballo. 1929
“Equilibrio ácido-básico, su estudio especial en relación con la narcosis” distinguida pola Academia co premio Rodríguez Abaytúa, en 1930, Anales de la Academia Médico Quirúrgica, Tomo XVIII, 1930-31, páxs. 75-126.
La herencia fisiopatológica en la especie humana, Madrid, 1935
Hidrología y materia médica, Madrid.1946
Teoría de la herencia y herencia molecular, Madrid. 1963
“Algunos aspectos de la patología constitucional del reumático”. Libro homenaje al profesor D. Manuel Bermejillo (1967). Ed. Laboratorios Liade, Madrid.
|
|
|