culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / María Barbeito

María Barbeito
A Coruña 1880 - A Coruña 1970
Unha precursora da educación actual
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


ac_36_retrato.jpg Documento sin título
ac_36_01.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

MARCO, A., Las precursoras, A Coruña,1993, La Voz de Galicia.

COSTA RICO, A., A reforma da educación (1906-1936), Sada, 1996, Ed.do Castro.



Esta destacada profesora, pedagoga e escritora foi unha das figuras femininas de máis destaque na Galicia urbana do primeiro tercio do século XX. Foi probábelmente a máis destacada pedagoga galega da época, tanto pola súa finura e alcance intelectual, como pola súa dimensión práctica. A profesora Aurora Marco valorouna desde os nosos días como unha “figura singular que hai que colocar á par de Concepción Arenal e de Emilia Pardo Bazán”.

Naceu na cidade d´A Coruña en l880 e nela mesmo morrería o 20 de novembro de 1970 con 90 anos. Despois de realizados os estudos de maxisterio comezou o seu exercicio profesional como mestra de párvulos en 1901, pasando en 1902 á escola da Guarda que con ela chegaría a ser un modélico centro graduado, que irradiou, con María Barbeito como a directora desde 1915, renovación pedagóxica ata a fin da IIª República.

María Barbeito tivo unha intensa actividade profesional e académica como profesora, como especialista na didáctica infantil que impartiu cursos para o profesorado, e como mestra-inspectora por nomeamento directo do Ministerio de Instrucción Pública en l933, un dos dez primeiros mestres-inspectores nomeados; foi publicista, non abondosa en textos, pero cunha fértil captación do espírito da época e dos significados da renovación pedagóxica e social do momento; foi conferenciante en beneficio dos dereitos dos nenos e das mulleres,en particular; animadora e impulsora de institucións de forte contido social, traductora de textos franceses, e unha muller sempre presente na vida social e cultural da cidade da Coruña.

Os seus fillos describírona como unha muller “dotada dunha intelixencia de primeira orde; dona dun espírito cultivado e dun ánimo xeneroso e intrépido;sensible ante a dor allea; exacta, rigorosa e esixente consigo mesma no traballo e no cumprimento das súas obrigas; entregada ao servizo do seu pobo e ao amor da súa familia; comprensiva e liberal; intransixente só na defensa da xustiza, recibindo por certo con valorosa e admirable dignidade a inxustiza con ela mesma cometida”.

No plano social, como muller progresista e cun marcado sentido da xustiza social, impulsou varias institucións como “El niño descalzo”, e o “Comedor y ropero de las escuelas da Guarda”. Participou na dirección das “Colonias escolares”, das “Cantinas escolares Concepción Arenal”, e da “Junta de Protección a la Infancia”. Presidiu a “Asociación Concepción Arenal para la protección y rehabilitación del preso”. En 1932 foi camada a Madrid para formar parte da Xunta Superior de Beneficencia. Estivo atenta ao funcionamento da Casa Cuna e do Tribunal Tutelar de Menores na súa cidade. Esa mesma preocupación social pola infancia estivo presente en parte do seu labor traductor de textos franceses, como a obra de Gilbert Cesbron Perros perdidos sin collar, obra de lectura dos estudantes de Pedagoxía na Universidade Pontificia de Salamanca nos anos setenta.

Foi constante defensora da emancipación e da educación sen discriminación das mulleres. Así o promoveu nas escolas da Guarda, como conferenciante en diversos foros, entre eles o da Agrupación Republicana Feminina da Coruña en l934, desde a súa pertenza ao Instituto de Estudios Gallegos, ou á hora de pronunciar en 1916 o discurso e inauguración do monumento a Emilia Pardo Bazán. Por unhas e outras razóns foi condecorada coas Ordes de Beneficencia e de Alfonso XII e coa Medalla de Ouro da Cruz Bermella .

No plano pedagóxico viuse influenciada por diversos aspectos do krauso-positivismo. As lecturas realizadas sobre a psicoloxía experimental e sobre as súas aplicacións ao campo educativo e o contacto con algúns dos mellores textos do incipiente movemento internacional da Escola Nova e Activa son ben observábeis na acción e nos escritos de María Barbeito, singularmente no seu Niños y Educadores de 1913.Sentiu de modo moi vivo a influencia da médica e pedagoga italiana María Montessori, a creadora dunha metodoloxía didáctica da educación infantil e dun material didáctico específico, manipulativo, sensorial e analítico ao servizo do desenvolvemento da intelixencia. Preocupouse, acorde coas novas tendencias, polo mobiliario, o equipamento e a organización graduada das Escolas da Guarda, exemplo e espello para outras escolas, como se mostrou no importante Congreso Pedagóxico celebrado na Coruña en 1926. Aboliu os sistemas memorísticos e introduciu as referencias didácticas e pedagóxicas procedentes das reflexións do filósofo pragmatista americano John Dewey, como tamén as do médico e psicopedagogo belga Decroly, coa súa didáctica asentada na metodoloxía dos centros de interese. Foi partidaria de flexibilizar a obrigatoriedade do ensino confesional. Estaba convencida de que había que abrir as portas das escolas á cultura galega e así propuxo dar os primeiros pasos co seu artigo “El bilingüismo y la escuela gallega”, que publicou no Boletín da Real Academia Galega, da que formaba parte desde 1908 (estando casada cun dos fillos de Andrés Martínez Salazar), en 1931. Introduciu nas Escolas da Guarda a observación antropolóxica e o uso de fichas para o estudo psíquico individualizado de cada alumno. E promoveu a coeducación.

Ante méritos tan consolidados a Junta de Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para unha viaxe de estudos en grupo realizada en l935, que lle permitiu a María Barbeito recorrer e visitar un importante número de centros e institucións educativas de París, de Bruxelas, de La Haya, de Amsterdam, de Hamburgo, de Zurich, de Lucerna, de Berna, de Xenebra e de Milán, podendo establecer comunicación e intercambio con outros docentes e con algunhas recoñecidas figuras de primeira orde da pedagoxía europea, de todo o que tivo inmediata ocasión de informar ao profesorado da comarca da Coruña asistente as súas charlas nos Centros de Colaboración Pedagóxica, denantes de compoñer coas súas notas o libro Países y Escuelas, que non se editaría ata 1975. Aprécianse nas súas paxinas as conviccións pedagóxicas renovadoras da autora e tamén os seus puntos de vista favorábeis á democracia a á xustiza social. Como manifestación das prácticas pedagóxicas observadas en diversas escolas europeas propuxo logo mediante un escrito ás escolas que dela dependían un amplo abano de innovacións: relación epistolar entre nenos e escolas,diarios escolares, arquivos de traballos dos nenos,xardíns escolares,sesións de cine, confección de xornais de escola, museos escolares e representacións teatrais infantís, entre outras iniciativas.

Foi, sen dúbida, a súa limpa conciencia cidadá, a que non soportaron as novas autoridades políticas en 1936, expedientándoa e condenándoa ao ostracismo. Un tempo no que ela emprendeu a tradución de textos e a confección de diversos traballos, como o que dedicou ao estudo de Concepción Arenal, entre outras actividades.


Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico


Obra de María Barbeito
 
Mejor ambiente educativo y condiciones que deben integrarlo, A Coruña, 1909,Vda.e Hijos de Brañas.

Niños y educadores, A Coruña, 1913, Imp. De Ferrer.

La mujer antes, ahora y después, A Coruña, 1934, Tipográfica Obrera.

Concepción Arenal. Breviario humano, A Coruña, 1974, Colegio Provincial de Abogados.

Países y Escuelas, A Coruña, 1975, Ed. Moret.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org