culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Ramón Rodríguez Somoza

Ramón Rodríguez Somoza
Vilanova de Lourenzá 1899 - Santiago 1994

Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


61_ret.jpg Documento sin título
61-01.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

MEDIAVILLA, J.L. : Conxo, siempre el primer día. Aproximación al ideario del profesor Villamil, Gijón, Ed. Fundación Dolores Medio. 1990

SIMÓN LORDA, D. : Locura, medicina y sociedad: Ourense (1875-1975), Ourense, Ed. Fundación Cabaleiro Goás/Xunta de Galicia. 2005

GURRIARÁN RODRIGUEZ, R.: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado, Santiago, Servizo de Publicacións da USC. 2006



Ámbitos de ocupación:
Medicina 


Médico psiquiatra. Vai estudiar a carreira de medicina a Madrid. Desde 1924 xa estaba realizando traballos no Instituto de Investigacións Biolóxicas, logo Instituto Cajal, con Rodríguez Lafora, Castro, Achúcarro, del Río-Hortega e o propio Ramón y Cajal, quen vai ser o seu director de tese de doutoramento: La histopatología de la parálisis agitante cerebral. Nese tempo, contactou con outros galegos que estudaban na capital, próximos ao entorno dos círculos republicanos e galeguistas de Madrid. Formaban parte dun grupo chamado Celta (“Mocedade Céltiga”) de inquedanzas progresistas. Xunta Ramón Rodríguez Somoza estaban Fermín Fernández Penzol, os irmáns López Cortón, Salvador Mosteiro, Álvaro Gil, Emilio González López...

No terreo científico, deseguida optou pola psiquiatría, unha vez que collera unha boa base histopatolóxica co seu mestre Cajal, quen, naquel momento era Presidente da Junta para la Ampliación de Estudios. Este organismo concederíalle unha bolsa, en 1926, de case catro anos continuados para ir a Alemaña a ampliar coñecementos en Neuroanatomía patolóxica e Histopatoloxía psiquiátrica. Durante a súa estancia en centroeuropa acudiu ao manicomio de Friedrishsberg (Hamburgo, co profesor Jakob), á Clínica do profesor Foerster (en Breslau, Poloña), e ás dos profesores Bumke (discípulo de Kraepelin), Spatz e Spielmeyer (Múnic). Publicou varios traballos científicos na Revista do Laboratorio de Investigaciones Biológicas (Instituto Cajal) e en revistas científicas alemanas e francesas.

A súa volta traballa con Rodríguez Lafora, en Madrid, para logo vir a Santiago, onde dirixiría o Sanatorio de Conxo, desde 1932. Probablemente o acceso a este cargo foi debido ao influxo de Lafora, quen era un dos principais responsables da psiquiatría do goberno republicano, e do seu amigo Emilio González López, quen daquela estaba na política activa. Somoza dirixiu este centro ata a súa xubilación en 1969, sen interrupción. Nos primeiros anos publicou algúns traballos sobre neuroloxía e asistiu a congresos de Hixiene Mental. Durante o tempo republicano militou no galeguismo activo, participando en varios actos públicos. Mantiña amizade cos principais líderes do Partido Galeguista como Castelao, Paz Andrade, Otero Pedrayo e Bóveda, e co seu coterráneo Fernández del Riego, quen o coñecía desde neno como Ramón de Pedreira. Foi un dos profesionais e intelectuais asinantes do manifesto a prol do Estatuto, en febreiro de 1933 (Al servicio del Estatuto de Galicia, apoiando o texto saído da Asemblea de Concellos do nadal anterior), promovido, entre outros polo Seminario de Estudos Galegos, entidade da que Somoza era socio. Este pronunciamento político, o primeiro con implicación de intelectuais e docentes da institución universitaria, tería unha grande repercusión e significado, a maiores do compromiso público que xeraba a súa sinatura. Pois, logo da sublevación do 36, este documento sería un dos principais elementos para “determinar” responsabilidades políticas e o grao de implicación, empregado polos organismos depuradores.

Rodríguez Somoza tamén participou en actividades universitarias como a Semana Cultural Galega no Porto, onde pronunciaría unha conferencia, en marzo-abril de 1935, con nutrida participación de membros do SEG, en colaboración coas Universidades de Santiago e Porto, seguindo as pautas de colaboración transfronteirizas que no seu día encetara Rodríguez Cadarso. Nese mesmo ano, colaborou económicamente para erixir un monumento ao poeta Manuel Antonio. É significativo o anuncio de Somoza como especialista psiquiátrico, en galego, na revista Alento (1934): “en Doenzas Mentás”. Logo da Guerra Civil, compaxinou a dirección de Conxo co exercicio privado da profesión nun sanatorio, ata a súa xubilación. Durante a Ditadura, practicamente, deixou de publicar traballos. En 1952, coa colaboración de Baldomero Lois Asorey e de Pérez-Villamil, organizou en Santiago o III Congreso Nacional de Neuropsiquiatría, conmemorando o centenario de Ramón y Cajal. Foi este un dos actos político-científicos máis importantes da posguerra, celebrados en Galicia. Estivo inaugurado por Vallejo Nájera, tamén contou coa presenza de Rodríguez Lafora, recen chegado do exilio, e de Castilla del Pino.

Unha das últimas accións corporativas que levou a cabo Rodríguez Somoza foi a participación na creación da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago, en 1959, exercendo a primeira presidencia desta entidade. Morreu en Santiago en 1994.


Autor/a da biobibliografía: Ricardo Gurriarán


Obra de Ramón Rodríguez Somoza
 
La histopatología de la parálisis agitante cerebral, Madrid, tese de doutoramento dirixida por Cajal. 1923

“Histopatología de la epilepsia”, Madrid, Archivos de Neurobiología, X. 1930

“Lafora y el Instituto Cajal”, Madrid, Archivos de Neurobiología, 28. 1965

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org