culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Eloy Luís André

Eloy Luís André
Mourazos 1876 - Madrid 1935
Un psicólogo dunha longa traxectoria internacional
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


62_ret.jpg Documento sin título
62_01.jpg
62_02.jpg
62_03.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

CARPINTERO, H., “Eloy L. André”, en Historia de la psicología, Eudema, Madrid, 1994.

BLANCO, F., ET AL., “Eloy Luís André”, en SAIZ, M., SAIZ, P. (coords.), Personajes para una historia de la psicología en España, Pirámide, Madrid, 1996.

LÓPEZ VÁZQUEZ, R., O pensamento rexeneracionista de Eloy Luís André, Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, Santiago, 1996.



Nacido en 1876 en Mourazos, nas terras de Verin, sabemos del que acadou a licenciatura en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca en 1897 e o Doctorado en 1900, chegando a ser catedrático numerario de Instituto en 1904, ano no que se incorporou ao de Ourense como profesor de psicoloxía e lóxica, ata que en 1913 pasou ao de Toledo, mediante permuta con Antonio Losada Diéguez; desde Toledo intentaría ser profesor da Universidade Central, chegando a opositar sen éxito. En 1919 pasou ao Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, o seu destino profesional definitivo ata a súa morte acontecida en 1935, aínda que non por iso deixaría de manter unha constante vinculación con Galicia e a súa realidade política, social e cultural.

Eloy Luís André é sobre de todo un filósofo, pero tamén un psicólogo, de singular acento; un intelectual en dominio do alemán, do inglés, do francés e do portugués; un prolífico ensaísta e tradutor; polemista, se for o caso, e sempre un intelectual atento ás correntes contemporáneas de pensamento. Alguén que no plano filosófico buscaba restaurar a especulación filosófica, tratando de superar tanto a neo- escolástica balmesiana, como unha parte dos planteamentos krausistas, facéndoo dende un enfoque entre idealista e positivista (entre os modelos neo-kantianos e Wundt), na procura do arraigamento en España dunha filosofía científica, baixo os postulados wundtianos.

No curso 1899-1900 fora pensionado pola Universidade de Salamanca para realizar estudos de filosofía en Lovaina, Bruxelas e París. En 1906 é enviado polo Goberno español a Francia, a Bélxica e a Italia, para analizar a organización dos seus respectivos Ministerios de Fomento. Xa en 1907 e en 1908 solicita bolsas da Junta de Ampliación de Estudios para estudar psicoloxía e filosofía con Wundt en Leipzig e con Paulsen en Berlín, non destacartando, en último caso, desprazouse aos EEUU para formarse co psicólogo pragmatista W. James.

No curso 1908-1909 comeza a instalar no Instituto de bacharelato de Ourense un gabinete de psicoloxía experimental, adquirindo distintos aparatos e libros, tal como se recolle na Memoria do centro. E será neste ano de 1909 cando se lle concederá unha bolsa para dirixirse a Leipzig para estudar con Wundt, sendo o primeiro español que emprenderá traballos de investigación psicolóxica nunha universidade alemana. Con Wundt elabora o informe “Relacións do traballo mental coas diferentes formas da linguaxe falada”. Desde Leipzig trasmítelle a Domingo Barnés valiosa información sobre o Instituto de Psicoloxía e de Pedagoxía Experimental fundado pola Asociación de Profesores da cidade, realiza visitas a escolas e centros de formación do profesorado do que informará ao pontevedrés e Director Xeral de Instrucción Primaria Eduardo Vincenti, segue cursos de psicoloxía filosófica e prepara a obra Mentalidad alemana (Pedagogía, filosofía y vida espiritual del pueblo alemán), entre outras tarefas intelectuais.

No curso de 1912-13 exerce novamente como profesor do Instituto ourensán, se ben de camiño volverá a Alemaña, enviado polo Ministerio de Instrucción Pública español, para o estudo de diversos aspectos do desenvolvemento educativo alemán, tal como deixa constancia na súa obra La cultura alemana (Madrid, 1916), retomando alí o contacto, entre outros, co filósofo R. Eucken, un dos promotores do espiritualismo filosófico, situado baixo algunhas influencias derivadas de Fichte e de Krause, pois tamén Eloy Luís André defendía, ao contrario que Wundt, unha concepción activista da conciencia, na liña de Bergson e de W. James.

Luís André foi un notable publicista : 30 libros e moitos deles voluminosos, seis obras traducidas e unha manchea de artigos na prensa, tamén en Galicia. Entre outros: Ética española; Mentalidad alemana; La cultura alemana (1916); Educación de la Adolescencia (1916), Mentalidad española; Sistema de filosofía de los valores (1923), Elementos de Psicología (1920), Nociones de Psicología Experimental (1924), Problemas de Psicología Experimental, Ensayos de Filosofía Científica, Metodología, técnica y problemas de psicología experimental, El espíritu nuevo de la educación española; Rudimentos de derecho, e Ideario político de Espinosa. Entre as traducións hai que mencionar as realizadas sobre as obras de Wundt Introducción a la Filosofía y Sistema de Filosofía Científica ( nos anos 1911 e 1912 respectivamente), o Lexico de Filosofía de A. Bertrand (París, 1910), e a obra de H. Höffding Filósofos contemporáneos (Madrid, 1909), en traducións sempre acompañadas de introducións e notas complementarias.

Nos seus traballos son moi frecuentes as referencias á educación, á filosofía e á cultura alemana, e aos problemas educativos e pedagóxicos, sen esquecer tampoucoa cultura e a lingua de Galicia e a súa defensa. Neste caso, as súas contribucións realizáronse sobre todo mediante artigos de prensa escritos en castelán; unha publicística que reuniu na obra Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura (Ensayos) (Madrid, 1931): a favor do liberalismo democrático e contra o caciquismo; a favor da educación popular e da coeducación;e en defensa da conciencia nacional galega. Así se expresou en distintas ocasións e con anterioridade mesmo á IIª República nos xornais La República de Ourense e en El Pueblo Gallego de Vigo. Eloy Luís André, sen dúbida, unha figura singular.


Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico


Obra de Eloy Luís André
 
La mentalidad alemana, Daniel Jorro, Madrid, 1916.

Galleguismo: lucha por la personalidad nacional y la cultura, Imp. De J. Murillo, Madrid, 1931.

Nociones de Psicologia experimental, Sucs.de Ribadeneyra, Madrid, 1924, edición revisada en 1931.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org