culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Cruz Gallástegui

Cruz Gallástegui
Vergara 1891 - Pontevedra 1960
Modernizador da agricultura e gandeiría galegas
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


70_ret.jpg Documento sin título
70_01_gal.jpg

Ver a galeria comentada

Bibliografía...

LÓPEZ SUÁREZ, J.: “Don Cruz Gallástegui, modelo de hombre sabio, bueno y eficiente”, en Revista de Economía de Galicia, números 25-30, Vigo, 1962.

BARREIRO, X.: “D. Cruz Gallástegui Unamuno (1891-1960). O seu labor en prol da mellora da agricultura de Galicia”, en Revista Galega de Estudios Agrarios, nº 2, Santiago, 1979.

VVAA: Homenaje a Cruz Gallástegui Unamuno, Pontevedra, 1985.

ODRIOZOLA, A.: “Gallástegui, Cruz Ángel”, en Gran Enciclopedia Gallega, T. 15, Santiago-Xixón, s.d.

GURRIARÁN, R.: Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, Santiago, 2006.



Ámbitos de ocupación:
Investigación / Científico 


Enxeñeiro agrónomo de raigame vasca ao que non sempre se lle recoñeceu o seu inxente labor, Gallástegui, formado en Bioloxía aplicada en Francia, Alemaña e Estados Unidos, foi pioneiro en Europa en experimentar cos híbridos do millo e grande impulsor da mellora e da modernización da agricultura galega. Tan implicado estivo na dirección da Misión Biolóxica de Galicia que en palabras de Antonio Odriozola, “a súa biografía é a biografía deste centro de investigación”.

Cruz Gallástegui naceu en Vergara (Guipúscoa) en maio de 1891. Rematado o bacharelato, seu pai, experto en horticultura, fruticultura e gandería, enviouno primeiro a Limoges e despois a Alemaña, onde estudou, de 1910 a 1914, e se graduou de enxeñeiro na Real Escola Superior de Agricultura de Hohenheim, preto de Stuttgart, onde coñece a Xulio López Suárez, que o invitou a coñecer a finca que o seu irmán, Xoán de Forcados, tiña en Lamaquebrada, nas terras do seu Saviñao natal. Alí don Xoán ensaiaba e patrocinaba un proxecto de granxa experimental e unha escola agrícola nocturna na que os fillos dos labregos aprendían as bases da agricultura e da economía agraria, das que lle encargou a dirección ao seu irmán e a Gallástegui. O encontro cos irmáns López Suárez foi decisivo porque Xoán, que xa estaba ampliando estudos de Medicina no Rockefeller Institute de Nova York, conseguiu que a Junta para Ampliación de Estudios lle concedese unha beca a Gallástegui, que chegou a Nova York a finais de 1917. López Suárez orientouno cara á Xenética e despois de acompañalo a visitar aos profesores Thomas H. Morgan e Edward M. East, os máis soados xenetistas daquela época en América, axudouno a instalarse en Boston para estudar Xenética vexetal na Bussey Institution da Universidade de Harvard co mencionado East e Xenética animal con William E. Castle.

Despois de Harvard traballa na Agricultural Experiment Station de Connecticut con Edward H. Jenjis, Donald e F. Jones e Shull sobre a fecundación do millo híbrido. Logo vai a New Haven e a partir do 1 de febreiro de 1919 pasa a Ithaca (Nova York) para proseguir os seus estudos no Departamento de Mellora Vexetal da Universidade de Cornell. Dada por rematada a súa estadía en EEUU, aínda bota un ano en México, na explotación agrícola do seu tío Teodoro Gallástegui, poñendo en práctica o que aprendera. Mentres tanto, López Suárez xestionaba coa Xunta Directiva da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago que solicitase da Junta de Ampliación de Estudios, daquela presidida por Ramón y Cajal, a creación dun centro no que se estude e traballe sobre o melloramento da riqueza agrícola e gandeira de Galicia. Para tal fin López Suárez conta co apoio da Escola de Veterinaria de Santiago e do Distrito Forestal de Pontevedra. Só lle faltaba convencer a Gallástegui para que se sumase ao proxecto. Don Cruz regresa de América en marzo de 1921, e nunha viaxe en tren desde Monforte a Venta de Baños desiste de continuar a Vergara e acompaña a Xoán de Forcados a visitar en Madrid a Cajal e a Xosé Castillejo, secretario da Junta, para establecer os pormenores da posta en marcha en Santiago da Misión Biolóxica de Galicia.

A proposta foi aceptada e en abril de 1921 nace a Misión Biolóxica con sede en Santiago e Gallástegui de director, orientado por un comité de dirección composto por Rafael Areses, xefe do Distrito Forestal de Pontevedra, Xosé Rivero de Aguilar, director da Económica, Rof Codina, inspector de Hixiene Pecuaria, e López Suárez. Instalouse a Misión nos locais que lle cedeu a Escola de Veterinaria, actual edificio do Parlamento de Galicia, e o primeiro que se fixo foi plantar millo na parcela de media hectárea da horta. O orzamento inicial da Misión ascendía a 10.500 ptas. anuais e era custeado integramente pola Junta de Ampliación de Estudios. A Misión permaneceu en Compostela de 1921 a 1926, ano no que se quedou sen local ao desaparecer a Escola de Veterinaria, pero en 1927 Daniel de la Sota, presidente da Deputación de Pontevedra, fíxose cargo do desacougo que esta decisión do Ministerio da Guerra da Ditadura de Primo de Rivera producira e facilitoulle o traslado a Pontevedra, primeiro na finca da Tablada e máis tarde na granxa e pazo de Gandarón, en Salcedo, que pertencera ao arcebispo Malvar, onde se instalou definitivamente, con importantes melloras no cadro de persoal e nas subvencións anuais.

Ademais dos numerosos estudos agropecuarios que deu a coñecer en publicacións e conferencias, na etapa de Santiago, Gallástegui para iniciar os traballos da Misión, selecciona o problema dos soutos de castiñeiros, que eran desbastados polo andazo da “tinta”, e a mellora do millo por medio da hibridación, ademais doutros estudos xenéticos. En Pontevedra, aínda que a súa función básica seguise sendo a mellora do millo, a Misión intensificou o contacto cos agricultores, repartiu gratuitamente híbrido e propiciou a creación do Sindicato de Produtores de Semillas, mellorou a baixa produtividade das patacas, seleccionou e mellorou as plantas hortícolas. Coa incorporación dos enxeñeiros Vicente Boceta e Miguel Odriozola, orientou os traballos de selección e nutrición do gando porcino e a creación dunha piara da raza “Large White”.

A pesar das incertezas que provocou a guerra civil, en 1939 a Misión Biolóxica pasa a depender do Consello de Investigación Científicas, sucedáneo da Junta para Ampliación de Estudios, o que permite a D. Cruz e aos seus colaboradores manter as liñas de traballo en marcha e incluso se iniciaron novas tarefas e se melloraron as instalacións. E aínda que o Ministerio de Educación foi impoñendo as normas directivas e administrativas da Misión, en ningún momento se cuestionou a figura de Gallástegui, membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, ponderado polos seus contemporáneos como unha grande personalidade científica que aínda impresionaba máis pola súa inigualable bondade. Dirixiu a Misión ata o momento mesmo da súa morte, moi preto da súa mesa do laboratorio, en 1960.


Autor/a da biobibliografía: Xosé Ramón Fandiño Veiga


Obra de Cruz Gallástegui
 
Cómo se debe hacer la selección en el maíz, Ed. Ronsel, Lugo, 1924.

Métodos para aumentar las producciones del maíz, Diputación de Pontevedra, Pontevedra, 1927.

Esbozo de programa agrario para Galicia, Imp. Celestino Villar, Pontevedra, 1931.

Las posibilidades de la Economía agrícola y ganadera de Galicia, Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, Madrid, 1932.

El campo gallego. Ed. Citania, Bos Aires, 1958.

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org