culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Eduardo Vincenti Reguera

Eduardo Vincenti Reguera
A Coruña 1857 - Madrid 1924
Un activo político da educación
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


vincenti.jpg Documento sin título
foto Vincenti Reguera.jpg
libro-vicenti-01.jpg

Ver a galeria comentada


Ámbitos de ocupación:
Investigación / Científico 


Este político galego do tempo da Restauración decimonónica, nacido en A Coruña en 1857 e morto en Madrid en 1924, militou de seguido no Partido Liberal, sendo deputado pola provincia de Pontevedra desde 1886 e ata o seu falecemento; en calidade de tal ocupouse a miudo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co seu profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais afectadas, chamando a atención neste caso sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre (algo que afectaba singularmente aos labregos de Galicia), sendo por este motivo polo que presentou e defendeu contra os criterios conservadores, en 1907, unha importante proposición de lei sobre foros e subforos, polo que foi directivo da Liga Agrario-Redencionista con anterioridade a 1910, e polo que escribiu sobre estes asuntos en diversos momentos.

Eduardo Vincenti, logo de realizar os estudos de dereito na Universidade de Santiago, desenvolveu, pois, unha notable carreira política: parlamentario, director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid, presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. Renovou a súa acta de deputado en quince ocasións ata 1923. Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de don Eugenio Montero Rios, con quen fixo tandem político en tantas ocasións.

Foi un importante publicista; así, publicou, entre outros: Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880); Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884); La propiedad foral en Galicia ( con prólogo de Joaquín Díaz de Rávago) (1888); La libertad de prensa (1902); Estudios sobre emigración (1908); El problema agrario en Galicia. Redenciones.Censos y foros. Acción parlamentaria (1917).

Pero tamén, e como dixemos, tivo unha viva preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas múltiples intervencións parlamentarias que reuniu nun amplo texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asambleas nacionais e rexionais e de diversos congresos de interese pedagóxico, e mesmo en varias intervencións internacionais como representante do Goberno español. Foi Presidente da “Liga de los Amigos de la Enseñanza” e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vogais da “Junta de Ampliaciación de Estudios” e como tal foi designado por ela para representar ao Goberno español no III Congreso Internacional de Educación Popular celebrado en Bruxelas en 1910, no que tivo una viva participación. Tamén en 1911 volveu ser proposto pola JAE, xunto con Rafael Altamira, sendo nomeado polo Ministerio de Instrucción Pública como delegado español para o lº Congreso Internacional de Paidoloxía, o primeiro congreso europeo deste tipo que pretendía establecer con amplo consenso unhas bases sobre a comprensión cultural, científica e racional da infancia.

É interesante anotar que, como consecuencia da súa participación no Congreso de Bruxelas de 1910, editou unha Memoria (La educación popular, 19911), onde defendía a necesidade de introducir reformas relativas á gratuidade e obrigatoriedade da educación, á educación das mulleres, á educación técnica e de adultos, á educación especial…, facéndose eco, ao tempo, de numerosas experiencias belgas relacionadas cos asuntos anteriores, co uso de bibliotecas e museos escolares, co cinematógrafo, coas escolas ao aire libre e coas colonias escolares…, ademais de referirse con simpatía a notadas figuras da pedagoxía belga, como eran os casos do tamén masón Sluys, promotor da Liga de Ensinanza Belga, de Demoor, de Vermeylen, ou do profesor parisino Poincaré.

A súa defensa constante da necesidade de melloras corportativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou adicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra, que traemos á galería grafica desta páxina.


Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico


Obra de Eduardo Vincenti Reguera
 
La propiedad foral en Galicia, A. Martínez Salazar, A Coruña, 1898

La educación popular: memoria, Hijos de M. G. Hernández, Madrid, 1911

Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria, dous vols., Madrid, 1916.

Redención de censos y foros, Hijos de M. G. Hernández, Madrid, 1917

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org