culturagalega.org
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Ramón Sobrino Buhigas

Ramón Sobrino Buhigas
Pontevedra 1888 - Valladolid 1946
Naturalista e arqueólogo especializado en petróglifos
Untitled Document
Inicio
1907, Un ano para a
cultura científica
Indice alfabético
Castelao
Antonio Baltar
María Barbeito
Fermín Bouza Brey
Fernando Calvet Prats
José Casares Gil
Aniceto Charro Arias
Evaristo Correa Calderón
Pedro Couceiro
María Victoria Díaz Riva
Manuel Díaz Rozas
Rafael Dieste
Fernández de la Vega
Xosé Filgueira Valverde
Cruz Gallástegui
José García-Blanco
Gonzalo Gurriarán
José Gutiérrez del Arroyo
Luís Iglesias
Sara Leirós Fernández
Florentino López Cuevillas
Carmén López-Cortón
José Pérez López-Villamil
Eloy Luís André
Maruxa Mallo
Juan Martín Sauras
Manuel Martínez-Risco
Sofía Novoa
Roberto Nóvoa
Alejandro Otero
Paz Parada Pumar
Isidro Parga Pondal
Marcelino Pedreira
Vicente Risco
Ramón Rodríguez Somoza
Ernesto Seijo Espiñeira
Luciano Seoane
Ramón Sobrino Buhigas
Emilio Sotelo Rey
Paulino Suárez
Osorio- Tafall
Ramón Tenreiro
Olimpia Valencia
Manuel Varela Radío
Salvador Velayos
Eduardo Vincenti Reguera
Xoán Vicente Viqueira

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega

¿Comentarios?
redaccion@consellodacultura.org


sobrino-buhigas.jpg Documento sin título
Bibliografía...

ANTONIO DE LA PEñA SANTOS, "Petróglifos", en Gran Enciclopedia Gallega, T. 24, Santiago/Xixón, s.d.

CARLOS GARCíA MARTíNEZ, "Datos para una cronología del arte rupestre gallego", en Boletín del Seminario de Arte y Arqueología de Valladolid, T.XL-XLI, Valladolid, 1975.

ANXELA BUGALLO RODRíGUEZ, "SOBRINO BUHIGAS, RAMóN", EN FRAGA VáZQUEZ, X.A.&DOMíNGUEZ, A. COORDS., Diccionario Histórico das Ciencias e das técnicas de Galicia. Autores, 1868-1936. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro, Sada, 1993.

ALFONSO MATO, "Presentación", en Corpus Petroglyphorun Gallaeciae, edición facsimilar, Seminario de Estudos Galgos-Ediciós do Castro, Sada, 2000.

ÁNGEL NúñEZ SOBRINO, "Ramón Sobrino Buhigas, a plenitude figurada", en Corpus Petroglyphorun Gallaeciae, edición facsimilar, Seminario de Estudos Galgos-Ediciós do Castro, Sada, 2000.



Ámbitos de ocupación:
Investigación / Científico 


Prestixioso naturalista especializado en bioloxía mariña, mineraloxista, odontólogo, debuxante e arqueólogo, a faceta primordial de Ramón Sobrino, á parte da investigación, foi o ensino, que exerceu nas Facultades de Ciencias das Universidades de Santiago e Madrid, na Escola de Artes e Oficios de Santiago, e nos institutos de Lleida, Palma de Mallorca, Pontevedra e Santiago. Tamén foi promotor da Estación de Bioloxía Mariña de Marín, colaborador da Junta de Ampliación de Estudios e membro numerario do Seminario de Estudos Galegos e do Instituto P. Sarmiento.

Fillo de Luís Sobrino Rivas (1848-1907), médico e membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Sobrino Buhigas naceu nesa cidade en 1888, onde tamén estudou o bacharelato. Logo de cursar o primeiro ano da carreira de Ciencias na Universidade de Santiago trasladou o expediente á de Madrid, na que se licenciou e doutorou en 1911 cun traballo titulado Estudio sobre los cistolitos. Antes fora alumno pensionado na estación de Bioloxía Mariña de Santander a proposta do Museo de Ciencias Naturais de Madrid e alumno dos cursos de Zooloxía Mariña para a preparación de diatomeas. Tralo doutoramento foi nomeado profesor da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, cargo que compatibilizou co de auxiliar da sección técnica da Escola de Artes e Oficios da mesma cidade. En 1914 obtivo a cátedra de Historia Natural do Instituto de Lleida, do que pasou a Palma de Mallorca, onde permaneceu ata 1921, ano no que regresou a Pontevedra como catedrático e director do Instituto, ao que, por designación do claustro, representou nos albores da República nun importante congreso para a reforma do ensino, organizado pola Unión Federal de Estudantes Hispanos. No Instituto de Pontevedra tamén organizou o Museo Prehistórico e era o autor de todas as reproducións, debuxos e fotografías que nel figuraban. E non só iso, senón que puxo a disposición do centro a súa habelencia para o debuxo como autor de numerosas láminas descritivas de bioloxía mariña, que actualmente se conservan no Seminario de Ciencias Naturais do Instituto de Ensino Secundario “Sánchez Cantón”. No curso 1930-31 instálase en Santiago para seguir exercendo como catedrático de Instituto e matricúlase na Facultade de Medicina, pero ao curso seguinte trasládase de novo a Madrid para exercer como profesor na Facultade de Ciencias e completar os estudos médicos na especialidade de Odontoloxía.

Como eminente biólogo que era, Sobrino Buhigas foi xefe da Estación Meteorolóxica de Pontevedra, membro da Real Sociedade Española de Historia Natural e promoveu a Estación de Bioloxía Mariña de Marín. Neste campo foron moi importantes as súas publicacións, en especial Balaenoptera borealis Lesson (Nueva especie para la fauna ibérica), 1917, no que dá conta da presenza dun enorme cetáceo varado nunha praia de Vilagarcía, ou La purga de mar o hematotalasia, 1918, que acompaña con debuxos e fotografías. Tamén participou co profesor Martín Cardoso en xeiras de recollida de minerais por toda Galicia en colaboración coa Junta de Ampliación de Estudios e a Comisión de Estudios de Galicia, nas que, ademais de Sobrino, participaban Isidro Parga Pondal e Osorio Tafall. Neste campo son de salientar os seus traballos Contribución a la Gea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo), 1916, localizado en Cerponzóns (Pontevedra) e Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevdra (Nueva especie mineral para la gea española (1928), no que dá conta dun xacemento deste silicato de ferro no Porriño.

Se profesionalmente Ramón Sobrino dedicou toda a súa vida ao estudo e docencia das Ciencias Naturais, non menos importante é a súa outra grande dedicación ao debuxo arqueolóxico e ao mundo dos petróglifos, nacida por influencia de seu pai, do seu curmán, o excelente debuxante Henrique Campo, e, sobre todo, de Casto Sampedro, que os orientaba desde a Sociedade Arqueolóxica que o sabio erudito dirixía en Pontevedra. Sobrino Buhigas ingresou na Real academia Galega en 1925 e no Seminario de Estudos Galegos o 23 de outubro de 1927 coa lectura do traballo Contribución al estudio de las insculturas rupestres gallegas, nun acto celebrado na aula de Bioloxía da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago e, ao día seguinte, dentro das actividades da III Xuntanza Xeral, foi elixido para formar parte da comisión directiva do SEG como representante dos socios protectores da provincia de Pontevedra. En 1930 foi bolseiro da JAE para estudar as insculturas rupestres durante tres meses en París, onde tratou ao abate Henri Breuil, profesor en Friburgo e París e máximo especialista na arte cuaternaria, e en Londres, onde realizou importantes estudos no British Museum, e en 1935 publicou co carimbo do SEG o Corpus Petroglyphorum Gallaecia. A aparición desta obra supera as conclusións das investigacións anteriores levadas a cabo por Murguía, Barros Sivelo, García de la Riega, Hugo Obermaier, Cuevillas e Bouza Brey e convértese nun fito de referencia no que se analizan de xeito global os focos da arte rupestre galega ao aire libre, como froito do traballo de campo do autor para estudar e catalogar os petróglifos, tarefa continuada tamén brillantemente polo seu fillo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.

Despois de dilatados trámites e xestións o Corpus, publicado en versión latina do mercedario de Poio, P. Crespo Pozo, rematouse de imprimir en Madrid, segundo consta no colofón do libro, o 26 de xuño de 1935 nunha edición de 500 exemplares numerados coa participación do tipógrafo C. Bermejo e as pranchas da casa Hauser e Menet. O libro, dedicado a Henrique Campo Sobrino, contén 188 láminas de fotografías e debuxos e un mapa de petróglifos da provincia de Pontevedra, dous prefacios, un de Florentino Cuevillas e outro de Casto Sampedro, así coma unha extensa e documentada bibliografía de 482 títulos. Os exemplares non distribuídos e non vendidos, despois da guerra civil quedaron depositados nas casas de varios socios do SEG, Luís Iglesias, Xesús Carro, Cordero Carrete e o propio Sobrino, pero en 1943 ao crearse o Instituto de Estudios Gallegos P. Sarmiento foron parar á nova institución. Como complemento a esta nova visión dos petroglifos, en sesión de marzo de 1936 a comisión directiva do SEG acordou publicar no mesmo formato có Corpus o traballo Instrucciones para la reproducción clásica y gráfica de los petróglifos y relación de las localidades de la provincia de Pontevedra en que se hallan, que sería algo así coma o segundo tomo do Corpus, que non se chegou a publicar, pero que Sobrino xa esbozara na conferencia que co título O que é o Corpus Petroglyphorum Gallaeciae pronunciou na Semana Cultural Galega do Porto organizada polo SEG en abril de 1935.

Corenta e dous anos despois da súa morte, acontecida en 1946 no tren que o traía de volta de Valladolid a onde acudira a consultarse das súas doenzas hepáticas, celebrouse no Museo de Pontevedra unha exposición-homenaxe titulada Ramón Sobrino Buhigas, arqueólogo e naturalista. 1888-1946, que se complementou con dúas conferencias, unha de Xosé Filgueira Valverde e outra de Antonio de la Peña Santos.

Autor da biobibliografía: Xosé Ramón Fandiño Veiga
Autor/a da biobibliografía: Xosé Ramón Fandiño Veiga


Obra de Ramón Sobrino Buhigas
 
Estudio sobre los cistolitos, Tese de doutoramento, 1911.

“Contribución a la grea de Galicia (Nuevo yacimiento de Berilo)”, en Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVI, Madrid, 1916.

“Balaenoptera borealis Lesson (Nueva especie para la fauna ibérica)” en Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XVII, Madrid, 1917.

“Acerca del Gonyaulax polyedra como alimento de la sardina”, en Boletín de la Real Sociedad Española de Historia natural, XVIII, Madrid, 1918.

“La purga de mar o hematotalasia”, en Memorias de la Real Sociedad Española de Historia Natural, X,  Madrid, 1918.

Insculturas galaicas prerromanas, en Revista Ultreya, nºs 5, 6,7 e 12, Santiago, 1919.

“Sobre la Nontronita y el Glucinio de Pontevedra (Nueva especie mineral para la gea española), en Boletín de la Real Sociedad Española de Historia Natural, XXVIII, Madrid, 1928.

“Notables anomalías neuroesqueléticas del hombre” en Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela. Ano 5, nº 18 (1933), número en homenaxe ao profesor Rodríguez Cadarso.

Corpus Petroglyphorum Gallaecia, Seminario de Estudos Galegos, Santiago, 1935. Desta obra hai unha edición facsimilar do ano 2000 auspiciada polo Novo Seminario de Estudos Galegos e Ediciós do Castro, co texto latino traducido ao galego por Xosé Souto Blanco, unha presentación de Alfonso Mato, un

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org