 |
Inicio /
Manuel Martínez-Risco

Manuel Martínez-Risco
Ourense 1888 -
París 1954
Físico galego formado a carón dun Premio Nobel
Untitled Document
|
|
|
Documento sin título
 |
Bibliografía...
TOMEO LACRUÉ, MARIANO Biografía científica de la Universidad de Zaragoza, Zaragoza, Facultad de Ciencias. 1962
SÁNCHEZ RON, JOSé M “La Edad de Plata de la física española: la física en la Junta”, 1907-1987. La Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas 80 años después, José M. Sánchez Ron (coord.), Madrid, CSIC, vol. II 1989
GIRAL, FRANCISCO Ciencia española en el exilio (1939-1989), Barcelona, Anthropos. 1994
SÁNCHEZ RON, JOSé M Cincel, martillo y piedra, Madrid, Ed. Taurus. 1999
FERNÁNDEZ SANTANDER, CARLOS El exilio gallego de la guerra civil, Sada-A Coruña, Ed. do Castro. 2002
GURRIARÁN, RICARDO Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC.
MARTÍNEZ-RISCO DAVIÑA, LUíS ): “Manuel Martínez-Risco: de Ourense a París”, en O Exilio Galego de 1936: política, sociedade, itinerarios, Sada-A Coruña, Ed. do Castro. 2006
|
|
Ámbitos de ocupación:
Ciencias Experimentais
Acción político - social
|
Procedía dunha familia ourensá de posición acomodada de raizame liberal. Era sobriño de Marcelo Macías, curmán de Vicente Risco e irmán de Sebastián, quen logo fora presidente da Real Academia Galega. Na súa educación tivo moita influencia seu tío Manuel Sales y Ferré, catedrático de Socioloxía en Madrid e institucionista, quen estaba casado cunha irmá da súa nai. Logo de facer o bacharelato no Instituto de Ourense, onde estaba seu tío Marcelo de director, foi a estudar Ciencias Físicas á Universidade Central de Madrid. Alá foi discípulo do afamado físico Blas Cabrera. En 1908 licenciouse con Premio Extraordinario.
O mozo Manolo, tal e como se facía chamar, foi o primeiro galego en obter unha bolsa das que outorgaba a recén nacida JAE, en 1909, empuxado polo seu mestre Cabrera, co fin de dar pulo aos febles estudos de Física que daquela había en España. Con tan só 21 anos desprazaríase ao Natuurkundig Laboratorium da Universidade de Amsterdam, cabo de Pieter Zeeman, acabado de laurear co Premio Nobel (1902). Nesta institución permaneceu case dous anos, logo de obter unha prórroga, estudando Óptica-física (interferómetros/tripletes: espectrografía e espectrometría).
Axiña de volta, incorporaríase á rede primaria de formación da JAE como profesor encargado de impartir cursos de ampliación, ao tempo de ser profesor auxiliar na Facultade de Ciencias de Madrid. Logo presentou a súa tese de doutoramento (1911) sobre a base experimental da súa estadía en Holanda: “Asimetría de los tripletes de Zeemann”, publicada na Revista de la Academia de Ciencias e en Anales de la Sociedad Española de Física y Química. No curso 1912-13 daba Prácticas de Espectrometría e Espectrografía, xunto a Ángel del Campo; neste curso tiveran como alumno ao que logo sería profesor en Santiago, Vicente García Rodeja. En 1914 sacou a cátedra de Acústica e Óptica da Universidade de Zaragoza, á que se incorporaría ao ano seguinte. Na capital aragonesa, en compañía doutros científicos, fundou a Academia de Ciencias de Zaragoza. Mais non pararía neste destino moito tempo, pois en 1918 retornou á Facultade de Ciencias de Madrid, por traslado.
O grao de confianza que tiñan en Martínez Risco era tal que, en ausencia de Cabrera, quedaba de Director do Laboratorio de Investigaciones Físicas, centro promovido pola JAE. Este lugar foi durante moito tempo o seu principal centro de traballo.
Na capital madrileña, tamén estivo agregado un tempo no Observatorio Astronómico, onde fixo algúns traballos de certa relevancia. Home comprometido coa época, finalizando a Ditadura de Primo de Rivera asinou manifestos contra o réxime, en compañía de outros docentes galegos en Madrid como Nóvoa Santos e Varela Radío. Se consideraba autonomista: “Galleguista en España y españolista en Galicia, galleguista no separatista”. Participou en todos os procesos estatutarios que se levaron a cabo a prol da Autonomía para Galicia. Proclamada a II República obtivo acta de deputado pola circunscrición de Ourense, en xuño de 1931, incluído nas listas da “azañista” Acción Republicana. Tamén foi Presidente da Sección de Ciencias do Ateneo de Madrid, onde probablemente coñeceu a Azaña. Logo militou nas diferentes opcións políticas deste popular político, pois, de novo, acadaría acta de deputado en 1936, esta vez por Izquierda Republicana, tamén por Ourense. Nesta última formación chegou a formar parte do seu Consello Nacional. Naqueles anos presidiu o Patronato de Óptica do Ministerio de Marina.
Logo da sublevación facciosa asinou o manifesto: “Los intelectuales españoles contra el criminal levantamiento militar”. Durante a guerra desenvolveu un gran papel na localización de armas por medio de infrasons. Como tantos, foi desposuído da súa cátedra e dos seus bens, despois da guerra.
Exiliado en París, logo de traballar en varios oficios, realizou investigacións salientables no CNRS, centro no que sería nomeado Maitre de Recherches, adscrito ao laboratorio de Física atómica e molecular dirixido por Jean Perrin. Continuaría traballando sobre as propiedades das ondas luminosas, materia sobre a que deixou numerosas publicacións en revistas científicas francesas. Segundo Sánchez Ron, Manuel Martínez Risco deu máis de si como científico desde o seu exilio parisino que desde a súa cátedra madrileña. Mantivo contactos co exilio americano por medio da Unión de Profesores Universitarios Españoles en el Extranjero. Tamén reproduciu varios artigos para a revista Ciencia, voceiro dos científicos exiliados, logo de ser editados primeiramente en Francia.
Permaneceu en París ata a súa morte, en 1954, acompañado da súa dona Fernanda Pérez Colemán. Non tiveron fillos. Logo duns anos, os seus restos mortais foron trasladados ao cemiterio de San Francisco en Ourense. Co gallo dunha homenaxe rendida pola Académie des Sciences en 1976, editouse un libro, bilingüe, onde ven recollida toda a súa obra científica (Ed. PUF): Manuel Martínez Risco. Obras científicas.
Autor/a da biobibliografía: Ricardo Gurriarán
|
Obra
de Manuel Martínez-Risco
“Asimetría de los tripletes de Zeemann”, Revista de la Academia de Ciencias (10) e en Anales de la Sociedad Española de Física y Química (9).
“Desplazamiento de la componente mediana del nonete 5461 UA del mercurio”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química (10). 1912
“Determinación de la superficie de elasticidad y de los ejes ópticos de un cristal birrefrigente biáxico”, ”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química (10). 1912
“Sobre el invariante de refracción de Abbe”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química (17). 1919
“Sobre el empleo de invariantes en el estudio de las aberraciones longitudinales y transversales de los dioptrios de revolución”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química (18). 1920
“Analyse spectrale du meteorite du 19 juin 1924”, Comptes rendus de l’Académie des Sciences (179), publicado tamén en versión ampliada pola Dirección General del Instituto Geográfico, e no Anuario del Observatorio de Madrid (1925). 1924
“Estudios generales sobre aberración esférica de orden superior (invariantes de los dioptrios de revolución)”, Anales de la Sociedad Española de Física y Química (25); con Pieter Zeeman. 1927
“Experimental verification of the principle of Doppler-Fizeau for light”, Proceedings Royal Academy Ámsterdam (32). 1929
“Comprobación experimental del principio de Doppler-Fizeau para la luz”, Anales de la Sociedad de Física y Química (28); con Pieter Zeeman. 1930
“Images microscopiques correspondant à un electron illuminé”, Journal de Physique (8). 1947
“Les principe de Huyghens dans l’optique des corps en mouvement”, Journal de Physique (8). 1947
“Images microscopiques produites par un faisceau d’électrons en recul”, Journal de Physique (9). 1948
“Concept interférenciel des images optiques móviles, dans la théorie de la relativité”, Comptes rendus de l’Académie des Sciences (228). 1949
Oeuvres Scientifiques, París, Presses Universitaires de France. 1976
|
|
|